Vieiros
Especial Eleccións 99: Chat con Xaime Bello


- moderador: Ola, moi boas noites a todas e todos...

- moderador: Gracias por participar nesta xeira de chats electorais...

- moderador: que organizan Vieiros, O Correo Galego e El Correo Gallego

- moderador: Esta noite está para atender as vosas cuestións...

- moderador: o candidato do Bloque Nacionalista Galego (BNG)...

- moderador: Xaime Bello...

- moderador: o concello de Ferrol...

- moderador: Moi boas noites, señor Bello.

- XBello: Boas noites e moitas gracias pola vosa participación...

- moderador: Para facer calquera pregunta, lembrade marcar un "?" e iremos dándovos paso...

- moderador: En primeiro lugar...

- moderador: gustaríanos que o candidato nos contase, en termos xerais, ¿qué modelo de cidade plantexa o BNG para Ferrol

- leonidas: ?

- XBello: Para comezar, para o BNG non é o mesmo...

- XBello: concello que cidade...

- XBello: Para a cidade, rexeneración dos barrios degradados...

- XBello: Ferrol Vello e Argüelles...

- XBello: Barrio da Madalena e Recimil...

- LoisR: Ola mayte, benvido/a ao chat con Xaime Bello, candidato do BNG á Alcaldía de Ferrol. Para participares envía unha "?" e logo espera a que o moderador che dea vez.

- XBello: Abertura da cidade ao mar...

- XBello: acceso público a áreas de defensa...

- XBello: entre a Porta do Cantón e o Porto...

- XBello: Para Canido urbanización da ladeira preservando os valores naturais...

- XBello: e históricos do barrio...

- XBello: Zona de Lavadoiro de Ínsua, completar a ...

- XBello: urbanización de Esteiro, humanizar Ensanches...

- XBello: completar Caranza, etc... outra

- moderador: ¿Como abordarían dende a súa perspectiva os problemas de comunicacións do concello? ¿Que medidas se poderían tomar para melloralas? ¿Que reivindicacións hai que facer?

- XBello: Ferrol, precisa comunicacións co exterior...

- XBello: por estrada (Autoestrada Fene-Ferrol, sen peaxe, Ronda Oeste por Fene...

- XBello: Chegada da Transcantábrica), potenciar os camiños de ferro...

- LoisR: Ola Rosario, benvido/a ao chat con Xaime Bello, candidato do BNG á Alcaldía de Ferrol. Para participares envía unha "?" e logo espera a que o moderador che dea vez.

- XBello: nas variantes Feve e Renfe...

- XBello: e as liñas marítimas, tanto de tráfico de mercadorías...

- XBello: como de pasaxeiros... outra

- moderador: É o turno de Vieiros. Adiante.

- Vieiros: Suposto: é vostede alcalde de Ferrol. ¿Cal sería o seu sector prioritario para comezar a darlle unha solución a Ferrol?

- XBello: Poderias concretar, ¿que entendes por sector?... ouitra

- moderador: ¿podes concretar, vieiros?

- Vieiros: calquera área: industria, comunicacións...

- XBello: Comezaría por elaborar os orzamentos municipais...

- XBello: prorrogados desde 1996, cubrir as vacantes do plantel municipal...

- XBello: que hoxe superan o centenar...

- XBello: rexenerar a vida municipal, favorecendo a participación cidadá...

- Gailo: ?

- XBello: e o diálogo co conxunto da sociedade... outra

- moderador: Ten a palabra Vieiros Ferrol. Adiante.

- V-Ferrol: Ferrol non vai ter unhamaior ,a absoluta. O se^or Bello se quere ser alcalde vai ter que pactar con alguen,...

- LoisR: Ola Maria, benvido/a ao chat con Xaime Bello, candidato do BNG á Alcaldía de Ferrol. Para participares envía unha "?" e logo espera a que o moderador che dea vez.

- V-Ferrol: O PSOE parece que non ten mui boas palabras...

- V-Ferrol: para os nacionalistas nestes dias de campa^a....

- V-Ferrol: e IF parece, permitame a expresi~n,....

- V-Ferrol: que lle fai as "beiras " o bng. jejejeje

- moderador: :)

- V-Ferrol: como ve vostede o dos pactos?

- XBello: O BNG aspira a ser a lista máis votada o 13 de xuño...

- XBello: Conformar o novo goberno municipal arredor do nosos grupo...

- XBello: con acordos para a estabilidade do goberno...

- XBello: no próximo mandato. Como organización, temos expresado...

- XBello: a nosa disposición a entendernos co PSOE para constituir...

- XBello: esas maiorías que despracen ao Partido Popular das alcaldías...

- XBello: Isto é válido para Ferrol...

- XBello: O PSOE TEN A PELOTA NO SEU TELLADO...outra

- moderador: Leónidas, pregunta. Adiante.

- leonidas: Imaxinase, Sr Bello, na votadura dunha fragata, coa Sra.Botella entregando a bandeira de combate,vostede como Alcalde, e un marino xeonllo en terra, recibindoa?. SE IMAXINA??

- Rosario: ?

- XBello: Un alcalde representa á institución en todos os actos...

- XBello: protocolarios e públicos, polo tanto, esa posibilidade pode...

- XBello: ser verificable, ...

- XBello: De todas as maneiras, mellor outra madriña e outra...

- XBello: bandeira que non sexa a de combate... outra

- moderador: :)

- moderador: O turno é de Gailo. Pregunta.

- Gailo: eu quería saber que lle parece a proposta de IF para o barrio de recemil, e que solución se aporta dende o BNG?

- XBello: Unha operación inmobiliaria ...

- XBello: con ánimo de lucro. A alternativa do BNG...

- XBello: é a reabilitación integral e o mantemento da poboación no barrio...

- leonidas: ?

- XBello: ¿Queredes máis precisións?... outra

- moderador: Turno de Rosario. Adiante.

- Rosario: Segundo a publicidade do Concello, Ferrol é a "cidade da mar", pero eu non a vin por ningures. Ten pensado o BNG tirar cos muros do Exército? Sería unha grandísima idea...

- XBello: A abertura ao mar impedida polas áreas de defensa...

- XBello: é unha materia pendente...

- mayte: ?

- XBello: non só se debe permeabilizar visualmente...

- XBello: senón que hai que dar acceso público a...

- XBello: aquelas zonas con elevada calidade arquitectónica...

- XBello: onde os usos militares poden trasladarse... outra

- moderador: Vai Leónidas. Adiante.

- leonidas: Sr. Bello.Boas noites.Despois de tantos anos na oposicion, esta listo o BNG para governar?. Esta realmente concienciado que esta pode ser a derradeira oportunidade de poder governar o Concello?

- LoisR: Ola antonio, benvido/a ao chat con Xaime Bello, candidato do BNG á Alcaldía de Ferrol. Para participares envía unha "?" e logo espera a que o moderador che dea vez.

- XBello: Foron oito anos na oposición, e agora...

- LoisR: Ola Usuario, benvido/a ao chat con Xaime Bello, candidato do BNG á Alcaldía de Ferrol. Para participares envía unha "?" e logo espera a que o moderador che dea vez.

- XBello: imos estar no goberno. En todo caso sempre sería a primeira oportunidade e non ...

- XBello: a derradeira, ¿non?... outra

- moderador: Vai Mayte. Pregunta.

- mayte: Con respecto ó programa para o deporte. ¿Cómo ten pensado promocionalo?

- XBello: As infraestructuras: xestión directa por parte do concello, ou através...

- XBello: de entidades deportivas sen ánimo de lucro...

- Vieiros: ?

- XBello: Revisar os criterios das subvencións, incrementando...

- leonidas: ?

- V-Ferrol: ?

- XBello: a cuantía total para as entidades que traballan o deporte de base e/ou escolar...

- XBello: Transversalizar a actuación deportiva...

- XBello: noutras áreas municipais, potenciar as áreas...

- HENRIQUE: ?

- XBello: deportivas existentes, organizar actividades abertas a todos e a todas...

- XBello: e asinar convenios de colaboración con Centros de Saúde...

- XBello: para facilitar e levar a cabo, programas de recuperación...

- XBello: e prevención de doenzas... outra

- moderador: Vai Vieiros. Adiante.

- Vieiros: Se os estaleiros propiedade do Estado seguen dando perdas, que solución propón para eles o BNG?

- XBello: A Construcción Naval, foi en parte liquidada...

- XBello: por políticas destructivas...

- XBello: e por Reais Decretos, que impiden o acceso dos estaleiros...

- XBello: ferroláns, ao mercado civil de buques...

- XBello: Desde o Parlamento Europeo, Camilo Nogueira, vai ter...

- XBello: como obxectivo a defensa do Sector Naval...

- XBello: e a derrogación da lexislación que hoxe impide as...

- XBello: devanditas construccións... outra

- moderador: É o turno de Leónidas. Adiante.

- leonidas: A sua imaxe reflexa unha moderación totalmente contraria a que fai o seu líder. Non estará o BNG , deixando por imposible ó Sr. Beiras e intentando ir indo ata o centro,dende outra perspectiva, como tamen ,dice,quere ir o PP?

- XBello: O que recollen en xeral, os meios de comunicación...

- XBello: son as intervencións do Beiras máis vehemente, pero...

- XBello: tamén está o Beiras lúcido, sereo, intelectualmente capaz, organizado...

- LoisR: Ola focampo, benvido/a ao chat con Xaime Bello, candidato do BNG á Alcaldía de Ferrol. Para participares envía unha "?" e logo espera a que o moderador che dea vez.

- XBello: Eu, pretendo que a milña organización teña...

- LoisR: Ola Pindo, benvido/a ao chat con Xaime Bello, candidato do BNG á Alcaldía de Ferrol. Para participares envía unha "?" e logo espera a que o moderador che dea vez.

- Pindo: Hola

- XBello: sitio para todos e todas, que non reneguen das súas orixes...

- XBello: do seu idioma e cultura. Por iso esfórzome en transmitir a idea...

- XBello: de que no BNG cab moita máis xente da que hoxe está organizada... outra

- moderador: Turno para Vieiros Ferrol. Pregunta.

- V-Ferrol: Fagamos pol,tica ficci~n. Imaxinemos un pacto postelectoral,... BNG lista mOmegais votada....

- V-Ferrol: Xaime Bello alcalde....

- LoisR: Ola Alberto, benvido/a ao chat con Xaime Bello, candidato do BNG á Alcaldía de Ferrol. Para participares envía unha "?" e logo espera a que o moderador che dea vez.

- V-Ferrol: Bonifacio Borreiros concelleiro de....

- V-Ferrol: sanidade....

- V-Ferrol: Fernando Blanco de Urbanismo,....

- V-Ferrol: e Juan Fernandez de facenda,....

- V-Ferrol: que lle parece?

- XBello: Un bo argumento para un best-seller ferrolán, pero...

- XBello: dificilmente verificble a partir do 13 de xuño... outra

- moderador: Ten a palabra HENRIQUE. É o momento de facer a túa pregunta.

- leonidas: ?

- moderador: Henrique, pregunta

- LoisR: Ola Galaec_, benvido/a ao chat con Xaime Bello, candidato do BNG á Alcaldía de Ferrol. Para participares envía unha "?" e logo espera a que o moderador che dea vez.

- moderador: Ben, parece que se nos despistou. leónidas, dálle.

- HENRIQUE: O concello de Ferrol debería incentivar os acordos de colaboración e desenvolvemento cos outros concellos da zona. ¿Que plans ten o BNG ó respecto?

- moderador: Espera, Leónidas.

- XBello: Afirmativo. Desde o Planeamento urbanístico, a prestación...

- antonio: ?

- XBello: de servizos, proxectos culturais e deportivos, tratamento de RSU...

- XBello: portenciación da Mancomunidade de Concellos...

- XBello: estamos de acorodo, Henrique, totalmente... outra

- LoisR: Ola Fabian, benvido/a ao chat con Xaime Bello, candidato do BNG á Alcaldía de Ferrol. Para participares envía unha "?" e logo espera a que o moderador che dea vez.

- moderador: Agora si, Leónidas. Podes facer a túa pregunta. Adiante.

- Fabian: "?"

- leonidas: E capaz vostede de facernos sacar un soriso na nosa faciana?.

- Pindo: Adeus a todos

- XBello: :) Podedes ver algunhas rodas de prensa de Cenalmor...

- XBello: para divertirse...

- V-Ferrol: ?

- XBello: eu estou algo serio porque as circunstancias o demandan...

- XBello: pero teño, coma calquera un bo sentido do humios. ZXa o comprobaredes... outra:)

- LoisR: Ola Xacaranda, benvido/a ao chat con Xaime Bello, candidato do BNG á Alcaldía de Ferrol. Para participares envía unha "?" e logo espera a que o moderador che dea vez.

- moderador: :)

- moderador: turno de Antonio. Pregunta.

- antonio: que pasara cos edificios desafectados de defensa, governo militar, castelo San Felipe,etc.?

- Xacaranda: ?

- XBello: Que terán función social relevante...

- XBello: o Castelo de San Felipe, que estivo desafectado, pero agora non está,...

- XBello: debe ser un Centro ligado á investigación científica do mar...

- XBello: centro cultural, museu e de usos turísticos e deportivos...

- Rosario: ?

- XBello: ralacionados co mar...

- XBello: Hai outras instalacións, como o Cuartel de Dolores, ou Sánchez Aguilera...

- XBello: que son moi impoirtantes para usos universitarios... outra

- moderador: O turno é agora de Fabian, que cremos se conecta dende Arxentina. Un saúdo e adiante.

- Fabian: Ante todo Boas Noites , hablo desde Buenos Aires y lamentablemente recien ingreso al chat, asi que disculpas por si ya han tocado el tema. Mi pregunta al candidato es ¿Que puede hacerse por los Emigrantes desde la oposicion debido a la actividad que realiza "nuestro" Amarelo de Castro?

- XBello: Hola, amigo Fabián...

- Fabian: Buenas noches Xaime

- XBello: desde o 13 de xuño, no goberno, preocupado polos ferroláns...

- LoisR: Ola cabezon, benvido/a ao chat con Xaime Bello, candidato do BNG á Alcaldía de Ferrol. Para participares envía unha "?" e logo espera a que o moderador che dea vez.

- XBello: e ferrolás no exterior, desde Internet potenciaremos a web...

- XBello: do concello como opunto de encontro entre todos nós...

- XBello: outra

- moderador: O turno é de Vieiros Ferrol. Veña.

- antonio: ?

- V-Ferrol: Por certo,..

- V-Ferrol: creo que este / o primeiro contacto de xaime Bello coa rede

- V-Ferrol: ...

- V-Ferrol: vamos...

- V-Ferrol: que nunca antes navegara pola rede....

- V-Ferrol: marease?

- moderador: O candidato quédanlle cinco minutos antes de marchar. Quedan as preguntas de Xacaranda, Rosario e Antonio e logo pechamos o chat.

- XBello: Non, amigo V-Ferrol, xa pasei a Marola...

- XBello: varias veces, e o grupo municipal do BNG participou...

- XBello: activamente na creación da Wweb no concello...

- XBello: Non te preocupes polo tanto, porque non hai...

- XBello: falñla de sensibilidade e interese por este novo meio... outra

- moderador: En todo caso, a web do concello está moi activa. O turno é de Xacaranda. Pregunta.

- Xacaranda: Ola, Xaime. Queria facerche duas preguntas. A primeira sobre como concibides o Consello Municipal da Lingua.. Refirome as suas funcions e composicion.A segunda non ten que ver coa tua condicion de candidato a alcaldia, senon como membro do Consello Nacional do BNG....

- Xacaranda: ¿Non cres que o BNG non esta aproveitando debidamente o seu sitio web?

- XBello: A respecto do Consello Municipal da Lingua...

- XBello: concebímolo como representación da institución, entidades, asociacións...

- XBello: empresas, etc. de cara á súa implicación no proceso de Normalización...

- XBello: Lingüística...

- XBello: Con respecto á Web do BNG, estarás conmigo en que é moi nova...

- XBello: e quizá precise algo máis de tempo, non?... outra

- moderador: Pregunta Rosario. Adiante.

- Rosario: Sociopoliticamente falando (puf, perdoade polo palabro), Ferrol é unha cidade de extremos: aí están os máis fachas e tamén os máis nacionalistas. A cidade parece ser que require medidas radicais... que faría vostede con todos os da outra banda?

- moderador: :)

- focampo: ?

- XBello: Aquí lles chamamos os da outra banda aos de Mugardos...

- Rosario: moi bo :-)

- XBello: se falas da dereita dereita, o mellor é colocalos...

- Rosario: pero responda... he, he

- XBello: o 13 de xuño na oposición, reducindo...

- XBello: ao seu grupo á mínima expresión... outra

- moderador: Antonio

- antonio: criara o BNG postos de traballo dende o concello, xa que teño entendido que non estan todolos postos de traballo do concello cobertos

- XBello: Xa respostamos a esta pregunta, cando falamos de completar...

- XBello: o plantel municipal cubrindo as súas prazas vacantes...

- XBello: e captando recursos de outras administracións, para...

- XBello: obras de infraestructura, servizos, etc. xeradoras de emprego...

- XBello: Tedes que discuñlpar, pero teño outros compromisos ineludibles...outra

- moderador: Focampo vai facer a derradeira pregunta do día. Adiante.

- focampo: no programa do bloque vin a palabra viuda xunto no grupo dos marxinados, que pensades facer por nos? falo dende Barcelona e son madre de familia que fan o resto da comunidade europea

- XBello: Evidentemente, se viches a palabra viuva nese lugar...

- XBello: é que cometimos un erro imperdoable...

- XBello: pedímosche disculpas a ti e a todas aquelas...

- XBello: persoas que se sentiran agredidas...

- XBello: Non obstante, esa condición é en moitas ocasións, tal e como están...

- XBello: as cousas, algo que leva a situacións difícis...

- XBello: e supoño que por iso aparece este tema no programa... outra

- moderador: Ben, témoslle que agradecer a Xaime Bello a súa participación neste chat, pese os seus moitos compromisos. Gracias. A continuación Vieiros comentará o programa previsto para mañá (o que todos estades convidados). Dende O Correo Galego e El Correo Gallego, máis nada. Un saúdo, graciñas, e ata mañá. Adiante, Vieiros. Insisto, moitas gracias, señor Bello.

- Vieiros: Moitas gracias a Xaime Bello, e tamén ao resto dos participantes. Lembrámosvos que aínda quedan dous chats con candidatos de Ferrol. O vindeiro será mañá ás 22.30 horas con Bonifacio Borreiros e o xoves á mesma hora con Juan Blanco. Agardámosvos! E pasade unha boa noite.

- leonidas: Boa sorte Sr.Bello e moitas gracias por respostar :)

- moderador: Boas noites a todos.

- XBello: Gracias a todos e a todas, e ate a próxima.

- focampo: gracias por responder ae adiante

- moderador: Boas noites, señor candidato.



Volver