Vieiros
Especial Eleccións 99: Chat con Encarna Otero



  • LoisR: Ola merlim, benvido/a a #eleccions99
  • merlim: boa tarde a tud@s
  • LoisR: Boa tarde
  • Gwlith: boa tarde
  • Vieiros: Boa tarde.
  • Brais: Boas
  • LoisR: Ola Brais, benvido/a a #eleccions99
  • Vieiros: Benvido tamén brais.
  • Brais: Hola a todos...
  • Brais: ¿E a candidata?
  • Vieiros: Estamos agardando...
  • LoisR: Ola Dario, benvido/a a #eleccions99
  • Vieiros: Ola Darío
  • Dario: ola
  • Dario: ola todos/as
  • Gwlith: alguen sabe cando chega a candidata?
  • LoisR: Ola xcea, benvido/a a #eleccions99
  • LoisR: Ola Mayte, benvido/a a #eleccions99
  • Mayte: hola
  • Vieiros: Ola Mayte e XCea
  • LoisR: Ola Encarna, benvido/a a #eleccions99
  • Brais: Hola Encarna...
  • Encarna: boastardes
  • Vieiros: Boas tardes, Encarna
  • moderador: Benvidos a eleccións99. Este é o primeiro duns chats que organiza el grupo Correo Gallego. Hoxe temos con nós a Encarna Otero, candidata do BNG o Concello de Santiago. Encarna, como primeira pregunda, ¿cómo ves que se está desenrolando un campaña?
  • Encarna: agardo a normalidade para poder votar en liberdade
  • LoisR: Ola Galaec, benvido/a a #eleccions99
  • Galaec: Boas
  • moderador: Vieiros, hai que decilo, é tamén un dos orgaizadores deste chat. As preguntas a candidata podem empezar.
  • LoisR: Ola Xei, benvido/a a #eleccions99
  • Xei: Ola
  • moderador: Recordamos que o que queira facer unha pregunda a de por primeiro unha interrogación
  • moderador: Preguntade
  • moderador: Fala vieiros
  • Vieiros: Antes de nada, podemos preguntar algo que esta a ser moi polemico: as enquisas. Continuo.
  • moderador: Continua
  • Vieiros: Por que cre que arrasa Dositeo nestas sondaxes?
  • Encarna: O voto definitivo sera o dia 13, cecais existan tentativas de condicionar este voto....
  • Encarna: coida vostede que os medios de comunicacion en galiza actuan con liberdade?
  • Encarna: outra
  • Vieiros: Non sei. Nos somos un medio de comunicacion :-)
  • Mayte: ?
  • Mayte: ¿Qué pensa das grandes obras, tipo multiusos...
  • moderador: algo máis Mayte
  • Mayte: ¿E do mercado de Amio, un dos principais de España?
  • Encarna: Maite o multiusos foi unha obra mal feita desde o principio cun investimento de 4.000 millons de pesetas...
  • Encarna: que daria para moito en Santiago. A pesares diso queremos polo en uso para actividades deportivas...
  • Encarna: en canto a Amio, é un dos recintos feirais mais importantes de España, move 16.000 millons de pesetas anuais....
  • Encarna: e queremos potenciar a sua actividade con feiras diversas que amplien o tecido economico e o emprego en Compostela. Outra
  • Mayte: ¿
  • moderador: Pregunta Mayte
  • Mayte: O multiusos ¿para qué tipo de actividades deportivas?
  • Encarna: Como seu nome indica de todo tipo. Outra
  • Vieiros: Que politica urbanistica seguiría o BNG? E como se compaxinaría co problema da vivenda?
  • Vieiros: Quero dicir que a xente prefire ir vivir a Cacheiras porque en Santiago é imposible mercar un piso...
  • Encarna: Unha xestion eficaz e unha adaptacion do planeamento permitira facilitar a construccion de vivenda...
  • LoisR: Superman, benvido/a a #eleccions99
  • moderador: DEixa contestar antes de facer a seguinte pregunta
  • Encarna: de promocion oficial para contrarestar o mercado tan caro, rehabilitar para asentar poboacion nova na zona vella...
  • Encarna: sobor de todo estudantes e xente nova, e axilizar a tramitacion no rural coa posta en marcha dunha oficina especifica...
  • Encarna: o urbanismo do BNG esta dimensionado para a calidade de vida das persoas, non para a especulacion. Outra
  • moderador: Merlin pregunta
  • merlim: Coida voce que a capacidade do Concelho se resentiria de atopar umha actitude hostil na Junta e do Governo de Madrid, no caso de nom obter o PP a maioria absoluta?
  • Dario: ¿
  • xcea: ?
  • Encarna: Esta pregunta debia de prantexarselle ao alcalde de Vigo, que gobernou Vigo durante 4 anos seguidos...
  • LoisR: Ola Chus, benvido/a a #eleccions99
  • Encarna: A Capacidade de negociación en santiago na miña condicion de alcaldesa, sera a mesma que teñen o alcalde de Allariz, de Fene ou de outros concellos do BNG. Outra
  • moderador: Dario pregunta
  • Dario: Moito se leva falado estes días sobre a situación dos barrios na cidade. A verdade é que hai zonas esquecidas da política de Raxoi. ¿Que medidas se poden plantexar?
  • Encarna: Os bairros e o rural tamén son compostela e compre que o orzamento municipal adique unha partida especifica...
  • Encarna: para conquerir as suas condicións de vida ao resto das zonas da cidade. Outra
  • Vieiros: Eu, se quixer educar un fillo/a en galego en Santiago sería totalmente imposible. Que solucions aporta o Bloque a este problema?
  • moderador: Entra XCea
  • Mayte: Señora candidata, ¿que faría cos coches o BNG se chegase a gobernar, xa sabe, aparcadoiros, tráfico...?
  • moderador: Respetade o orde. Ide con orden. Primeiro Vieiros, logo Xcea e logo Mayte
  • Encarna: Desde o goberno municipal debese empregar sempre o galego e fomentar o seu uso como está previsto na lei...
  • Encarna: mais as competencias educativas regladas, é decir, a escolarización e o uso do galego polo profesorasdo, son competencias da Xunta de Galiza. Esta é a resposta para Vieiros. Outra
  • moderador: Adiante XCea
  • Encarna: Mayte, o tema do trafico esixe un pacto social no que o concello ten que construir os aparcadoiros previstos xunto co de La Salle...
  • Encarna: e mellorar e ampliar o transporte publico urbano e inter urbano, e a partires de hai quitar os coches de superficie...
  • Encarna: para poñer á xente e concienciar no uso do transporte publico e de andar a pé, que é moi bon para a saude. Outra
  • moderador: Vieiros entra
  • Vieiros: Que faría unha alcaldesa nunha cidade dominada por homes e cunha grande influencia da igrexa máis conservadora? Fraga, Villanueva, Barrio Barrio... Terá que loitar contra os elementos, pero ademais contra o machismo...
  • LoisR: Ola lois, benvido/a a #eleccions99
  • lois: hola
  • Encarna: Vieiros, as mulleres teñen ainda que conquerir a sua presencia en todos os ambitos da vida publica, e unha alcaldesa nacionalista...
  • LoisR: Ola Eva, benvido/a a #eleccions99
  • Encarna: na capital de Galiza seria un paso adiante importante neste campo. Pero o BNG terá tamen unha equipa...
  • Gwlith: ?
  • Encarna: que gobernara xunto conmigo. O resto todo se pode resolver. Outra
  • moderador: Encarna, como moderador, quero introducir o tema da teórica pinza que di Dositeo Rodríguez fai o BNG co PSdG, Encarna e Bugallo
  • moderador: Utilizade os puntos suspensivos para continuar preguntando
  • lois: ?
  • Eva: ¿Como pensa que debería facerse para que a xuventude poder conseguir un traballo?
  • Encarna: As eleccións do dia 13 decidirán quen ten a alcaldia de Santiago, o meu compromiso a partires desa data será...
  • Encarna: gobernar para toda Compostela, e a ser posible acadando o maximo de unanimidade na corporación. Outra
  • moderador: Gwlitj adiante
  • LoisR: Ola Xurxo, benvido/a a #eleccions99
  • Gwlith: Dios mío, que pasará se goberna Dositeo? :-))))))
  • Xurxo: Ola
  • Encarna: Gwlith, sería un retroceso ademais dun caos. quero que reflexionedes nos gobernos municipais do PP noutras cidades de Galiza...
  • Gwlith: haberá que marchar da cidade?
  • Encarna: faremos todo o posibel para que non seña así. Botadenos unha man no traballo. Outra
  • Encarna: Gwilth, nunca faremos de Santiago un deserto, ou o Milladoiro ou Cacheiras :)))). Outra
  • moderador: Adiante Lois
  • lois: desisto
  • Encarna: Vou contestar á de Eva, agardade.
  • Dario: ¿
  • xcea: ?
  • Xurxo: ?
  • Encarna: Eva, para que a mocidade conquira un traballo ten que habelo, e os Concellos teñen moitas posibilidades de xeneralo, en especial Santiago...
  • Eva: ¿Cómo?
  • Encarna: Compre que as brigadas de mantimento de vias e obras e parques e xardins, estean dimensionadas para 223 quilometros cuadrados (os que ten Santiago). Non coidas que si...
  • Xurxo: Encarna, que che pareceu a enquisa da Voz de Galicia?
  • Encarna: o concello puñera en marcha un proxecto turistico para que a xente permanecera en Santiago 7 dias medraria comercio, cultura, servizos, etc... Nos queremos facelo. Outra
  • moderador: Adiante Dario
  • Dario: ¿que opinión lle merece a recente obra de alfredo brañas? ¿e as que se están a facer na rúa de san pedro?
  • Encarna: Dario, a de alfredo Brañas.. preguntalle á xente que esta ali agora sentada nas terrazas :))), ate Dositeo que votou en contra nos ...
  • Dario: alfredo brañas bulevar ;-)
  • Encarna: orzamentos foi onte a pasear ;). a rua de San Pedro coido que vai quedar ben, e sobre todo usada, mellor quedaria sen coches pero ;). Outra
  • moderador: Ahora XCea. Espera Xurxo, que eres o seguinte
  • xcea: E as taxas... qué será delas se goberna o BNG?
  • moderador: A qué tasas te refieres. Concreta
  • Gwlith: ?
  • xcea: Ás taxas polos servicios de auga, lixo, circulación de vehículos?
  • Encarna: xcea, estas son taxas que cubren a prestacion dun servizo, que no que a lixo se refire queremos mellorar...
  • Encarna: co aumento da recollida selectiva e do reciclado. Outra
  • moderador: Sen embargo, son servizos privatizados
  • LoisR: Ola xes, benvido/a a #eleccions99
  • Encarna: Moderador, nos queremos recuperar a xestion de todos aqueles servizos que o concello pode prestar directamente, como son as brigadas...
  • Chus: Porque sempre comparas Santiago cos concellos limitrofes, e cal e teu modelo de cidade
  • xes: ola
  • Encarna: para facer mantimento. No caso doutros servizos, como auga, recollida de lixo, saenamento, etc.. ademais de ter concesións...
  • Encarna: aínda por varios anos o Concello teria que facer un investimento demasiado grande para podelos prestar, mais si que compre...
  • Encarna: facer unha inspección e seguimento do seu funcionamento que caseque non existe ata o de agora. Outra
  • Xurxo: Encarna, ¿que che parace a enquisa de La Voz de Galicia?
  • moderador: Chus espera un pouco
  • Xurxo: tocame a min
  • Chus: ?
  • Xurxo: moderador, un pouco de orden
  • Encarna: Xurxo, os inqueritos son o dia 13, o que poden indicar son tendencias, e o BNG vai ser quen de nuclear gobernos en varias cidades grandes...
  • xes: un saudo a encarna dende Vila Real ( portugal) de dous mozos convencidos de que o bng e alternativa
  • Encarna: pero ollo que tamen poden condicionar o voto :))), menos mal que a xente é lista ;). Outra
  • Xurxo: ?
  • moderador: Adiante GWilth. Logo vas ti, Chus
  • Encarna: xes, moito obrigado ao pais irmao :)). Outra
  • xes: ?
  • Gwlith: En serio cres que o desastre urbanistico do Ensanche ten algún remedio? Eu coido que se un goberno consegue amañar esa desfeita non sairá do poder nunca... e adoraremolos toda a vida... ;-)
  • LoisR: Ola Usuario, benvido/a a #eleccions99
  • Usuario: Xa comenzou o chat?
  • Encarna: Gwilth, se tes unha solucion, poñemoste na alcaldia por aclamacion ;), no caso do ensanche só é posibel mellorar...
  • Chus: porque sempre comparas Santiago cos concellos limitrofes, e cal e teu modelo de cidade
  • LoisR: Ola laberco, benvido/a a #eleccions99
  • Encarna: cos aparcamentos que se van a constuir, con actuacions coma a de Alfredo Brañas, recuperando...
  • Encarna: os patios de mazá para uso público e planeando moi ben a parcela do colexio Peleteiro unha vez que se translade, e sobre todo...
  • Encarna: impedir que se volvan a facer outros ensanches. Outra
  • moderador: Esperade a que a candidata acabe de contestar. Resposta agora a Chus
  • Encarna: Chus, por que teño moi claro o que non quero e o modelo de cidade do BNG é Santiago...
  • Encarna: tal e como xa esta feito en Vite ou en Fontiñas ca zona vella rehabilidada e chea de xente e co rural ordenado e con servizos, e decir, unha cidade para as persoas. Outra
  • xes: que uso alternativo lle daria ao antigo hospital xeral?
  • moderador: Primeiro Xurxo e despois Xes. Preguntade
  • Xurxo: En lugar de utilizar distinta morfoloxia, cando vai o BNG apostar decididaamente pola potenciacion do galego normativo?
  • moderador: Bueno, pois o reves
  • Xurxo: por?
  • Encarna: xes un uso sanitario como esta no PXOU que convine o deficit de 300 camas cos seguintes usos: asistencia a enfermos cronicos...
  • xes: e residencia universitaria ou local de uso de xuventude
  • Encarna: centro de dia para persoas de edade, centro de saude da zona vella, centro de atención temprerá e un centro para minusvalidos...
  • Chus: ?
  • Encarna: todo de ambito comarcal e ainda queda sitio. Outroa
  • moderador: Adiante Xurxo
  • xes: pois xa estou vendo unha fundacion privada que se faga cargo do seu uso se chega o PP
  • Xurxo: En lugar de utilizar distintas morfoloxias, cando vai o BNG a apostar decididamente pola potenciacion do galego normativo?
  • Encarna: Xurxo, nos defendemos un consenso a nivel normativo que xa impulsamos traballando a prol diso nunha plataforma mais somentes...
  • Encarna: poderemos tomar medidas concretas cando esteñamos no governos da Xunta. Outra
  • moderador: Continua Xes
  • xes: pode "caer" a diputacion de Corunha paa o bl,oque
  • Xurxo: ?
  • xcea: ?
  • Encarna: Xes, o BNG defende unha sanidade publica e sempre traballará a prol dela. Con respecto ao da Deputación, teremos que agardar ao dia 13 pero é posibel ;)). Outro
  • moderador: Agora deixade a Chus e Logo Xurxo e XCea
  • Chus: que pensas do traballo e como conquerirlo para a xuventudemoderador: Esta pregunta xa está contestada. Xurxo pregunta
  • Xurxo: Encarna, non crees que o BNG ten xente de abondo para ter mellores candidatos as grandes cidades, especialmente no caso de Vigo?
  • xes: Para xurxo, estou dacordo coa tua postura respeito do uso do galego que fai o bloque, so basta ver as distinyas publicacions, por exemplo non se aclaran se e europeias ou europeas .. ou propio ou proprio
  • LoisR: Perdoa Moderardor. Xes se non respetades o turno teñovos que botar
  • Encarna: Xurxo, o BNG sempre aposta pola mellor xente para cada posto, a experiencia, o traballo, o compromiso ético e o coñecemento da vida municipal avalan aos candidatos das 7 cidades...
  • moderador: Xes, non confundas. Si queres falarlle a xurxo fálalle en privado
  • Encarna: e o candidato de Vigo xa ten mesmo experiencia de governo. Outra
  • Xurxo: ?
  • moderador: Adiante Xcea
  • xcea: Qué faría o BNG para poñer ó día a enorme débeda do Concello e non baixa-lo ritmo das actuacións na cidade e no rural?
  • xes: sr. moderador, estoume a dirixir a xurxo, non creo que moleste a ninguen
  • Encarna: xcea, primeiro xestionar con eficacia os recursos que ten o sistema, segundo xestionar o planeamento urbanistico para conquerir...
  • moderador: Podeste dirixir a él en privado. Non interrumpas o chat o teremoste que botar
  • xes: ?
  • Encarna: ingresos e aproveitamento, racionalizar con compras centralizadas tanto as necesidades do Concello como pago a proveedores. Pero non debemos...
  • Vieiros: ?
  • Encarna: esquecer que esta pendente a financiación das entidades locais. Que te parece se os cartos das Deputacións se pasaran aos Concellos ;). Outra
  • moderador: Adiante Xurxo, logo xes e logo Vieiros
  • Xurxo: O BNG ten incrementado enormemente as suas espectativas electorais polo centro. Non crees que o papel que sigue a xogar a UPG na fronte e excesivo?
  • Encarna: Xurxo, os organismos do BNG son completamente democraticos e as decisions se toman normalmente por consenso. Outra
  • Xurxo: ?
  • moderador: Xes pregunta agora. Tocate
  • moderador: Vieros adiante
  • LoisR: Ola Beatriz, benvido/a a #eleccions99
  • Vieiros: Vieiros quere facer un par de preguntas relacionadas coa Internet: 1. Que fai o Concello de Santiago a estas alturas sen web propia e sen web para Compostela 2000?
  • Encarna: Vieiros, esta aprovado, pero nos o executaremos de contado cando governemos :). Outra
  • Vieiros: 2. Cre que a Internet pode axudar ao desenvolvemento en xeral: tanto economico coma educativo?
  • xes: Tres cousinhas moi breves( que logo tenho exame)- Cantos votos calcula o bloque que necesita para estar em Bruxelas?- Se non governas seras novamente candidata polobng a santiago?- Que pasa con primeira Linha?, o bng non quere independentistas dermocraticos
  • Encarna: Vieiros, é un elemento mais de canles comunicación, sen dubida moi importante. Outra
  • xes: Encarna legalizaria-se o cannabis
  • moderador: Xes, vaite conestar pero pregunta en orde. Estas fora aunque a candidata contestarache
  • Encarna: xes, non é competencia municipal, mais é mellor a convivencia de Amsterdan que outros mecanismos. Outra
  • moderador: Xurxo adiante
  • LoisR: Ola alex, benvido/a a #eleccions99
  • Xurxo: As decisions tomanse por consenso porque todos os organismos do BNG estan controlados pola UPG. Acaso o papel que xoga en Ourense o PNG, ainda que non se note en termos de militantes, non e suficiente para ter mais de un membro no Consello Nacional?
  • alex: ?
  • moderador: Beatriz, entra, que levas tempo esperando
  • Gwlith: ?
  • Encarna: Xurxo, as cuestións organicas son competencia do BNG a traves da sua vida asociativa, consellos locais, en todo caso esa é a tua opinión. Outra
  • moderador: Espera BEatriz que se me escapou
  • moderador: Agora Beatriz
  • alex: ?
  • Xurxo: ?
  • moderador: Beatriz, se non preguntas damos paso a outro
  • Beatriz: ¿que criterios establecerían para resolver o problema do leite, tanto respecto no da cuota como dunha industria galega que canalice a producción?
  • Chus: ?
  • Encarna: Beatriz, primeiro que a capacidade productiva medre, xa que España é deficitaria en leite, por en marcha industrias de transformación...Encarna: que deixen o valor engadido e o traballo en Galiza, e apoiar ás empresas galegas no proceso de comercialización. Para eso compre ter un deputado en Europa :), e o dia 13 tamén son eleccións europeas. Outramoderador: Primeiro Alex, logo Gwlith, despois Xurxo e Chus. Isto é un debate electoral. As preguntas teñen que ir por ise camiñomoderador: Alex adiante
  • alex: O bng non quere relacion con sectores independentistas como Primeira LInha, ou e que o bloque non aspira a independencia politica da galiza? Cal seria a politica respeito a legalizaçao das drogas concretamente o cannabis?
  • moderador: Xa está contestada.
  • moderador: Adiante Gwlith
  • Gwlith: Moi ben, un apuntamento para Xurxo: o Opus domina no PP e ninguén di nada. Agora Encarna: de gañarea como serían as relacións co "cantón" da Coruña?
  • alex: ?
  • alex: por favor, encarna contesta
  • Encarna: Gwlith, O BNG ten un proxecto global e integral para Galiza a partires dos 315 concellos, por eso fixo un programa marco, para...
  • moderador: Alex, iste é un debate municipal. Non creo que as preguntas doutro ambito interesen. Respeta e pregunta o que queiras, pero dentro do ambito dos comicios municipais
  • Encarna: as eleccións municipais, mais desde a alcaldia farei todo o posibel para que o dialogo institucional con coruña se recupere. Outra
  • moderador: Adiante Xurxo
  • Xurxo: Encarna, non crees que a xestion de Anxo Quintana en Allariz e un exemplo para todos os concellos galegos?
  • xcea: ?
  • Encarna: Xurxo, claro non hai mais que pasear por esta vila, é unha proba evidente de como fai o BNG as cousas. Outra
  • moderador: Adiante Chus
  • Chus: porque non pos teu programa electoral de Santaigo en Internet para que o poidamos coñece-lo
  • Xurxo: ?
  • alex: ?
  • Vieiros: Inciso: o seu programa estará mañá na rede, nun especial de Vieiros.
  • Vieiros: Xunto con moitos outros, claro, e moita máis información...
  • Encarna: Chus, nestes intres temos o programa marco a nivel nacional no noso web www.bng-galiza.org, pero procuraremos ter axiña o programa de Santiago. Outra
  • moderador: Adiante Xcea
  • Beatriz: ?
  • LoisR: Ola Observado, benvido/a a #eleccions99
  • xcea: O BNG cre que Santiago debe se-lo crisol da cultura galega?
  • Encarna: xcea, na sua condicion de capital de Galiza, ten obriga de mostrar os milleiros de persoas que pasan por Compostela...
  • Encarna: e tamén ao mundo o que Galiza é, por iso é tan importante como capital cultural do 2000 conquira a participación de todo o que se esta a facer...
  • Encarna: na Galiza como proxecto colectivo. Ademais en santiago está o monumento por excelencia que é a praza do Obradoiro, non coidas? ;). Outra
  • moderador: Xurxo e despois Alex e logo Beatriz
  • alex: que seria o primeiro que farias se es alcaldesa, que a poboacion palpase como cambio real de governo municipal ? moderador pediin o turno antes que xurxo
  • Xurxo: Encarna, como se pode combatir no noso pais o problema do caciquismo cando Baltar, que o representa claramente, e un home o que non se lle pode negar un certo grado de galeguismo, simpatia, ... que vai moitio coa forma de ser dos galegos.
  • moderador: Orde. Por favor. Alex, vaiche constestar primeiro, pero é a última vez que te colas sin que che den paso
  • Encarna: Alex, sinalizar o concello, abrilo polas tardes á visita de todo o mundo e executar o regulamento de participación para que a xente vise o concello como seu. Outra
  • Beatriz: Se gañasen as eleccións impulsarían a figura da parroquia como ente con personalidade xurídica?
  • Encarna: Xurxo, para eliminar o caciquismo compre, ter traballo, e polo tanto ser libre para decidir democraticamente, e facer que o exercicio do poder
  • Encarna: se faga...
  • LoisR: Ola cifnet, benvido/a a #eleccions99
  • Xurxo: ?
  • Encarna: con criterios de participación e desocupar á sociedade do control total e absoluto do PP, aínda dos que se disfrazan de galeguistas. A gaita é para bailar e non para chorar ;). Outra
  • cifnet: Boas tardes a todos/as
  • LoisR: Ola meendinho, benvido/a a #eleccions99
  • alex: envexa por que?
  • cifnet: Quen da avez?
  • LoisR: Ola tone, benvido/a a #eleccions99
  • Encarna: Beatriz, o BNG xa ten no parlamento un proxecto de lei apresentado por Xose Manuel Beiras, e pendente de debate, no que se...
  • Encarna: contempla desenvolver o estatuto mediante a posta en marcha das comarcas e parroquias. Namentras...
  • Encarna: desde o Concello podemos chegar a acordos con estas entidades. Outra
  • Chus: ?
  • moderador: Primeiro Xcea, Logo Xurxo e logo Meendinho
  • xcea: Cómo podería a xente de a pé falar coa Encarna alcaldesa, se chegase o caso? Sería fácil ou difícil tal vez?
  • Dario: ?
  • Encarna: Xcea, o mesmo que agora. Outra
  • Gwlith: ?
  • moderador: Adiante Xurxo
  • Xurxo: O BNG abrangue un espacio electoral amplo. Crees que hai perigo de fragmentacion na fronte?
  • Encarna: Xurxo, o BNG ten moi claro que compre un goberno nacionalista na Galiza para garantir a existencia da nosa nación como pais democrático, prospero e digno. Outra
  • moderador: Logo Mendinho, Chus e Gwlith e despois Cifnet
  • Xurxo: ?
  • moderador: Adiante
  • meendinho: Gostaria de saber cal e a posicion que o BNG, e tu como representante del, ides levar en materia de ecoloxia, quer dicer, ha-se Santiago sumar ao plano Sogama, ou pola contra, realizara un plano alternativo de residuos? De ser esto ultimo, en que consistira?
  • moderador: Adiante Chus
  • LoisR: Ola charo, benvido/a a #eleccions99
  • meendinho: ?
  • Encarna: meendinho, nos no seu dia nos negamos a que se aporvara en pleno a adesion de Santiago a SOGAMA...
  • charo: ?
  • Encarna: como goberno municipal, e posto que ainda temos algun tempo de uso do vertedoiro selado, potenciaremos un plan comarcal de recollida selectiva, reciclado e tratamento...
  • alex: Dende portugal , vamos embora, muito obrigado pela conversa, mais ha outras obrigaçoes. Encarna muita força, que o celebraremos o 13 de junho pela noite com uma garrafinha de vinho do Porto
  • Encarna: da materia organica en compos. Como xa o estan facendo outras comarcas, e como ordenan as directrices europeas. Outra
  • Gwlith: Supoñamos que eu son unha prostituta do Pombal, que faría o BNG comigo e co edificio no que traballo?
  • moderador: Encarna CONtesta a alex
  • Encarna: alex, comparto esa garrafinha cun copo :)). Outra
  • moderador: Resposta agora a Gwlith y con Chus finalizará o chat
  • Encarna: Gwlith, contigo unha politica de benestar e saude para que poidas ter un traballo digno e unha vida saudabel...
  • Chus: Crees que unha xuventude subvencionada é libre
  • Encarna: e coa mazá no seu conxunto unha politica de rehabilitación que garanta a mellora das condicións de vida...
  • Encarna: dos habitantes sen transladalos. Outra
  • Xurxo: Crees que seria bo a existencia de un partido nacionalista de centro que permitise ao BNG circunscribirse ao espacio electoral da esquerda nacionalista?
  • Encarna: Chus, non, para ser libre hai que ser independente economica, cultural e socialmente, e o concello é quen de dar alternativas deste tipo. Outra

  • Encarna: Xurxo, o BNG como alternativa na que conviven varios partidos politicos chega á meirande parte da poboación galega, caseque ao 95%, como...
  • meendinho: Encarna, fará o BNG um regulamento de participaçom cidadá no concelho de Santiago, e de facé-lo, em que consistirá?
  • Encarna: se esta vendo nas eleccións e nos proxectos que prantexa, tanto nos concellos, como no parlamento galego, como en Madrid. Outra
  • moderador: A última que se contesta e a de Xurxo. Non hai más preguntas. O Chat finaliza as 17 horas en lugar das 17, 30 porque Encanra Otero ten que asistir a un debate na TVG.
  • moderador: Dende eiqui, damos gracias a Encarna Otero e damoslle paso para despedirse
  • Xurxo: Sorte , Encarna
  • Vieiros: Ben, despedimos aquí este chat. Dende Vieiros (e supoño tamén que dende O Correo) agradecemosvos a vosa presencia e, sobre todo, a de Encarna. Sabemos que ten unha axenda moi apretada. Moitas gracias, unha aperta e moita sorte o día 13.
  • Encarna: Moitas gracias pola vosa participación Cibernautas e quero pedirvos a vosa colaboración para facer de santiago a partires do dia 13...
  • meendinho: Sorte e a gañar, ENCARNA.
  • Encarna: un territorio digno, prospero e sobor de todo de benestar para residentes, visitantes e tod@s aquel@s que por aqui pasen, tamen por internet. Adeus.
  • moderador: Maña continará iste chat con candidato do PSdG, Xosé Sánchez Bugallo, de 18 horas a 20 horas, e pasado mañan, mércores, a mesa hora co candidato do PP. Dositeo Rodríguez. Moitas Gracias a todos


Volver