Vieiros
Especial Eleccións 99: Chat con Daniel Varela


- moderador: Ben, xa esta connosco o candidato...

- LoisR: POr favor vai comezar o chat. Xa sabedes...

- moderador: do PP ó Parlamento Europeo Daniel Varela....

- M_Fraga: ¿quen he o candidato?

- LoisR: Ola benitez, benvido/a ao chat con Daniel Varela, candidato do PP ao Parlamento Europeo. Para participares envía unha "?" e logo espera a que o moderador che dea vez.

- C_Almeida: io

- C_Almeida: io sonno candidato

- moderador: Por favor, pedimoslle ós..internautas que falen polas canles privadas...

- C_Almeida: candidato a u pateo

- LoisR: POr favor ored mentres comezamos...

- M_Fraga: ..ahhhhh!!!

- moderador: entre eles e nos pasamos xa a falar con Daniel varela...

- M_Fraga: ¿y vay a saire elexidooo???

- moderador: Señor Varela, ¿estan pasando as eleccions europeas nun segundo plano...

- M_Fraga: ¿y vai a saire elexidooo???

- moderador: tralas municipais?

- J_Anguita: mucho movimiento de flags pero poco parle jaja

- M_Fraga: si non ...te cateo ..

- moderador: M-fraga, por favor, manten a compostura

- J_Anguita: a ver si el dia de las eleccioines habna mas

- J_Anguita: jaja

- J_Anguita: juas. nos kikean jaja

- J_Anguita: jajaj que capullines

- moderador: Por favor, J-anguita, garda as formas

- D_Varela: Si o feito de que coincidan cas municipais fai que os cidadáns esten mais pendentes dos seus consellais...

- D_Varela: e alcaldes mais de que os seus representantes en europa.Outra

- moderador: Ata que punto e importante que a xente non deixe de votar nas eleccions europeas...

- moderador: refirome a xente galega

- D_Varela: A participacion nas eleccions en xerais é un dereito e unha obriga dos cidadans...

- C_Almeida: [2moderador] por favor me podrias dar @ es para sentirme por igual ..

- D_Varela: e no caso concreto de europa esta se construe coa participacion dos cidadans...

- D_Varela: que teñen unha oportunidadedomingo para elexir...

- D_Varela: os seus representantes e logo poder esixirlles

- D_Varela: outra

- Vieiros: Fáganos un balance das cousas que conseguiu a representación galega do PP (Carmen Fraga, Albor e vostede) no Parlamento Europeo nestes últimos cinco anos de lexislatura. Que cousas conseguiron para Galicia?

- moderador: Ben, vai agora Vieiros

- D_Varela: 1. poñer a pesca en prmeiro plano das preocupacions europeas

- D_Varela: 2. conseguir que galicia figure no mapa europeo das redes trnseuropeas do transporte...

- LoisR: Ola Newbie, benvido/a ao chat con Daniel Varela, candidato do PP ao Parlamento Europeo. Para participares envía unha "?" e logo espera a que o moderador che dea vez.

- D_Varela: fixandose un eixo prioritario...

- D_Varela: que vai de Lisboa á Coruña...

- D_Varela: tres: A rebaixa da idade nos sacrificios...

- moderador: Un momento, por favor...

- moderador: Daniel varela conéctase de contado

- D_Varela: ... ou volanta para a pesca...

- D_Varela: do bonito.

- D_Varela: A consecución do mantemento...

- D_Varela: dun fondo estructural específico para a pesca...

- D_Varela: o IFOP. O mantemento da política europea de acordos...

- D_Varela: con terceiros Estados...

- D_Varela: A non ratificación definitiva...

- D_Varela: por parte da UE...

- D_Varela: do convenio de Nova York...

- D_Varela: sobre especies transzonais...

- D_Varela: En canto á industria de transformación...

- D_Varela: a elaboración do primeiro informe...

- D_Varela: que se ten feito na Unión Europea...

- D_Varela: sobre a situación...

- D_Varela: da industria conserveira...

- D_Varela: sector punteiro e estratéxico...

- D_Varela: da actividade industria galega. Outra.

- moderador: Vai Vieiros de novo

- Vieiros: Vale, vale, vale. E cales cre que van ser os temas máis importantes para Galicia a tratar na vindeira lexislatura no PE? A negociación da Axenda 2000 pode deixarnos moi mal parados...

- D_Varela: A Axenda 2000...

- D_Varela: xa está aprobada...

- D_Varela: e corresponderá o Parlamento Europeo controlar a súa aplicación...

- D_Varela: os fondos conseguidos na axenda 2000...

- D_Varela: para España e para galicia...

- D_Varela: son excelentes...

- D_Varela: En total...

- D_Varela: suporán dous billóns de pesetas...

- D_Varela: máis dos que desfrutou España...

- D_Varela: no periodo anterior...

- D_Varela: Aproximadamente, 260.000 millóns de pesetas...

- D_Varela: máis cada ano...

- D_Varela: ata o ano 2006...

- D_Varela: E para Galicia suporá non só o mantemento...ç

- D_Varela: do volume de axudas...

- D_Varela: recibido ata agora...

- D_Varela: senón incluso...

- D_Varela: aproximadamente un dez por cento máis...

- D_Varela: do que xa levamos recibido...

- D_Varela: Outra.

- moderador: Señor Varela, que pensa facer o seu partido en relación as novas lexislacións ..

- moderador: internacionais sobre pesca...

- moderador: refirome a Canada e SArxentina

- D_Varela: Esta cuestión foi unha das miñas grandes...

- D_Varela: preocupacións na lexislatura pasada...

- D_Varela: como se reflicte no Diario de Sesións...

- D_Varela: e nas actas do Parlamento Europeo...

- D_Varela: como sinalei anteriormente....

- D_Varela: os problemas se derivan...

- D_Varela: da interpretación que fan...

- D_Varela: certos Estados, particularmente Canadá...

- D_Varela: do xa citado convenio de Nova York...

- D_Varela: sobre especies transzonais...

- *Vieiros* vale

- D_Varela: Neste momento, o devandito convenio...

- D_Varela: non foi ratificado...

- D_Varela: pola Unión Europea...

- D_Varela: gracias, entre outras actuacións, o meu labor...

- D_Varela: e ás miñas esixencias...

- D_Varela: á Comisión Europea...

- D_Varela: de que non todos os Estados...

- D_Varela: o interpretaban do mesmo xeito...

- Vieiros: ?

- D_Varela: pretendendo algúns...

- D_Varela: unha extraterritorialidade...

- D_Varela: que invade as augas internacionais...

- D_Varela: Esta foi a posición...

- D_Varela: do Parlamento Europeo, da que eu fun o ponente...

- D_Varela: Na vindeira lexislatura, a partires do primeiro día,...

- D_Varela: haberá que retomar e seguir moi de preto, estes asuntos...

- D_Varela: pola extraordinaria importancia que teñen...

- D_Varela: os caladoiros internacionais...

- D_Varela: para a nosa flota galega. Outra.

- Vieiros: Estou vendo agora mesmo unha noticia que di que Galicia é a comunidade que menos servicios ferroviarios ten (logo están Canarias e Baleares, imaxinade...). Ten previsto a UE algunha partida orzamentaria para paliar este grave problema?

- moderador: ¿Vostede cre que os galegos somos europeístas ou, polo contrario estamos algo preocupados...

- D_Varela: Certamente...

- D_Varela: Xa sinalei anteriormente...

- D_Varela: e me interesa moito volver a subliñalo, pois outros partidos...

- D_Varela: politicos galegos que se presentan...

- D_Varela: as eleccións Europeas...

- D_Varela: levan no seu programa...

- D_Varela: en relación con este asunto...

- D_Varela: cousas xa conseguidas...

- D_Varela: polo Partido Popular...

- D_Varela: na anterior lexislatura...

- D_Varela: e concretamente...

- D_Varela: como xa dixen...

- D_Varela: a inclusión de Galicia...

- D_Varela: no mapa europeo das redes...

- D_Varela: transeuropeas de transporte por ferrocarril...

- D_Varela: Cando cheguei o Parlamento Europeo...

- D_Varela: este mapa...

- D_Varela: remataba...

- D_Varela: en León e en Porto...

- D_Varela: as miñas enmendas no Parlamento Europeo...

- D_Varela: aprobadas polo pleno...

- D_Varela: conseguiron...

- D_Varela: que estas redes continuaran...

- D_Varela: dende Porto ata Vigo...

- D_Varela: e de Vigo á Coruña...

- D_Varela: e que as que remataban en león...

- LoisR: Ola Lar, benvido/a ao chat con Daniel Varela, candidato do PP ao Parlamento Europeo. Para participares envía unha "?" e logo espera a que o moderador che dea vez.

- D_Varela: continuasen ata Monforte de Lemos...

- D_Varela: e de Monforte de Lemos a Ourense...

- D_Varela: e a Vigo...

- D_Varela: e así mesmo, de Monforte a Lugo...

- D_Varela: A Coruña e Ferrol...

- D_Varela: Estas reivindicacións...

- D_Varela: que son logros xa do Partido Popular...

- Vieiros: Pero unirá Galicia co resto de Europa?, con Irún e logo París, por ex. Non se vai a Europa nin por León nin por Ourense

- D_Varela: son logros históricos para galicia...

- D_Varela: pois unha vez aprobados polo Parlamento Europeo...

- D_Varela: foron incluidos polo Consello de Ministros...

- D_Varela: da Unión Europea...

- D_Varela: O segundo paso agora, como vostede pregunta,...

- D_Varela: e se haberá fondos para iso...

- D_Varela: Efectivamente...

- D_Varela: o primeiro era facer o trazado...

- D_Varela: o segundo é realizalo...

- D_Varela: e o máis difícil é obter os fondos necesarios...

- D_Varela: para o que se disporá...

- D_Varela: de aqui o ano 2006...

- D_Varela: do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional...

- D_Varela: e do Fondo de Cohesión...

- D_Varela: fundamentalmente este último...

- *admt* el comando es /kline *!*@la direcion ip

- D_Varela: que nos permite obter...

- D_Varela: financiación da UE nun 85%...

- D_Varela: Con respecto á última apreciación de Vieiros...

- D_Varela: é moi importante sinalar...

- D_Varela: que efectivamente...

- D_Varela: o problema que había...

- D_Varela: o estar Galicia...

- D_Varela: no Finisterre europeo...

- D_Varela: era quedar descolgada...

- D_Varela: porque, efectivamente, cando falaba de León ou de Porto...

- D_Varela: estes eran os puntos de remate...

- D_Varela: que exitian de conexión

- D_Varela: con Europa...

- D_Varela: via Madrid, e via Irún...

- D_Varela: e Barcelona...

- D_Varela: Para poñelo máis claro...

- D_Varela: o deseño que existía antes das ...

- D_Varela: nosa enmendas era a conexión de España..

- D_Varela: con Europa a través das redes transeuropeas...

- D_Varela: de trasnporte...

- D_Varela: que chegaban dende Francia ata Porto e ata León.

- D_Varela: Nos fixemos...

- D_Varela: a conexión restante para que chegaran...

- D_Varela: a Galicia. Algúns partidos politicos...

- D_Varela: levan aínda esto no seu programa...

- D_Varela: as eleccións. Eu xa lles dixen...

- D_Varela: que se chegan, xa chegan tarde.

- D_Varela: :)

- D_Varela: Outra.

- moderador: Vostede cre, daquela, que o tren de alta velocidade chegará a Galicia no 2010, como dixo o señor Cuíña?

- D_Varela: Eu non podo responder...

- D_Varela: con exactitude...

- D_Varela: cando chegará...

- D_Varela: eu non estou nin no Goberno...

- D_Varela: de Galicia...

- D_Varela: nin no Goberno de España..,.

- D_Varela: pero o que si quero subliñar...

- D_Varela: claramente...

- D_Varela: é que nós fixemos o que nos correspondía...

- D_Varela: facer en Europa...

- D_Varela: que foi facer o deseño para incluir...

- D_Varela: a Galicia...

- D_Varela: e reclamar os fondos estructurarais...

- D_Varela: e de cohesión...

- D_Varela: que non foi sinxelo...

- D_Varela: para poder rematar esta obra histórica. Outra.

- Vieiros: Cre que os fondos de cohesión se están a administrar ben en Galicia?

- D_Varela: A Comisión Europea...

- D_Varela: respondeu xa...

- D_Varela: impecablemente...

- D_Varela: Outra.

- moderador: Señor Varela, ¿que se pode facer desde o PE para que Galicia equipare o seu PIB ó...

- moderador: das rexións intermedias da UE?

- fihefyd: ?

- D_Varela: Xustamente, do que estamos falando...

- D_Varela: rematar...

- D_Varela: as nosas infraestructuras...

- D_Varela: de conexión con Europa...

- D_Varela: no momento en que as autovías, o ferrocarril, e os nosos portos, estean en pleno funcionamento...

- D_Varela: Galicia dará un salto impresionante...

- D_Varela: que fará aumentar automaticamente o noso PIB...

- D_Varela: para deixar de ser rexión obxectivo número 1...

- D_Varela: Outra.

- moderador: vai fihefyd

- fihefyd: Éstá vostede a favor de que o galego sexa unha lingua oficial na UE?

- D_Varela: Esta é unha cuestión...

- D_Varela: difícil...

- D_Varela: sobre a que existe moita demagoxia...

- D_Varela: Neste momento...

- LoisR: Ola betty, benvido/a ao chat con Daniel Varela, candidato do PP ao Parlamento Europeo. Para participares envía unha "?" e logo espera a que o moderador che dea vez.

- cb: ?

- D_Varela: existen once linguas oficiais e Quince Estados Membros...

- D_Varela: todos os documentos...

- betty: ?

- D_Varela: e no Parlamento soamente son milleiros...

- D_Varela: hai que pensar nas enmendas, nos debates...

- D_Varela: tradúcense as once linguas oficiais...

- D_Varela: o que é costosísimo para o contribuínte europeo...

- D_Varela: o memso tempo...

- D_Varela: ninguén quere renunciar...

- D_Varela: como é lóxico...

- D_Varela: á súa propia lingua...

- D_Varela: algúns, sen embargo, cunha postura razoable...

- D_Varela: como foi o caso...

- LoisR: Ola net, benvido/a ao chat con Daniel Varela, candidato do PP ao Parlamento Europeo. Para participares envía unha "?" e logo espera a que o moderador che dea vez.

- D_Varela: de Irlanda, renunciou o Gaélico...

- D_Varela: en favor do inglés...

- D_Varela: Nós, os galegos, temos a sorte...

- Vieiros: Vale, entón declaremos como lingua oficial o inglés. Que lle parece?

- D_Varela: de contar...

- D_Varela: cunha lingua oficial...

- D_Varela: que é común...

- D_Varela: a todos os españois...

- D_Varela: que é o castelán...

- D_Varela: Non estou dicindo que haxa...

- D_Varela: que facer oficial o inglés...

- D_Varela: porque nós xa temos afortunadamente...

- D_Varela: o castelán...

- D_Varela: como lingua oficial...

- D_Varela: por certo...

- D_Varela: gran lingua...

- D_Varela: e lingua moi importante...

- D_Varela: a nivel mundial...

- D_Varela: o que estou dicindo e que outros pobos...

- D_Varela: realistamente...

- D_Varela: renunciaron o seu propio idioma...

- D_Varela: para expresarse nunha lingua comúns como era o inglés. O problema...

- D_Varela: vén coa ampliación da Unión Europea...

- D_Varela: que podería facer...

- D_Varela: que en lugar de once linguas...

- D_Varela: tiveramos 20 ou 22..

- D_Varela: as que habería que engadir...

- D_Varela: as chamadas linguas minorizadas...

- D_Varela: entre as que se conta o galego...

- fihefyd: Se se declara como lingua oficial o inglés aforraríase moitísimo, e os galegos (e cataláns, e bascos, e bretóns, etc) sentiríanse igual de discriminados. Polo tanto sería unha boa opción, ou non?

- D_Varela: Eu conseguín...

- D_Varela: como xa dixen...

- D_Varela: que a UE financie...

- D_Varela: con fondos europeos...

- D_Varela: a promoción...

- D_Varela: a difusión..

- D_Varela: e polo tanto o mantemento...

- D_Varela: das linguas minoritarias europeas...

- D_Varela: e polo tanto, da lingua galega.

- fihefyd: Sen embargo, a situación do galego empeora día a día...

- D_Varela: Insisto, con respecto a esta última apreciación...

- D_Varela: que eu me sentiría...

- D_Varela: discriminado como galego...

- D_Varela: se tivese que falar en inglés...

- D_Varela: lingua que por certo é tamén a que se fala na miña casa, pois a miña muller é escocesa e as miñas fillas...

- D_Varela: son escocesas e galegas...

- D_Varela: españolas, británicas e europeas... pero digo que eu me consideraría discriminado se teño que falar o inglés...

- D_Varela: porque afortunadamente...

- D_Varela: bascos, cataláns e galegos...

- D_Varela: contamos cunha magnífica...

- D_Varela: lingua común...

- net: ?

- D_Varela: oficial para todo o Estado,

- D_Varela: que é o castelán ou o español.

- D_Varela: Outra.

- moderador: Cb, agora vas ti, despois betty

- moderador: Cb, vas ti

- cb: ¿Polo tanto, que política lingüística en Europa defendería o PP?¿A pluralidade lingüística ou o monolingüísmo para todos?¿En que quedamos?¿Os idiomas deben impoñerse?

- D_Varela: Non...

- D_Varela: o multilinguismo.

- cb: Porque esa "magnifica lingua", o castelan, foi imposta aos galegos, bascos e catalans.

- D_Varela: Outra.

- moderador: Vas ti, Betty

- betty: que pode esperar un gandeiro galego do futuro a curto e medio prazo?

- D_Varela: Para Betty. Moitísimo...

- D_Varela: interesame moito sinalalo...

- D_Varela: pois loxicamente, os gandeiros...

- D_Varela: non ven aínda o que acabamos de aprobar en Europa...

- D_Varela: Os problemas que tiñamos de cota láctea...

- D_Varela: que van verse favorecidos pola consecución de 550.000 toneladas máis de leite...

- D_Varela: van a verse completadas...

- D_Varela: polas primas para a carne de vacún...ç

- D_Varela: ata agora...

- D_Varela: os nosos gandeiros non recibían practicamente as primas da UE...

- D_Varela: porque a norma que rexía...

- D_Varela: esixía o sacrificio...

- D_Varela: dos xatos con máis de dez meses...

- D_Varela: o que non cubría a nosa terneira galega...

- D_Varela: Coas nosas enmendas aprobadas no Parlamento Europeo...

- butrom: ?

- D_Varela: e logo ratificadas polo Consello de Ministros...

- D_Varela: vai permitir os gandeiros galegos...

- D_Varela: obter as primas...

- D_Varela: cunha dobre opción...

- D_Varela: ou ben por sacrificio...

- D_Varela: ata nove meses...

- D_Varela: ou ben en función do peso...

- D_Varela: 190 quilogramos...

- D_Varela: por sacrificio...

- D_Varela: isto pode supoñer para Galicia máis de...

- D_Varela: 3.000 millóns de pesetas o ano...

- D_Varela: o que suporá...

- D_Varela: un incentivo importante...

- D_Varela: para a nosa carne de terneira galega...

- D_Varela: e o mesmo tempo...

- D_Varela: unha actividade complementaria...

- D_Varela: magnifica para o sector leiteiro.

- D_Varela: Outra.

- moderador: Agora vai net

- moderador: Net, vas ti

- net:hai algun estudio que indique claramente se os galegos están a favor ou en contra da UE?...

- net: ou se son diferentes?

- D_Varela: Neste momento non lembro ningún estudio específico... Outra.

- moderador: Señor Varela, e a vostede que lle parece?

- moderador: refírome a se os galegos estan a favor ou en contra da UE?

- D_Varela: Eu creo que a entrada de Galicia...

- D_Varela: na Unión Europea negociouse mal...

- D_Varela: e sectores galegos tan importantes como os que estamos a falar...

- D_Varela: como a gandeiría e a pesca...

- D_Varela: non saíron ben...

- D_Varela: parados daquela negociación...

- D_Varela: o que creou o meu xuízo

- D_Varela: un gran...

- D_Varela: euroescepticismo en Galicia...

- D_Varela: Trasncorridos xa trece anos...

- D_Varela: da nosa entrada na UE...

- D_Varela: penso que os galegos...

- D_Varela: estanse dando conta...

- D_Varela: de que Galicia non pode vivir á marxe...

- D_Varela: da Unión Europea...

- D_Varela: a UE é unha realidade...

- D_Varela: e os galegos, que somos pragmáticos...

- D_Varela: sabemos que temos que estar nela...

- D_Varela: pois fóra dela estase peor.

- D_Varela: O único que hai que facer...

- D_Varela: é loxicamente...

- D_Varela: estar ben representados...

- D_Varela: en todas as institucións...

- D_Varela: e insisto, en TODAS as institucións...

- D_Varela: europeas...

- D_Varela: nas que...

- D_Varela: se debaten e deciden...

- D_Varela: cuestións transcendentes...

- D_Varela: para o noso futuro...

- D_Varela: Por poñer un exemplo...

- D_Varela: os nosos intereses pesqueiros do mundo...

- D_Varela: ben sexa arxentina ou canadá ou augas internacionais que xa falamos...

- D_Varela: deféndense mellor sendo membros da Unión Europea que indo por libre ou estando sós...

- D_Varela: Eu supoño que os galegos xa se decatan disto. Outra.

- moderador: butrom.. ¿vas ti?

- butrom: ¿Astano vai ter solución ou haberá que pechalo, como queren na UE?

- D_Varela: Son optimista.

- D_Varela: Loxicamente, no contexto..

- D_Varela: do diálogo que estamos tendo hoxe...

- D_Varela: o sector naval...

- fihefyd: ?

- D_Varela: será un dos que teñamos que loitar na súa defensa...

- D_Varela: todos os deputados que saiamos elixidos...

- D_Varela: debido fundamentalmente, como é sabido...

- D_Varela: á competencia...

- D_Varela: non sempre leal...

- D_Varela: que ten o sector...

- D_Varela: a nivel mundial...

- D_Varela: Comprométome a loita...

- D_Varela: a loitar, perdón.

- D_Varela: e como digo,

- D_Varela: son optimista.

- D_Varela: Outra.

- butrom: E Bazán?

- D_Varela: Insisto no anterior.

- D_Varela: Outra.

- fihefyd: Que política de seguridade defende o PP en Europa? Seguir sendo lacaios dos EEUU e apoiar os bombardeos onde faga falta? Por que esa dependencia se o euro sae moi prexudicado dunha guerra no centro de Europa?

- D_Varela: Estou dacordo.

- D_Varela: :)

- D_Varela: defendo...

- D_Varela: a imperiosa...

- D_Varela: necesidade de que Europa se dote dunha política...

- D_Varela: exterior e de seguridade común...

- D_Varela: creo sinceramente...

- D_Varela: que a UE aprendeu a lección...

- D_Varela: despois do ocurrido en Kosovo...

- D_Varela: Este vai ser un dos retos máis apaixoantes que imos ter na vindeira lexislatura no Parlamento Europeo...

- D_Varela: Que non haxa quince políticas exteriores e de seguridade, senón unha.

- D_Varela: A Europea.

- D_Varela: apoiada como vostede di moi ben...

- D_Varela: por unha moeda forte...

- D_Varela: o Euro.

- V-Vigo: ?

- D_Varela: Para iso xa se deu un primeiro paso...

- D_Varela: que é o nomeamento dunha persoa que represente a PESC... o chamado Mister PESC...

- D_Varela: pero non nos trabuquemos...

- D_Varela: Mister PESC non é o encargado de facer a poítica exterior ou de seguridade...

- D_Varela: senón simplemente, (por dicilo axiña)...

- D_Varela: é o voceiro...

- D_Varela: Agora lles corresponden os Estados membros poñer en común esas políticas exterior e de seguridade...

- D_Varela: O PE ten sido moi activo nesta demanda...

- D_Varela: estou absolutamente convencido de que nesta próxima lexislatura...

- D_Varela: conseguiremos este obxectivo...

- D_Varela: Outra.

- moderador: vai v-vigo

- moderador: V-Vigo

- moderador: vas ti, v-vigo

- moderador: Parece que non hai mais preguntas...

- moderador: Máis preguntas?

- moderador: Señor Varela,quere facer unha última observaciuon?

- D_Varela: Simplemente feliticar a Vieiros...

- D_Varela: e ós Correos...

- D_Varela: e os participantes...

- D_Varela: porqu esta idea me parece moi interesante...

- D_Varela: o poñer en contacto...

- D_Varela: os cidadáns cos respresentantes...

- D_Varela: porque son precisamente os primeiros...

- D_Varela: os que nos teñen que elixir.

- D_Varela: :) Noraboa,

- D_Varela: polo tanto, pola iniciativa.

- moderador: Dámoslle-las gracias a Daniel Varela...

- D_Varela: E gracias pola vosa asistencia e participación.

- D_Varela: A vós.

- moderador: e a tódolos participantes....

- moderador: e damos or rematado o chat

- Vieiros: Moitas gracias, Sr. Varela, e lembrámosvos a todos que hoxe é o último día de chats electorais con Vieiros e os Correos...

- Vieiros: Pola tarde, ás 17.00 horas teremos connosco a Carlos Príncipe, candidato do PSOE por Vigo, e ás 22.30 a Juan Blanco, alcalde e candidato do PP por Ferrol.

- Vieiros: Pasade un bo día e gracias a todos por participardes

- D_Varela: Bos días.



Volver