
| Toda a información sobre líderes, programas e listas das candidaturas europeas. |

| Para te achegares á realidade do Parlamento Europeo e o seu proceso electoral |

| Evolución do voto nas eleccións europeas doutros anos como referencia para as do 99 |

| Os inquéritos de distintos medios coas previsións de voto nas eleccións europeas |

| Fai preguntas, críticas ou propostas aos candidatos que quixeres. |
|
 |
Rosa Miguélez
primeira candidata galega polo PSOE ao Parlamento Europeo

Rosa Miguélez, candidata ao Parlamento Europeo polo PSOE.
Liña directa co candidato, faille as túas preguntas, críticas ou suxestións. |
- Natural de Ferrol, ten 46 anos.
- É licenciada en filoloxía Romnica e foi alcaldesa do Concello de Ares.
- Deputada autonómica na III Lexislatura, detendo o cargo de Vicepresidenta da Mesa da Comisión de Sanidade, Traballo e Servicios Sociais, con responsabilidade específica en temas de emprego e servicios sociais; tamén foi membro da comisión de Pesca na mesma institución, desempeñando ao mesmo tempo as funcións de concelleira e portavoz do Grupo Municipal Socialista no Concello de Ares.
- Foi membro da Comisión Executiva Nacional Galega, sendo a Secretaria Executiva da Área de Participación Cidadá e Movementos Sociais.
- Durante o Goberno tripartito, foi asesora do Coselleiro de Traballo e Benestar Social e Xefa de Gabinete do Conselleiro.
- Secretaria da Comisión Interdepartamental da Muller, primeiro organismo que se crea na Xunta de Galicia destinado á promoción das políticas de igualdade, con rango de Directora Xeral.Desde 1994, desempeña o seu traballo no Parlamento Europeo en Estrasburgo, sendo unha das súas responsabilidades facer seguimento da Comisión Parlamentaria de Política Rexional e tamén da dos Dereitos da Muller e Cooperación ao Desenvolvemento.
Candidatura do PSOE para o Parlamento Europeo
Programa do PSOE para o Parlamento Europeo
|
Vieiros | Especial Eleccións99
|