Vieiros
Especial Eleccións 99: Chat con Luis Toxo e Xosé Manuel Villanueva


- moderador: Buenas tardes, vai comenzar o chat eleccions99 unha iniciativa de EL CORREO, O Correo e Vieiros que conta no seu segundo día co número dous a Alcaldía de Santiago Lois Toxo, e con outro membro da lista do PSdG, Xosé Manuel Villanueva, autor, además, do Estatuto de Capitalidade que os socialistas levan no seu programa...

- moderador: Rercordar que para formular unha pregunta hay que por antes unha interrogante...

- moderador: despois, o moderador dará a vez por orde...

- xes: ?

- moderador: Además, pódese especificar a quén se lle pregunta dos dous candidatos socialistas...

- Reiziger: ?moderador: No primeiro momento, faremos dous preguntas, cederemos a Vieiros para que faga outras dúas...moderador: e logo abriremos o chatLoisR: Ola Breixo, benvido/a ao chat co PSOE de Santiago. #eleccions99

- moderador: Qué opinión vos merecen as enquisas que tan mal resultados vos dan?

- vila_toxo: Hai catro anos a estas alturas nos daban 16 e tivemos 12... probablemente estas enquisas non teñan mais certidume e credibilidade que aquela...

- LoisR: Ola Nmogadah, benvido/a ao chat co PSOE de Santiago.

- vila_toxo: outra

- moderador: Que diferencia existe entre o programa socialista e popular fundamentalmente

- vila_toxo: A primeira diferencia non é de programa senon de traxectoria...

- vila_toxo: nos levamos gobernando Compostela de xeito exitoso dende hai 15 anos...

- vila_toxo: o partido popular aínda non fixo máis que cambiar de candidatos na oposición...

- LoisR: Ola ikhhob, benvido/a ao chat co PSOE de Santiago. #eleccions99

- vila_toxo: por iso cremos que a xente vai poder contrastar dúas experiencias antes de dous programas...

- vila_toxo: En canto ó programa, o noso é ambicioso e feito dende os intereses da cidade, os de todos... o do partido popular probablemente responda mais a interses de certos sectores particulares...

- vila_toxo: poutra

- moderador: Adiante Vieiros

- aber: Esta é para o Sr. Villanueva: fálase moito do Estatuto de Capitalidade, pero coidamos que pouca xente sabe ben o que é. Podería explicalo?

- moderador: Aber espera, primeiro vai Vieiros

- moderador: Vieiros empeza

- Vieiros: Pois a nosa pregunta tamén ía polo do Estatuto da Capitalidade, que que vantaxes traería...

- LoisR: Ola Vigo, benvido/a ao chat co PSOE de Santiago. #eleccions99

- Vigo: Ola a todos

- LoisR: Ola Bonjy, benvido/a ao chat co PSOE de Santiago. #eleccions99

- vila_toxo: A Compostela lle traería a vantaxe de definirlle as súas responsabilidades e beneficios financeiros para facer fronte a aquelas, como Capital de Galicia, que son moitas...

- vila_toxo: pero ademais, a nosa proposta faría posible algo moi importante non só para Compostela...

- vila_toxo: A lei de Administración Local de Galicia indica que as cidades de mais de 70 mil habitantes...

- vila_toxo: poden ter competencias delegadas ou transferidas dende a Xunta...

- vila_toxo: por medio dunha lei...

- vila_toxo: O estatuto da Capitalidade pretende que esa delegación e transferencia se faga efectiva...

- vila_toxo: para Compostela, e sente un precedente para outras cidades con respecto a este tema...

- vila_toxo: Os Concellos debemos ter máis capacidade política da que temos e iso tamén é o Estatuto da Capitalidade...

- vila_toxo: outra

- Vieiros: Santiago parece ser a capital galega da cultura, pero como se podería aproveitar iso economicamente?

- vila_toxo: O interés de ser capital cultural non é só económico...

- vila_toxo: é cultural, social, educativo...

- vila_toxo: Pero, en todo caso, económicamente hai duas cousas a considerar...

- vila_toxo: en primeiro lugar que a cultura xenera riqueza e economía (visitantes, turistas, actividades...

- vila_toxo: económicas asociadas á cultura)...

- vila_toxo: en segundo lugar porque a cultura é unha actividade crecente no mundo do ocio e do sector terciario que temos diante...

- vila_toxo: o entretenimento, a actividade creativa, esta mesma sesión Chat, pón de manifesto...

- vila_toxo: que o futuro da cultura e da comunicación é importante...

- vila_toxo: por iso, Compostela fixo e fará un esforzo porque a súa capital cultural do 2000...

- vila_toxo: teña un amplo espacio adicado á tecnoloxía e á actividade cultural do futuro... outra

- moderador: Adiaten xes e logo Reiziger

- xes: Boas tardes, un saudo dende Portugal. Luis, independentemente de que o pior seria que governa-se o PP, como analizaria o psoe que o bloque se consolida-se como segunda forza politica e alternativa de Governo ( tamen agora a nivel dos concellos ) pois xa non seria ocasional ? non precisa o psdg unha renovacion profunda, por exemplo non entendo o "antigaleguismo " de Paco Vazquez

- Ronaldo: ?Moderador estaba eu primeiro

- vila_toxo: En Compostela o socialismo e os socialistas... os gobernos municipais dos últimos anos...

- vila_toxo: o noso alcalde anterior, Xerardo Estévez, e o actual, Sánchez Bugallo, defenderon sempre...

- vila_toxo: que o PSdG PSOE debía basear a súa identidade política na conexión con galicia e o galeguismo...

- vila_toxo: No inicio da democracia, o galeguismo histórico estivo co PSdG. Celso Emilio Ferreiro, o grande... poeta progresista de Galicia...

- vila_toxo: neste século, o poeta obreiro, era socialista...

- vila_toxo: Don Ramón Piñeiro, Carlos Casares... persoas importantes da vida cultural de Galicia...

- vila_toxo: foron persoas ligadas no PSOE. Na nosa candidatura ó Concello, pecha unha persoalidade como Isaac Dias Pardo...

- vila_toxo: asi que sí cremos que é necesaria a conexión do PSOE con Galicia. outra

- moderador: Adiante Reiziger e depois Ronaldo

- xes: son conscientes de que moito electorado era de Xerardo e non do psoe.Non deberia xerardo participar na campana electoral ?

- Reiziger: Non creen que a saida do escenario politico de Xerardo Estevez crea un vacio no PSOE que Xose Bugallo e incapaz de solucionar e que esto repercutira decisivamente no cataclismo electoral que lle auguran as enquisas?

- xcea: ?

- LoisR: Ola jossue, benvido/a ao chat co PSOE de Santiago. #eleccions99

- moderador: Xes, espera. A resposa e para Reizigir

- vila_toxo: Hoxe Xerardo Estévez ven a apoiar a Sanchez Bugallo.... O vacío do que falas é o normal cando se produce a renovación...

- vila_toxo: pero Sanchez Bugallo pode representar perfectamente as posicións de progreso...

- xes: ?

- vila_toxo: que Xerardo Estévez levou ata un punto e que agora debe continuar xente máis nova...

- vila_toxo: outra.

- moderador: Adiante Ronaldo, logo XCea. A pregunta de xes está dada por resposta

- LoisR: Ola nosabo2, benvido/a ao chat co PSOE de Santiago. #eleccions99

- Ronaldo: Boas tardes. Son un veciño de Alfredo Brañas que sufro unha minusvalía que me fai andar en cadeira de rodas. Cómo vou a baixar do coche cando chova diante ou o máis cerca posibel da miña casa?

- Reiziger: ?

- Ronaldo: ?

- vila_toxo: Poderás baixar no momento en que o necesites porque nada impide a alguén usar a vía pública...

- jossue: eu quisera saber o que e para vosté ser esquerdas.Simplemente o se dizer de esquerdas?

- vila_toxo: sen obstruíla e tí seguro que nos arredores ou diante disporás de...

- vila_toxo: sistemas para poder aparcar o coche. outra

- moderador: Orde por favor.Agora vai XCea

- xcea: Despois de diversos intentos infructuosos, cómo pensan facer para que Santiago supere os 100.000 habitantes de dereito, ou esa é unha batalla perdida?

- vila_toxo: Non é unha batalla perdida. Nos útlimos cinco anos medramos 6000 habitantes e hoxe temos 96.000...

- vila_toxo: a meta está próxima... pero sempre e cando non pase o que sucedeu hai pouco...

- vila_toxo: e é que como o normal nas cidades é que perdan poboación...

- vila_toxo: cambiaronse as regras de financiamento municipal no último ano por parte do goberno do Estado...

- vila_toxo: de xeito que aínda hoxe Compostela recibe cartos polos habitantes do censo anterior...

- vila_toxo: 1991, que eran 6000 menos dos que hoxe temos. outra

- moderador: Despois xes e logo reiziger e despois jossue. E os que xa preguntachades deixade os demais.

- xes: Por que non se aprobou o regulamento de participacion vecinal?

- vila_toxo: Está aprobado. Non tés boa información. outra

- moderador: Adiante reiziger

- Reiziger: Se a sua candidatura consegue a alcaldia, teñen previsto algun tipo de medida para evitar os estropicios nocturnos causados polos estudiantes cando saen as noites?

- vila_toxo: Incrementar a educación e a responsabilidade da xente é tarefa de toda a socieadade...

- vila_toxo: non só dos gobernos...

- vila_toxo: en todo caso, cremos que en Compostela a cousa non é tan dramática como tí a pintas...

- vila_toxo: outra

- Ronaldo: Sr. Villanueva, sen escurrir o bulto, en canto cifra vostede a débeda municipal, e por qué cree Vostede que os populares llo recordan sempre?

- moderador: Ronaldo. Non te vai respostar. Hai que gardar un orde.

- LoisR: Ola chimi, benvido/a ao chat co PSOE de Santiago. #eleccions99

- moderador: Jossue adiante.

- moderador: Conesta a Ronaldo agora

- xcea: ?

- vila_toxo: A débeda municipal con bancos a longo prazo é de 9500 millóns.... a débeda con bancos a curto prazo é de 1.800 millóns (que responde a necesidades de tesourería)...

- LoisR: Ola chimi, benvido/a ao chat co PSOE de Santiago. #eleccions99

- vila_toxo: e o déficit acumulado do concello é de 3500 millóns. O patrimonio que o concello obtivo logo do tempo en que se xestionou esa cifra...

- tone: ?

- vila_toxo: é de máis de 35000 millóns. O negocio foi bó...

- vila_toxo: o PP insiste nos datos de débeda porque cree que iso perxudica políticamente...

- noelia: ?

- vila_toxo: nós cremos que o que perxudica e non facer cousas ou facelas mal. ademais, debatimos...

- vila_toxo: moito tempo sobre cifras porque eles suman cantidades que non teñen que ver entre sí...

- vila_toxo: porque a débeda a longo prazo, por exemplo, é como unha hipoteca do banco, hai que pagala con...

- vila_toxo: ingresos ó longo de moitos anos, e non é un déficit.

- vila_toxo: outra.

- moderador: Adiante Xcea e logo tone e logo noelia

- xcea: A política de parques dos socialistas trouxo moito espacio verde á cidade, pero a cambio tróuxolle moitos crebacabezas ós conductores para aparca-los coches u-los aparcadoiros?

- LoisR: Ola XXX, benvido/a ao chat co PSOE de Santiago. #eleccions99

- LoisR: Ola medulio, benvido/a ao chat co PSOE de Santiago. #eleccions99

- vila_toxo: Creo que tés unha información escasa. Nos últimos anos fixéronse moitas prazas de aparcamento...

- vila_toxo: que non están totalmente explotadas e ocupadas...

- vila_toxo: e están en curso de construcción dous mais

- vila_toxo: no ensanche e outros proxectados no Centro Histórico...

- LoisR: Ola ggg, benvido/a ao chat co PSOE de Santiago. #eleccions99

- vila_toxo: o problema é que os coches medraron moito porque esta cidade crece e cada vez máis xente...

- vila_toxo: usa Compostela e non reside nela... e costa traballo aparcar "pagando".

- vila_toxo: O reto está en combinar políticas de transporte público cunha axeitada política de precios e aparcamentos...

- vila_toxo: disuasorios non necesariamente no centro...

- vila_toxo: outra.

- moderador: Adiante Noelia

- noelia: Tenta o parque de Galeras ...

- noelia: tapar o mal estado en que se atopa despois da vosa xestión de 14 anos, o río Sar e Sarela

- vila_toxo: Non temos a mesma opinión que tí manifestas sobre o estado do Río. Dende o punto de vista da depuración de augas...

- vila_toxo: a práctica totalidade das obras de saneamento e canalización que afectan ós canles están rematadas...

- LoisR: Ola ciberan, benvido/a ao chat co PSOE de Santiago. #eleccions99

- vila_toxo: e en canto o coidado das beiras, hai grandes intervencións públicas (no Sar dende o Multiusos ata o Paxonal, por poñer dous exemplos...

- ciberan:

- vila_toxo: e no Sarela en Carme de Abaixo, Galeras e o que se refire a máis alá da súa confluencia, en Vidán e o seu entorno en que a cousa está bastante ben...

- vila_toxo: se contamos co apoio dos cidadáns seguro que mellorará aínda máis... outra

- moderador: Aos que se lle conceda a palabra, e millor que a teñan xa escrita. Adiante Ciberan

- ciberan: en todo caso non cre que para o usuario diario, os aparcadoiros son moi caros

- noelia: ?

- vila_toxo: Sí. En certos casos e para usos concretos iso pode ser certo. A nosa idea é poñer en relaciòn...

- LoisR: Ola an, benvido/a ao chat co PSOE de Santiago. #eleccions99

- vila_toxo: a totalidade dos sistemas de aparcamento (ORa -en superficie-, aparcamentos centrais- e aparcamentos periféricos)...

- vila_toxo: nun sistema integrado que poida asegurar unha praza de aparacamento barata ou incluso gratuita...

- Andrea: ?

- vila_toxo: sempre e cando non impida a rotación nas zonas céntricas da cidade...

- vila_toxo: está no noso programa electoral traballar nesa dirección e primar tarifas específicas para traballadores e residentes...

- vila_toxo: outra

- moderador: Adiante Noelia e logo Andrea. Hai algúns que todavía non preguntachedes. A qué esperades?

- noelia: Sr. Toxo, ten toda a razón. Ata un cego pode cheirar o fedor do Sar cando pasa polo seu "contenedo"2 deportivo. Son vostedes conscientes da realidade da cidade, ou están cansos de antender as peticións dos veciños?

- vila_toxo: Cabe a posibilidade de que non teñamos a mesma sensibilidade olfativa, pero asegúrote que as condicións de saneamento dos ríos de compostela...

- vila_toxo: é satisfactoria, aínda que mellorable. outra

- moderador: Adiante Andrea

- Andrea: Qué pensan os socialistas que hai que facer co Hospital Xeral (Galeras) e coa facultade de medicina cando empece a funciona-lo novo clínico?

- vila_toxo: O que pensamos é que o primeiro que debe opinar sobre ese tema é o seu propietario...

- noelia: ?

- vila_toxo: que é a Universidade. Esta dixo que quería trasladar a facultade de medicina ó lugar en que...

- ciberan: ?

- vila_toxo: está prevista no plan xeral de ordenación urbana, que é ao lado do novo Hospital. Nós estamos de acordo con eso...

- vila_toxo: nos parece que que exista un novo campus sanitario en Compostela a carón do novo Hospital é moi importante...

- vila_toxo: pero sobre o edificio actual o concello debe esperar as opinións dos seus donos e logo falar...

- vila_toxo: outra.

- moderador: Adiante Noelia (e non acapares) e logo ciberan

- noelia: Pensan vostedes igual que o BNG, que o futuro laboral dos mozos e mozas de Compostela e pertencer á Brigada de Obras para arranxar os 225 Km cadrados de Compostela

- vila_toxo: Estou convencido que nin tí misma cres que as propostas do PSOe, do BNG ou incluso do PP poidan pensar...

- vila_toxo: en que esa sexa unha alternativa seria. outra

- moderador: Adiante ciberan

- ciberan: non cre que se deberia desnuclear un pouco a praza Roxa, para evitar o caos circulatorio que xa existe a algunhas horas ali?

- vila_toxo: Si o que queres decir é que se disminúa a circulación de vehículos e o seu cruce na praza...

- vila_toxo: probablemente non sexa posible, porque á praza Roxa tén, por definición, un papel central no sistema viario do ensanche...

- xcea: ?

- vila_toxo: si o que queres decir é que se poida mellorar a racionalidade do espacio público da praza entón sí estamos de acordo. No noso programa de Reurbanización global do Ensanche...

- vila_toxo: se quere intervir tamén na Praza Roxa que -en todo caso- está moito mellor do que estaba antes da reforam feita en 1990. outra

- moderador: Adiante XCea

- xcea: Se o BNG obtivese 6 concelleiros e o PSdeG 7, quén sería o alcalde?

- noelia: ?

- vila_toxo: Agora non é posible respostar a esta pregunta porque para eso están as decisións primeiro dos electores e logo dos partidos que deben asegurar a gobernabilidade...

- vila_toxo: en todo caso, a nosa aspiración é que o próximo alcalde de Compostela siga sendo Sánchez Bugallo. outra

- moderador: Adiante Noelia. E os outros que estades no chat non debedes ser simples lectores.

- noelia: Imos ter que esperar outros 14 anos para poder acceder a unha vivenda de Protección Oficial?

- ciberan:

- vila_toxo: Sería magnífico que o IGVS (organismo que depende da Consellería de Ordenación do Territorio) faga pronto...

- vila_toxo: as 1700 vivendas que tén comprometidas dende 1990 logo de que se fixera o Polígono de Fontiñas (que se fixo, te recordo, cando houbo un goberno tripartito da Xunta e o Conselleiro era do PSOE, e que logo concluiu o goberno do Serñor Fraga)...

- vila_toxo: en todo caso, o Concello decidiu facer unha sociedade que lle permita construir directamente...

- vila_toxo: vivendas de protección oficial sen ter que esperar ás decisión doutros... que son os que, por certo, ...

- vila_toxo: reciben os recursos para facelas. outra

- Cristina: ?

- moderador: Adiante ciberan

- ciberan: Non se debería chegar a acordos cos concellos limitrofes para establecer sistemas comuns de servicios... como o transporte publico?

- xes: un saudo , ate depois, luis xa te saudarei en persoa que me conheces

- noelia: ?

- vila_toxo: O problema para iso é que a regulación do transporte non urbano require acordos nos que interveñen...

- vila_toxo: varias administracións e empresas (que teñen concesións superiores territorialmente ás que afectan ós municipios)...

- vila_toxo: por iso é necesario implicar nesa política -que por outro lado é necesaria- a moitos estamentos...

- vila_toxo: outra

- moderador: Adiante Cristina

- xcea: ?

- Vieiros: ?

- Cristina: que diferencias haberia na xestion do consorcio entre vós e o PP? serían máis fáciles as relacións coa xunta?

- vila_toxo: O Consorcio creouse cando gobernaba Compostela e o goberno do Estado o PSOE e o PP xa gobernaba na Xunta...

- vila_toxo: Logo se mantivo e como a consideración da cooperación depende da Xunta e o Alcalde (e non do color político ó que pertenzan)...

- LoisR: Ola Miscel, benvido/a ao chat co PSOE de Santiago. #eleccions99

- vila_toxo: estamos seguros de que iso non afectaría ó funcionamento do Consorcio, senon todo o contrario...

- ciberan: ?

- vila_toxo: ás veces para que se dea cooperación convén que as relacións entre institucións se confundan coas persoais ou de subordinación... outra

- moderador: Adiante noelia, logo xcea e logo Vieiros

- Vieiros: Como é que aínda non hai web para Compostela 2000? Como pensades promocionar Santiago no exterior sen ela?

- Vieiros: perdon

- vila_toxo: O Web do Compostela 2000 está neste momento en elaboración pero conectado co que xa existe do grupo das cidades...

- moderador: Contesta a Vieiros. E perdoade os demais. Pero xa está a resposta

- vila_toxo: Europeas da cultura do ano 2000, que leva varios meses funcionando. A promoción decidimos facela conxunta... outra

- moderador: Adiante Xcea

- xcea: Os socialistas abandonaron xa a idea de peatonaliza-la totalidade da zona vella?

- vila_toxo: A palabra peatonalizar é confusa, porque en realidade se trata de ordenar o uso do espacio público...

- vila_toxo: nas zonas peatonais hai horas nas que se circula con carga e descarga ou para residentes ou servicios públicos...

- vila_toxo: Nos queremos manter esa política e ampliala en relacióna coa construcción do novo aparcamento de La Salle...

- vila_toxo: e o de Belvís. Mentras non estean estos construidos cremos que a "peatonalización" actual é suficiente...

- vila_toxo: outra

- moderador: Adiante ciberan

- ciberan: Teñen algun plan turísitico para despois do 2000, sen xacobeo, sen Cidade Europea da Cultura...? Miles de persoas estan a vivir en Compostela do turismo.

- vila_toxo: E un punto central do noso programa. Compostela pode resistir perfectamente un turismo permanente...

- vila_toxo: non ligado á anos excepcionais...

- vila_toxo: a través de tres mecanismos...

- vila_toxo: o turismo cultural (política de Festivais como o Millennium, que queremos manter, e ampliar cun de Teatro "Valle Inclàn" en Inverno, outro de Teatro Galego portugués na primavera e outro en outono de cine, como CINEUROPA)...

- vila_toxo: o turismo de congresos...

- vila_toxo: e o turismo xoven...

- vila_toxo: Se se asegura a calidade, a sostebiliade, e a desestacionalización, así como unha boa información e promoción...

- vila_toxo: o turismo de Compostela vai medrar no futuro.

- vila_toxo: outra

- moderador: Agora pregunto eu. Sobre a teórica pinza. Qué hai de certo?

- vila_toxo: A pinza nestes últimos anos utilizouse na corporación municipal moitas veces. Primeiro houbo unha pinza...

- vila_toxo: entre o BNG e o PP, pola cal se decidiron cousas tan imporatntes como a representación en organismos, ou as características dos salarios dos membors da corporación (do cal sairon beneficiados os membros da oposición).

- vila_toxo: Houbo moitas veces en que votamos todos por unanimidade...

- vila_toxo: agora o PP dí que hai unha pinza entre o BNG e o PSOE, porque creen que lle pode beneficiar electoralmente...

- vila_toxo: pero nós chegamos a moitos acordos co PP e co BNG, defendendo o noso programa...

- vila_toxo: e seguiremos facendoo cuns e outros en defensa da nosa cidade e do noso programa tamén no futuro... outra

- moderador: Adiante Noelia

- noelia: Se vostedes perden, onde traballará o alcalde actual para gañarse a vida? E os demáis membro do PSOE?

- vila_toxo: No seu traballo cotidián, que todos os membros da candiatura temos porque todos somos...

- vila_toxo: xente cunha vida normal, activa e de cidadáns que sabemos que a política dura pouco...

- vila_toxo: e que a vida é mais longa que o tempo da política...

- vila_toxo: o alcalde actual, ademais, tén tanta competencia profesional que seguro que nunca vai ter..

- vila_toxo: problemas para traballar en actividades que lle permitan desplegar as súas capacidades...

- vila_toxo: tamén o alcalde anterior cando o deixou logo de estar 20 anos adicado á polìtica, volveu...

- vila_toxo: á unha vida profesional privada...

- vila_toxo: que escomenza con dificultades...

- vila_toxo: e cun activo que é moi imporatnte, como é o da honradez que, lamentablemente, tamén no noso partido...

- vila_toxo: e noutros...

- vila_toxo: non se da en todos os políticos como se debera...

- vila_toxo: outra

- LoisR: Podería explicar algo maís eso da web do grupo de cidades. Que eu saiba das Capitais da Cultura, só Compostela, Praga e Aviñon non teñen web. E eso que Compostela, creo recordar que é quen atende aos traballos en comunicación. Refírese quizais a que están conectadas por correo electrónico? :)

- vila_toxo: Non só. Hai unha web conxunta que debe ser completada por cada cidade e a nosa está a espera, como xa che dixen, á que se poida concluir a presentación do programa...

- vila_toxo: por suposto, estamos conectados por correo electrónico cada oficina pero, aínda que políticos, chegamos a diferenciar o que é unha web e o que é unha conexión de e-mail... outra

- moderador: Noelia, a última que pediches.

- moderador: Adiante Cristina

- Cristina: que plans teñen para o monte Pedroso?

- vila_toxo: Tres: primeiro preservalo e reforestalo, logo nos gostaría poder construir a torre de comunicacións que ...

- vila_toxo: elimine as antenas actuais...

- vila_toxo: e logo, na falda, está proxectada a construccion dunha Cidade do Deporte, que linde coa zona na que se vai consturir o Xardín Botánico e próxima ó lugar en que se vai construir a REsidencia do Presidente da Xunta, en Casas Novas...

- vila_toxo: é unha zona fermosísima de compostela que é neceario preservar e utilizar para completar o grande corredor verde que marca a faciana Oeste da Cidade...

- vila_toxo: aquela dende que Compostela se ve como a maravilla arquitectónica que é...

- vila_toxo: outra

- moderador: Adiante Noelia. E se non hai máis preguntas dase por finalizado

- Cristina: ?

- noelia: por qué utilizan o Concello para facer a súa campaña electoral?

- vila_toxo: Non usamos en absoluto o Concello para facer campaña. a facemos polos nosos medios. O que sí facemos é seguir gobernando aínda que haxa programa electoral...

- vila_toxo: Me gustaría que mañán, cando este aquí o Sr. rodríguez, lle preguntes cómo pode adicarse sendo Diputado con adicación exclusiva por Lugo dende que deixou de ser Conselleiro...

- vila_toxo: leva cinco meses adicado a preparar a súa campaña electoral como candidato á alcaldía de Compostela...

- vila_toxo: confío en que coa resposta que él te dea poidas quedar tan satisfeita como coas que nos te damos...

- vila_toxo: en todo caso, un cordial saúdo de Luis Toxo e de José Manuel villanueva.

- vila_toxo: outra

- moderador: Adiante Cristina

- Cristina: onte beiras dixo que os socialistas confundiron o inimigo e atacan o bng máis que as políticas do pp. non é contraproducente ante a posibilidade nada lonxana de pactos tralos comicios?

- vila_toxo: Nós cremos que en política e en campaña electoral cada partido manifesta as súas posicións...

- vila_toxo: e que é evidente que entre o BNG e o PSOE hai moitas cousas que nos diferencian...

- vila_toxo: é lexítimo que o electorado saiba esas diferencias, as coñeza e que o ataque a un só partido ...

- vila_toxo: non faga imposible mostrar a diferencia que hai entre outros...

- vila_toxo: outra

- moderador: Imos dar por finalizado o chat. Agradecemos ós nosos invitados a sua presencia e emplazamos os internautas...

- moderador: as 20,30 horas no chat de Juan Corral, candidato do PP por Vigo

- Vieiros: Ben, dende Vieiros queremos darlle as gracias a todos os participantes e, en especial, aos nosos dous convidados, Xosé Manuel Villanueva e Luis Toxo. E tamén informarvos de que mañá terá lugar o chat con Dositeo Rodríguez ás seis da tarde.

- moderador: Adeus

- Vieiros: E velaquí van o resto dos chats:Vigo:

- Vieiros: Vigo: BNG venres 4 as 5.00 da tarde

- Vieiros: Luns: Rosa Miguelez 5.30

- Vieiros: martes 8: Xaime Bello (BNG, Ferrol) 22.30

- Vieiros: mercores 9 Bonifacio Borreros 22.30

- Vieiros: xoves 10 Juan Blanco 22.00



Volver