Vieiros
Especial Eleccións 99: Chat con Xurxo de Vivero


- Vieiros: Ola a todos e todas e benvidos ao chat organizado por Vieiros e El Correo Gallego. Hoxe temos connosco a Xurxo de Vivero, candidato de EdeG/Os Verdes por Lugo.

- Vieiros: Agardamos un anaco a que chegue máis xente... e tamén o moderador...

- Moncho: Xa teño gañas de preguntar... :-DDD

- Vieiros: Agardade un segundo, que o moderador acaba de espertar da sesta... :-)

- Vieiros: Creo que podemos comezar por saúdar ao candidato...

- cona: sodes uns Darios

- Vieiros: ola

- Moncho: Ola!!!

- cona: Hola Rocio que hai de novo ?

- moderador: ola a todos

- moderador: boas tardes

- moderador: empezamos aquí o chat co candidato de EG á alcaldía de Lugo...

- Tagen: A ver Moderador, que horas son estas

- moderador: Xurxo de Vivero

- moderador: Perdón pola demora

- moderador: Señor candidato...

- moderador: Pensa que a súa formación acadará...

- moderador: algún concelleiro?

- x_vivero: Por suposto. E máis de un. Outra.

- moderador: A súa formación manexa algunha enquisa?

- moderador: propia?

- x_vivero: Non temos equisas propias, o que si estamos a seguir tódolos días o pulso da rúa...

- x_vivero: porque a nosa campaña baséase precisamente en eso e atopamos que hai moi boas perspectivas. Outra.

- moderador: vai agora vieiros

- Vieiros: O sector da esquerda está bastante disputado en Lugo. Que é o que vos diferencia a vós de formacións coma o BNG ou a mesma IU-EU?

- x_vivero: Hai unha cuestión que nos diferencia claramente...

- x_vivero: A nosa é a única forza que une a esquerda renovada e aberta cós ecoloxistas políticos, que somos os verdes...

- x_vivero: A unión destas dúas forzas é a que está a triunfar en moitos paises de Europa...

- x_vivero: como Francia, Alemania ou Italia.

- x_vivero: Outra.

- moderador: vai vieiros de novo

- Vieiros: Pero alí son independentes e logo alíanse coa socialdemocracia máis poderosa...

- Dario: ?

- Vieiros: Que programa aportades vós á parte do ecoloxismo?

- x_vivero: Tanto Esquerda de Galicia como Os Verdes de Galicia somos forzas independentes...

- Tagen: ?

- x_vivero: Aparte do ecoloxismo hai todo un programa políitco e social, por exemplo, un dos eixos do noso programa...

- x_vivero: é abri-lo concello ós cidadáns. O tema do emprego é tamén unha cuestión tratada polo miúdo no programa, igual que a xuventude e outros. Outra.

- moderador: vai dario

- Dario: ¿Cal é o seu proxecto para a conservación do inmenso patrimonio arqueolóxico e histórico da cidade, esquecido durante tantos anos e en condicións de conservación tan tristes?

- x_vivero: O proxecto para a conservación arqueolóxica, propoñemos que a meirande parte dos restos arqueolóxicos se conserven in situ e que servan como atractivo turístico para a cidade...

- x_vivero: e como unha lección de historia viva para os mesmos lugueses. En canto ó patrimonio histórico, nos propoñemos salvar todos aqueles edificios singulares que o goberno pasado do PP aínda deixou en pé, que non son moitos.

- x_vivero: Outra.

- moderador: vai tagen

- vlugo: ?

- Tagen: Que lles fai a vostedes coincidir mais con EG (ou co PSOE, como se veu no 97) que co BNG?

- x_vivero: Os Verdes sempre fumos partidarios de buscar unha alianza o máis ampla posible das forzas progresistas...

- x_vivero: e non se nos pode achacar a nós que outras forzas coma o Bloque non se sumen a esa ampla alianza de forzas progresistas de Galicia. Outra.

- moderador: vai v-lugo

- vlugo: Un dos logros máis importantes do actual goberno do PP están a ser as actuacións no Medio AMbiente, co Parque do Miño. ¿Que opinión lle merece?

- x_vivero: Toda a idea que ten o PP sobre o medio ambiente é crear un parque como o do Miño...

- x_vivero: con eso xa creen que son moi ecoloxistas, pero mentres fan este parque, deixan que o río se degrade...

- x_vivero: que se curten as carballeiras das beiras e deixan estragar a campiña luguesa. O Parque do Miño concretamente parécenos unha boa obra. Outra.

- moderador: señor candidato, que porcentaxe do presuposto do concello cre que debería ser dedicado a mellora-lo ambiente?

- Dario: ?

- x_vivero: Dicir números é arriscado. Dende logo, sustancialmente maior do que se adica agora. Hai que ter en conta que o ambiente é todo. Mellora-lo ambiente é mellora-lo tráfico e en resumidas contas é mellora-la cidade. Outra.

- moderador: vai dario

- Dario: ¿Que actuacións concretas sobre o medio ambiente recolle o seu programa?

- Moncho: ?

- x_vivero: Imos dicir só algunhas...

- x_vivero: Loita contra a contaminación acústica e máis concretamente contra o ruído causado polas motos a escape libre...

- x_vivero: 2.- Creación, dunha vez, do Parque dos Paxariños...

- x_vivero: 3.- Saíndo un pouco da cidade, a creación dunhas rede de pequenas reservas biolóxicas no entorno rural de Lugo, que se complemente como rutas turísticas coa visita do Lugo arqueolóxico e urbano e que deste xeito potencien a economía da cidade...

- x_vivero: 4.- Que o Concello promova unha loita contra a contaminación por chumbo da auga, que parece alta en moitos sitios da cidade e que se pensa que ven da vella rede de abastecemento dalgúns edificios. A contaminación por chumbo (plomo) é acumulativa e pode causar graves prexuízos á saúde. Podemos deixalo nestas catro a modo de exemplo. Outra.

- moderador: agora vai moncho

- Moncho: O poder adquisitivo das familias de Lugo é un ods máis baixos de Galicia e de España, o que leva a un deficit...

- Moncho: de vivendas asequibles a estas familias...

- Moncho: que solución aporta a estas familias que viven en condicións difíciles?

- x_vivero: Ese é un dos temas non directamente ecolóxicos que nos preocupan fondamente e que Esquerda de Galicia e o seu representante no Concello, Anselmo Sampedro, loitou moito por el no anterior mandato...

- x_vivero: Lembro un caso que tivo moita repercusión, como foi o apoio e a solución que lle deu Esquerda de Galicia ó caso dunha anciana na avenida de Madrid que iba ser botada da súa casa sen ningunha compensación...

- Dario: ?

- x_vivero: Para este mandato, temos un plan de creación de mil vivendas sociais que son absolutamente necesarias en Lugo, na cidade. Outra.

- moderador: ¿que ideas concretas e factibles ten o seu partido para mellora-la dramática evolución demográfica de Lugo?

- x_vivero: O primeiro que hai que facer para iso é que a xente nova non deixe o Concello...

- x_vivero: por mor de non ter emprego. Hai que facer unha cidade viva, atractiva para a xente nova, con empregos que poden ser creados por moitos medios, atraendo industrias limpas e ecolóxicas...

- x_vivero: con empregos directamente sacados da ecoloxía e o medio ambiente, e por outro lado tamén hai que loitar contra a precariedade no traballo, porque ninguén que sexa responsable se arrisca a ter fillos sen ter unha estabilidade laboral...

- Tonia: ?

- x_vivero: En Estados Unidos e en Alemania, a creación de emprego en empresas relacionadas directa ou indirectamente co medio ambiente é a fonte máis importante de creación de emprego e supera incluso á industria automovilística. Outra.

- moderador: vai dario

- Dario: ¿Que medidas establecería o seu partido para a colaboración cos concellos dos arredores, para vertebrar o interior da provincia? Servicos comúns, proxectos..

- Dario: (servicios, perdón)

- x_vivero: Esta é unha cuestión moi importante, porque non podemos entende-lo concello como algo illado. Por poñer un exemplo...

- x_vivero: de pouco vale que o Concello de Lugo se preocupe de te-lo río Miño pouco contaminado se o Concello de Rábade, augas arriba, fai verquidos contaminantes. Xa que logo, é imprescindible fomentar o intercambio de información e a colaboración con tódolos concellos dos arredores. Outra.

- moderador: vai tonia

- Tonia: Quixera saber se vostede vai impulsar desde o Concello a oferta de servicios ós cidadáns e cidadás desde a Internet

- Moncho: ?

- x_vivero: Por suposto. Hai que ter en conta que os ecoloxistas somos ferventes defensores de Internet, que é un medio de comunicación absolutamente limpo e non contaminante, e estamos seguros que este é o futuro...

- x_vivero: Se queremos que Lugo sexa unha cidade para o século XXI a potenciación de Internet é algo prioritario. Outra.

- Tonia: ?

- moderador: vai moncho

- Moncho: Lugo ten outra débeda histórica en canto a número de camas hospitalarias por habitante, e unha implantación cativa da Atención Primaria (menciña preventiva)?

- x_vivero: O tema da mediciña que afectan máis fondamente a calquer veciño e o home en xeral e polo tanto é un tema ó que temos que dedicar moita atención...

- Dario: ?

- x_vivero: con respecto á atención primária, nos defendemos unha mediciña máis persoalizada e que non se limite a ser un frío mercado de mediciñas senón que atenda ó paciente dun xeito individual. En Lugo é absolutamente necesario un novo Hospital, en eso estamos de acordo tódolos partidos, pero o PP quere montalo no sitio menos axeitado, nos terreos de Sanfiz, mentras que Esquerda de Galicia - Os Verdes sempre defendimos que o sitio en que tiña

- moderador: Ola Pelouro, benvido ó chat con Xurxo de Vivero

- x_vivero: Parece que esto se colgou un momento...

- x_vivero: Podería repetir o moderador a última pregunta?

- moderador: era sobre os hospitais...

- moderador: e o ratio de cama por habitante...

- moderador: ademais da escaseza na atencion primaria

- moderador: en Lugo

- x_vivero: Perdón. Posiblemente a resposta estaba a ser moi longa...

- moderador: xa tiña un anaco contestado

- x_vivero: Remataba dicindo que tódolos partidos estamos de acordo en facer un novo hospital, pero o PP quere facelo no sitio menos axeitado, en Sanfiz...

- x_vivero: cando ese hospital debe construirse nas Gándaras por todo tipo de razóns. Outra.

- moderador: agora vai Tania

- moderador: peron, Tonia

- Tonia: Si, a Internet é ecolóxica, pero para que funcione fai falta electricidade. ¿Chegaría con enerxía solar e eólica? ¿Qué se faría a curto prazo na cidade?

- x_vivero: En Galicia sobra electricidade...

- x_vivero: sen necesidade de aumentar estas fontes de enerxía...

- Vieiros: ?

- x_vivero: Con respecto á enerxía solar e eólica, Os Verdes e Esquerda de Galicia defendemo-la súa aplicación, pero non dun xeito...

- x_vivero: indiscriminado, como se está a facer agora...

- x_vivero: temos o exemplo de parques eólicos, como o previsto para a Serra do Xistral, que está a destruir un ecosistema dos máis valiosos de Galicia. Outra.

- moderador: Turno para darío

- Dario: Moitas estradas da cidade (do interior da cidade) son verdadeiros patatais. A nivel de infraestructuras viarias, que se pode facer para melloralas e incrementalas sen causar dano ó contorno urbano nin contaminar de máis (o caso que citaba antes do ruído)?

- x_vivero: AS rúas do interior teñen que ser unhas rúas dignas...

- x_vivero: non aumenta a contaminación, máis ben ó contrario, o andar por unha rúa ben asfaltada que por unha chea de baches ou lama...

- x_vivero: Para loitar contra a contaminación dos automóviles o que hai que facer é apoiar e mellora-lo transporte público...

- x_vivero: e facelo atractivo ós cidadáns. Outra.

- moderador: agora Vieiros

- Vieiros: Falabamos antes da enerxía eléctrica? Que faría contra a explotación de recursos (de caracter totalmente colonial) que están a facer aquí as eléctricas? Que faría contra iso?

- x_vivero: Contesto, aínda que non se trata de medidas municipais...

- Moncho: ?

- x_vivero: É certo que Galicia e xa que logo, Lugo, están a sufrir un tratamento de país terceiromundista explotando fortes de enerxía (a eléctrica, por exemplo) sen que cheguen os beneficios que lle corresponden....

- x_vivero: Outro síntoma de ese tratamento terceiromundista e a eucaliptización de Galicia...

- x_vivero: e, relacionado coa enerxía, hai que seguir a loitar contra os grandes pantanos que ameazan o país, coma pode ser o previsto no Umia. Outra.

- moderador: O mais importante, segundo vostede, é o medio ambiente...., que ademais, segundo di, xeraría emprego... pero en ningún caso estaría disposto a cambiar medio ambiente por postos de traballo

- x_vivero: Esa contraposición medio ambiente / posto de traballo non é aceptable hoxendía...

- x_vivero: Se se dera o caso de que se creara un posto de traballo e se estragara o medio ambiente, cousa moi improbable...

- x_vivero: pode estar seguro que por ese posto de traballo creado se perderían catro ou cinco máis. Hai varios exemplos disto. Outra.

- moderador: vai moncho

- Dario: ?

- Moncho: O plan, SOGAMA que tanto alaba o PP, ¿Por que os ecoloxistas non coinciden con esta idea?

- x_vivero: O plano SOGAMA non é ecolóxico, como di a Xunta, senón fondamente antiecolóxico, xa que está baseado na incineración...

- x_vivero: non elimina o lixo, senón que o espalla por todo o aire e, por exemplo, xa que está de triste actualidade, un dos principais...

- x_vivero: productores de dioxinas é a incineración de certos productos como o PVC...

- x_vivero: En Francia detectouse dioxinas no leite das vacas que estaban perto dalgunhas centrais incineradores..

- moderador: Ola, V-Vigo, benvido ó chat con Xurxo de Vivero

- x_vivero: se eso pasa en Galicia pode ser un golpe de morte para o sector gandeiro e leiteiro. Outra

- V-Vigo: Ola

- moderador: vai dario

- Dario: A muralla de lugo é o símbolo da cidade. Diversos colectivos estiveron a realizar actos para reivindicala como Patrimonio da Humanidade, proceso xa en marcha. ¿Como ve as posibilidades? ¿No caso de conseguilo, como se pode potenciar o seu coñecemento exterior e a súa rendabilidade para o turismo?

- x_vivero: A Muralla é o gran símbolo de Lugo, xunto co río Miño...

- x_vivero: Esquerda de Galicia - Os Verdes pensa que unha Muralla romana conservada en todo e seu perímetro coma a de Lugo...

- x_vivero: ten que ser declarada Patrimonio da Humanidade. Esta declaración potenciaría moitísimo as posibilidades turísticas da cidade...

- x_vivero: pero habería que acompañar este feito con outras melloras a cidade e no seu entorno. Outra.

- moderador: Para xestionar un concello fan falta moitos técnicos, nopn só de medio ambiente.....

- moderador: Ten o seu partido expertos, por exemplo....

- moderador: en asuntos económicos?

- x_vivero: É certo. O noso partido, Esquerda de Galicia - Os Verdes leva varios destes expertos na súa candidatura e ten contactos con outros máis que estarían dispostos a colaborar con nós en canto entremos no Concello...

- Tonia: ?

- x_vivero: Efectivamente, é algo moi importante que xa tivemos en conta. Outra.

- moderador: vai tonia

- Tonia: ¿Que opina de deixa-los centros urbanos sen coches?

- x_vivero: Somos partidarios claros da peatonalización, de recupera-la cidade para a xente, pero unha peatonalización se máis pode chegar a ser negativa...

- Dario: ?

- x_vivero: as zonas peatonais teñen que ser zonas atractivas, dinámicas, e o Concello ten que tomar parte activa en facelas vivas e mesmo con dinamismo económico. Outra.

- moderador: vai dario

- Dario: En Lugo fálase moito do centro histórico. Sen embargo, o goberno do PP deixou moi á marxe os barrios da periferia, que están deixados da man de Deus. Qué medidas tomaría o seu partido de gañar as eleccións?

- x_vivero: Un dos nosos puntos básicos é o reequilibrio da cidade...

- x_vivero: Unha cidade que ten o centro moi arranxado pero que ten, como lle pasa a Lugo barrios totalmente esquecidos, é unha cidade antiecolóxica...

- Moncho: ?

- x_vivero: A ecoloxía, o medio ambiente, son dereitos de tódolos cidadáns, non son ningún luxo, polo tanto nós adicaremos unha especial atención ós barrios para que pouco a pouco cheguen a ter o mesmo nivel de calidade...

- x_vivero: de vida que o centro da cidade. Outra.

- moderador: vai moncho

- Moncho: A cea de Olga, nace como un proxecto urbanístico modélico...

- Moncho: que desgraciadamente coa súa modificación pola corporaciópn coa maioría do PP...

- Moncho: pasará a ser unha urbanización máis... como Carerro Blanco... ¿Cal é a súa opinión?

- x_vivero: Efectivamente, isto é así i é unha mostra de que a cidade, có goberno do PP está en mans dos constructores...

- x_vivero: que pouco a pouco foron apoderándose dese plano que no seu inicio era, se non modélico, bastante aceptable, e fóronlle dando máis alturas ós edificios...

- x_vivero: foron collendo máis zonas para a construcción, se foron cortando carballeiras, en definitiva, foron estragando un barrio que tiña moitas posibilidades...

- x_vivero: O caso de Carrero Blanco é o vivo exemplo do que non ten que ser unha cidade. Outra.

- moderador: algunha pregunta mais?

- moderador: Señor candidato, unha última observación?

- x_vivero: Dicir nada máis que Esquerda de Galicia - Os Verdes vai estar presente no novo goberno plural que vai ter Lugo no próximo mandato...

- x_vivero: e que faremos todo o posible para que os lugueses volvan senti-lo orgullo e a satisfacción de ser desta cidade...

- x_vivero: Moitas gracias por esta oportunidade...

- x_vivero: que a través dun medio tan fascinante coma Internet se lle brindou a Esquerda de Galicia - Os Verdes.

- moderador: Dámoslle-las gracias a Xurxo de Vivero e despedímonos del e de tódolos internautas en nome de El Correo Gallego / O Correo e Vieiros

- moderador: Antes de marchar, indicámosvos que haberá un novo chat...

- Vieiros: Lembrámosvos que ás 22.30 desta noite haberá outro chat con Xaime Bello, candidato do BNG en Ferrol

- moderador: ás 22.30 horas ...

- moderador: con Xaime Bello, candidato do BNG...

- moderador: á alcaldía de Ferrol.

- moderador: Adeus



Volver