Vieiros
Especial Eleccións 99: Chat con Rosa Miguélez


- moderador: Hoxe faremos un chat coa candidata...

- moderador: socialista nas europeas...

- moderador: Rosa Miguélez...

- moderador: Boas tardes, señora candidata

- Rosa: boas tardes a tódolos internautas

- moderador: Ben, comezamos

- moderador: Señora Miguelez, parece que no medio da...

- moderador: voraxine electoral municipal e ...

- moderador: autonomica..

- moderador: as europeas están quedando un pouco esquecidas...

- moderador: ¿que lle parece?

- Rosa: paréceme que sí...

- Javi: ?

- Rosa: pero como antes que candidata ás europeas...

- LoisR: Ola montse, benvido/a ao chat con Rosa Miguélez, candidata do PSOE ao Parlamento Europeo. Para participares envía unha "?" e logo espera a que o moderador che dea vez.

- Rosa: fun Alcaldesa...

- Rosa: pois comprendo a importancia..

- Rosa: que se lle dá ás eleccións...

- Rosa: municipais

- Rosa: outra

- moderador: ¿por que di vostede que os socialistas defenderían ...

- moderador: mellor os interese galegos en Europa..

- moderador: que os outros partidos que se presentan?

- Rosa: porque nos temos unha idea de Europa...

- Rosa: moito máis igualitaria..

- Rosa: e, si se me permite,...

- Rosa: máis constructiva ca dos outros partidos

- Rosa: outra

- moderador: Fala agora Vieiros

- moderador: Vai vieiros

- moderador: Vieiros, falas ti

- Vieiros: ¿Cantos puntos do programa do PSOE para o Parl. Europeo están adicados a Galicia?

- Rosa: para mín, todos...

- Rosa: O programa do PSOE para as europeas ...

- Rosa: recolle tódalas inquedanzas...

- Rosa: que os galegos e galegas...

- Rosa: temos a propósito do futuro da ...

- Rosa: nosa terra....

- Rosa: a pesca, o campo, as mulleres, o paro...

- Rosa: son problemas nosos, e como...

- Rosa: tal están no...

- Rosa: noso programa...

- Rosa: i eu os defendo...

- Rosa: e defenderéi os cinco anos...

- Rosa: de traballo que me espoeran

- Rosa: otra

- Vieiros: ¿Cal é a política que vai seguir o PSOE en Europa con respecto a sectores básicos para a economía galega como é o leite ou a pesca?

- Rosa: de traballo que me esperan

- LoisR: Ola ciberan, benvido/a ao chat con Rosa Miguélez, candidata do PSOE ao Parlamento Europeo. Para participares envía unha "?" e logo espera a que o moderador che dea vez.

- Rosa: a defensa dos nosos sectores productivos é anosa política...

- Rosa: A pesca é fundamental..

- Rosa: atopar novos caladeiros, defender os acordos que rematan,...

- Rosa: correxir a importante siniestrabilidade que se está a dar...

- Rosa: no sector pesqueiro...

- Rosa: Galicia ten que liderar a política...

- Rosa: pesqueira na Unión eUROPEA ...

- Rosa: o sector agrario é tamén unha grande preocupación...

- LoisR: Ola JUAN, benvido/a ao chat con Rosa Miguélez, candidata do PSOE ao Parlamento Europeo. Para participares envía unha "?" e logo espera a que o moderador che dea vez.

- Rosa: e non somentes as cuotas, que tamén...

- LoisR: Ola tagen, benvido/a ao chat con Rosa Miguélez, candidata do PSOE ao Parlamento Europeo. Para participares envía unha "?" e logo espera a que o moderador che dea vez.

- Rosa: Europa avanza na construcción...

- Rosa: dunha agricultura de calidade, vinculada ó medio rural nun...

- Rosa: senso amplo, no que os campesiños e gandeiros...

- Rosa: son xa máis "empresarios agrícolas"...

- Rosa: Eu penso que ahí pódese abrir para Galicia, con...

- Rosa: productos como os que temos, tan...

- Rosa: competitivos pola súa calidade,...

- LoisR: Ola probas, benvido/a ao chat con Rosa Miguélez, candidata do PSOE ao Parlamento Europeo. Para participares envía unha "?" e logo espera a que o moderador che dea vez.

- Rosa: un mundo novo, que haberá que explorar...

- Rosa: otra

- moderador: Javi, preguntas ti

- Javi: ¿Pensa vostede que a labor dos socialistas en Europa merece o voto dos galegos? ¿Qué fixo o PSOE en Europa en beneficio dos galegos?

- LoisR: Ola V-Vigo, benvido/a ao chat con Rosa Miguélez, candidata do PSOE ao Parlamento Europeo. Para participares envía unha "?" e logo espera a que o moderador che dea vez.

- Araceli: ?

- V-Vigo: Ola a todos

- Rosa: Si se está a referir á labor dos socialistas españoles, é evidente que estamos...

- Rosa: en Europa gracias a eles...

- Rosa: O que temos feito por Galicia, a última cousa que se me ocurre...

- Rosa: é a negociación da Axenda 2000...

- Rosa: na que o presidente do goberno amosóu...

- Rosa: non ser un bó negociador máis que para os...

- Rosa: grandes empresarios agrícolas e gandeiros...

- Rosa: que xa o teñen máis fácil co resto...

- Rosa: Os pequenos, pola contra, levan vendo disminuir...

- Rosa: e falo de campesiños e gandeiros, as súas...

- Rosa: rendas ...

- Rosa: otra

- moderador: Araceli, o teu turno

- Araceli: Ola. Son unha estudiante de Económicas e meus pais teñen trinta vacas. Vivín -como problema familiar e estudiándoo na miña carreira- todo o que fixo tanto PSOE coma logo o PP negociando a cota láctea. Logo diso... quixera que me dea unha razón a min e aos meus pais (que van xubilarse en breve) para votar ao PSOE. Por favor, unha soa razón.

- Javi: ?

- Rosa: Ola, Araceli. Para mín sería importante saber si tí tes pensado continuar coa explotación familiar dos teus pais...

- Araceli: si, gustaríame

- Rosa: Esa sería unha razón para votar ó psoe, porque nós defendemos a incorporación da xuventude...

- Rosa: Hai xa axudas que melloran moito ...

- Dario: ?

- Rosa: a incorporación, porque o problema en Europa é que o campo perde poboación demasiado apresa...

- Rosa: e gracias á política que impulsamos en Europa...

- Rosa: os socialistas, o campo van ser máis que vacas...

- Rosa: o campo vai a ser un conxunto de tarefas, porque a diversificación...

- Rosa: é imprescindíbel...

- JUAN: ?

- Rosa: gostaríame, si é posíbel, entrar en contacto si realmente queres facer...

- Rosa: o que dís, para terte informada de programas concretos...

- Rosa: aínda que non me votes...

- Rosa: que eso é o de menos...

- Rosa: otra

- moderador: Araceli ¿queres?

- Araceli: si, vivo na Picaraña (Padrón)

- moderador: Ben, pois despois envías aqui o teu enderezo ou número de teléfono ok?

- Araceli: vale

- moderador: Agora vai Jaiv de novo

- Javi: ¿Non pensa vostede que o escaso peso politico do PSdeG no PSOE e un hándicap á hora de pedir o voto en Galicia?...

- Javi: Có PP por exemplo hai a posibilidade real de enviar a tres galegos a Europa.

- Rosa: Eu, a verdade, penso que o meu partido é o mellor do mundo, como vostede pode...

- Rosa: imaxinar...

- Javi: jeje

- Javi: :)

- Rosa: en canto ós dous candidatos do PP, porque non vexo máis...

- Rosa: pois son boa xente, digo eu...

- Rosa: en calquera caso, non teñen nada que ver cos intereses que eu vou defender en Europa...

- Rosa: otra

- moderador: Darío, vas ti

- Dario: O candidato do Bloque Nacionalista Galego (BNG) insiste nos seus debates no feito de que a súa é a única candidatura realmente galega, a única que vai mirar polos intereses do país, sen submisións a Madrid (tanto PSOE como PP). ¿Ata que punto poderá ter liberdade de acción nas súas propostas a prol de Galicia e a defensa dos seus intereses?

- Javi: ?

- Rosa: Pois liberdade de acción non terá, non é posible porque non terá acción,...

- Rosa: así que a liberdade a secas de pouco vai servir...

- Rosa: en canto á subordinación de intereses, ese é un mortoque xa hai tempo me sacudín...

- LoisR: Ola Dosi, benvido/a ao chat con Rosa Miguélez, candidata do PSOE ao Parlamento Europeo. Para participares envía unha "?" e logo espera a que o moderador che dea vez.

- Rosa: a mí o que me interesa é Galicia, sempre traballei neste senso, e a subordinación é algo totalmente innecesario en Europa...

- Rosa: pero sí é verdade que é absolutamente necesario...

- Rosa: si realmente queremos levar adiante as propostas...

- alex: ?

- Rosa: pertencer a un dos dous grandes partidos...

- Rosa: e o meu é o máis grande...

- Rosa: importante e numeroso,...

- Rosa: otra

- moderador: Javi, o teu turno, despois Alex

- Dario: ;-)

- Javi: Non poño en duda que o PSOE é para vostede o mellor partido do mundo ¿pero realmente o é para Galicia? A imaxe do seu partido non está no seu mellor momento en Galicia ¿porque? Algo que farían mal, ¿quizáis? ou será que os galegos non saben o que lles convén?

- Rosa: Empezo polo final decindo que os galegos demostrarán o día 13 o que saben...

- Rosa: votando o que máis lles conveña...

- Rosa: nunca fun redentorista, como algún partido que se presenta a estas eleccións...

- Rosa: en canto a que si o PSOE fixo algo mal,...

- LoisR: Ola xose, benvido/a ao chat con Rosa Miguélez, candidata do PSOE ao Parlamento Europeo. Para participares envía unha "?" e logo espera a que o moderador che dea vez.

- Rosa: a verdade e que posíbelmente cometemos erros, que aínda estamos apagar...

- Dario: ?

- Rosa: pero con máis de cen anos de historia ás costas...

- Rosa: a ver quén é o que non pode decir o mesmo...

- Rosa: e por outra banda, non estou dacordo con que este sea...

- Rosa: un mal momento...

- Rosa: levo en política, si conto os anos de exilio,...26 anos(estaba botandoa conta)...

- Rosa: e o que vexo por Galicia adiante, as candidaturas ós concellos e a xente da organizción,...

- Rosa: paréceme excelente...

- Rosa: otra

- alex: Tódolos políticos din que van facer moitas cousas. ¿Qué fixo na última lexislatura o PSdeG por Galiza? ¿Qué políticas impulsou en Europa? Poña se é posibel algún exemplo concreto. Graciñas

- moderador: vai alex

- Rosa: O PSdeG non tivo diputado por Galicia na última lexislatura...

- Rosa: pero inda así estivemos a defender...

- Rosa: no seo do noso grupo, os intereses da xente do campo...

- Rosa: e da xente do mar...

- Rosa: A dificultade é ou mellor dito está sendo...

- Rosa: a aplicación, por parte do goberno da Xunta...

- Rosa: das s´ñuas propias políticas...

- Rosa: A política europea ríxese polo principio de subsidiariedade, que non quere...

- Rosa: dicer subsidio...

- Rosa: sinon todo o contrario...

- Rosa: Aspolíticas europeas son complementarias, en cartos i en actuacións, e si a Xunta sigue a perpetuar...

- Dario: ¿Que poden aportar os socialistas para o desenvolvemento das industrias culturais do país, e especialmente a súa lingua, dende as institucións europeas?

- Rosa: as grandes diferencias que aínda se perciben...

- Dario: (perdon)

- Rosa: na sociedade galega...

- Rosa: pois o meu traballo vai ser duro, pero...

- Rosa: tremendamente interesante..

- Rosa: otra

- moderador: Agora, Darío

- Dario: ¿Que poden aportar os socialistas para o desenvolvemento das industrias culturais do país, e especialmente a súa lingua, dende as institucións europeas?

- Rosa: As institucións europeas están interesadas, aínda que sexa unha competencia nacional,...

- Rosa: en promocionar a diversidade cultural...

- Araceli: ?

- Rosa: así que tanto para a lingua como para todos aqueles factores culturáis que nos diferencian e/ou nos aproximan ó resto dos europeos, Europa estará ahí,...

- Rosa: a apoiar...

- Rosa: otra

- moderador: vai araceli

- Araceli: Vostede apoiaría a proposta de que o galego fose lingua oficial no Parlamento Europeo?

- Rosa: Nunha certa maneira xa o é, como o catalán...

- Araceli: Que certa maneira?

- Rosa: ten unha consideración, aínda que non se traballe con il a diario...

- Dario: ?

- Rosa: a diario non se traballa tampouco con tódalas linguas, por un problema de economía de medios...

- Rosa: pero o factor linguístico en Europa...

- Rosa: mais que separar, penso que une....

- Rosa: non somos os únicos, como tí ben sabes...

- Rosa: otra

- Araceli: pero no Parlamento (eu estiven alí) cada deputado fala na súa lingua. Vostede en que falará?

- Rosa: nos grupos de traballo normalmente non hai máis que dúas linguas, francés ou inglés...

- Rosa: eu traballo dende hai cinco anos no Parlamento, e falo, como todos, no que podo...

- Rosa: cos portugueses en portugués, que me gusta moito...

- Rosa: e a maior parte do tempo en francés...

- Rosa: otra

- Rosa: Lois, son o moderador.

- Rosa: caiu a miña conexión...

- Rosa: por favor, podes seguir moderando ti?

- LoisR: Vale

- Rosa: ok

- LoisR: Vai Dario, creo...

- Dario: ¿Que propostas se fan dende o PSOE para o desenvolvemento das novas tecnoloxías a nivel dos países con culturas minorizadas para que non queden asolagados na voráxine da uniformización?

- LoisR: Ola correo3, benvido/a ao chat con Rosa Miguélez, candidata do PSOE ao Parlamento Europeo. Para participares envía unha "?" e logo espera a que o moderador che dea vez.

- Rosa: eu non vexo o que pode ser a voráxine da uniformización...

- Rosa: unha palabra larguísima...

- Dario: :)

- Rosa: o PSOE, e o partido dos socialistas europeos, pensamos que Europa é froito da diversidade,...

- Rosa: e esto que dis tí, a palabra en cuestión, dame medo...

- Rosa: porque me fai pensar en intolerancia, ultranacionalismo, exacerbación dos sinais de identidade...

- Rosa: que ten moitos riscos...

- Rosa: Europa, tal e como eu a coñezo, está lonxe, moi lonxe, do fenómeno que tí describes...

- Rosa: somos xente orgullosa das nosas identoidades de pobos,

- Rosa: e así ten que ser...

- Rosa: otra

- Vieiros: ?

- LoisR: VAi Vieiros

- Vieiros: E cal vai ser a súa política en canto a seguridade? Lembramos que Solana (do PSOE) fixo entrar á OTAN en combate por primeira vez na historia...

- Vieiros: e agora é Mister PESC...

- LoisR: Ola kyk, benvido/a ao chat con Rosa Miguélez, candidata do PSOE ao Parlamento Europeo. Para participares envía unha "?" e logo espera a que o moderador che dea vez.

- Rosa: Europa ten que desenvolver unha política de seguridade autónoma...

- Rosa: non podemos seguir ás expensas dos USA...

- Rosa: e ó mismo tempo enviando a mensaxe de que esta guerra non é a nosa...

- Rosa: Solana Mister PESC, si o sinto por algo...

- Rosa: é porque por primeira vez o Tratado recoñece que pode ser...

- Rosa: Mister ou Madame PESC...

- Rosa: seía unha boa ocasión de ver a diferente sensibilidade dunha muller nun posto de tanta responsabilidade...

- Rosa: pero xa chegará o día...

- Rosa: otra

- moderado: Sinceramente, os galegos ven a UE como unha solución ou como unha ameaza?

- Rosa: A solución, que habela haina, está en Galicia, non na Unión. A política da Xunta é...

- Rosa: a chave do noso desenvolvemento social e económico...

- Rosa: A xunta non da a talla, pero esta é unha cuestión de eleccións autonómicas...

- Dario: ?

- Rosa: Europa está para facer unha política solidaria, pero non solitaria, si entendes o que quero decir...

- Rosa: otra

- Vieiros: Que lle parece Rosa Díez como candidata á presidencia do goberno español?

- moderador: vai dario

- Dario: ¿Que posición defenden os socialistas con respecto do desenvolvemento en común co Norte de Portugal?

- Vieiros: perdón

- Rosa: Me parecería, como muller e como socialista, unha opción excelente...

- LoisR: Ola oestradax, benvido/a ao chat con Rosa Miguélez, candidata do PSOE ao Parlamento Europeo. Para participares envía unha "?" e logo espera a que o moderador che dea vez.

- Rosa: pero como egoísta, preferiría tela ó meu lado durante os próximos cinco anos...

- Rosa: otra

- Rosa: A Darío. O compoñente de transnacionalidade defendímolo os socialistas a capa e espada durante a negociación da Axenda 2000...

- LoisR: Ola druida, benvido/a ao chat con Rosa Miguélez, candidata do PSOE ao Parlamento Europeo. Para participares envía unha "?" e logo espera a que o moderador che dea vez.

- Rosa: e xustamente conseguimos que os proxectos que teñen este valor engadido ...

- Rosa: obteñan unha boa financiación a traveso dos Fondos estructuráis, con un capítulo e unha categoría especial...

- Rosa: Así que esta colaboración poderá ir moi lonxe até o ano 2006.

- Rosa: otra

- moderador: Que pensan o PSdG e o PSOE da presencia das rexións en Europa con algunha capacidade de negociación?

- Rosa: Xa a teñen no Consello das Rexións. Nos pensamos que é un feito positivo. Sería importante convencer ó Aznar de que é así, porque cando o goberno de Madrid...

- V-Vigo: ?

- Rosa: negocia con Bruselas os Fondos estructuráis non abre a participación...

- Rosa: ás rexións afectadas...

- Rosa: otra

- moderador: vai v-vigo

- moderador: v-vigo, vas ti

- V-Vigo: Antes, comparaba Vde. o tamaño do seu partido co doutro. Non cre que a comparación debe facerse pola súa operatividade, máis que polo número de militantes?

- Rosa: non é unha cuestión de militantes, perdón si o confundín. E unha cuestión de diputados elixidos, membros do Parlamento Europeo...

- Usuariox: hola

- LoisR: Ola Usuariox, benvido/a ao chat con Rosa Miguélez, candidata do PSOE ao Parlamento Europeo. Para participares envía unha "?" e logo espera a que o moderador che dea vez.

- Rosa: Vostede xa sabe que no Parlamento, á hora de votar, o importante é o número de votos, i esa é a operatividade...O dos socialistas é o máis numeroso, i eso é o que quixen decir...

- Rosa: otra

- moderador: Ben, se non hai máis preguntas...

- LoisR: Ola Jacobo, benvido/a ao chat con Rosa Miguélez, candidata do PSOE ao Parlamento Europeo. Para participares envía unha "?" e logo espera a que o moderador che dea vez.

- V-Vigo: ?

- moderador: v-vigo, vas ti

- V-Vigo: Apoiaría un desprazamento do motor do eixo atlántico...

- V-Vigo: cara a OPOrto..

- V-Vigo: en detrimento de Vigo?

- Rosa: Pois non, canto máis perto de nos, mellor, eu considero ademáis, espero que ninguén se ofenda...

- V-Vigo: Semella que desde o actual goberno do Estado non están a tomar o asunto moi en serio

- Rosa: que Vigo ten un futuro como motor económico impresionante...

- Rosa: otra

- moderador: Máis preguntas?

- Rosa: Desde o actual goberno do estado son moitas as cousas que non toman en serio...

- Rosa: visto algún interlocutor...

- V-Vigo: Pero Rosa, a cousa non ven de agora mesmo...

- Rosa: pois tampouco é de extrañar...

- V-Vigo: Está a favor dunha competencia sana?

- Rosa: e os portugueses están nun momento excepcional, con bos líderes, que teño a sorte de coñecer persoalmente, e moitas ganas de traballar,...

- V-Vigo: Non lle chama a atención que inda agora...

- Rosa: Con Portugal, non só estou disposta, estou decidida e sei que o vou ter que facer...

- Rosa: otra

- V-Vigo: sexa máis fácil chegar a Lisboa que a Madrid?

- Rosa: a mín, despóis de chegar onte á Gudiña, hai poucas cousas que me chamen a atención...

- Rosa: pero sí que considero sangrante a non/política de ordeación do territorio que se está a facer en Galicia...

- Rosa: e non sño coas comunicacións...

- V-Vigo: hai un anos un eurodiputado...

- Rosa: e que no social pasa o mesmo...

- V-Vigo: do PP...

- Rosa: cada vez afóndase máis nas diferencias...

- Rosa: otra

- V-Vigo: cando chegaba tarde os mitíns...

- V-Vigo:botaballe a culpa ás estradas nacionais...

- V-Vigo: que daquela dependían do seu partido...

- Rosa: eu non chego tarde nunca...

- Rosa: otra

- moderador: V-vigo, non sei se remataches

- V-Vigo: si

- V-Vigo: gracias

- moderador: Se non ha mais p`reguntas, despedimonos da candidata..

- moderador: socialista, Rosa Miguélez....

- moderador: e lle damo-las gracias por estar con nós

- Vieiros: Dende Vieiros e El Correo agradecémoslle a Rosa Miguélez a súa presencia aquí, ademais de ao resto dos participantes. Lembramosvos que mañá ás 19.00 horas terá lugar o chat con Daniel Varela (candidato do número 22 do PP ás europeas), e o mércores ás 17.30 será Camilo Nogueira quen responda ás preguntas dos internautas. Ata a próxima. Moitas gracias.

- moderador: Tamén nos despedimos dos internautas que nos acompañan...

- V-Vigo: Unha aperta

- Araceli: aburiño a todos



Volver