Vieiros  
  Especial Eleccions 99



Linha directa
Toda a información sobre líderes, programas e listas das candidaturas europeas.


Eleccions anteriores
Evolución do voto nas eleccións europeas doutros anos como referencia para as do 99


Intencion de voto
Os inquéritos de distintos medios coas previsións de voto nas eleccións europeas


Linha directa
Fai preguntas, críticas ou propostas aos candidatos que quixeres.


Achegamento ao Parlamento Europeo

 

  • Introducción
    Nun principio o Parlamento Europeo estaba formado polos representantes dos Parlamentos nacionais. As primeiras eleccións por sufraxio universal non se produciron ata 1979. É a única asemblea parlamentaria plurinacional elixida por sufraxio universal directo no mundo. Cada cinco anos os electores teñen unha cita coas urnas para elixir aos seus deputados, que actualmente representan a 370 millóns de europeos.

  • Representantes
    O número de representantes e a súa distribución por países atente a criterios económicos (como o P.I.B.) e demográficos. Agora hai 626 eurodeputados, dos cales 64 son elixidos polo Estado español.

    Na pasada lexislatura houbo catro representantes galegos:

    Gerardo Fernández Albor (PP)

    Carmen Fraga (PP)

    Daniel Varela (PP)

    José Domingo Posada González (CG)

  • Estructura do Parlamento:

    1 presidente

    14 vicepresidentes

    Mesa: O presidente, os 14 vicepresidentes, máis 5 cuestores administrativos

    Mesa ampliada: Os integrantes da Mesa anterior máis os presidentes dos distintos grupos políticos

    Grupos políticos

    20 comisións parlamentarias

    Secretaría xeral (labores informativos)

  • Funcións do Parlamento:
    Na súa primeira etapa só tiña poder consultivo sobre as propostas da Comisión ao Consello de Ministros. Sen embargo, a Acta Única Europea, que entrou en vigor o 1 de xullo de 1987, reforzou considerablemente ese poder.
    O Tratado de Maastricht tam;en reforzou a posición do PE dentro do sistema comunitario: agora o PE dispón de poder orzamentario, lexislativo e de control:
    • Poder orzamentario: o PE aproba ou rexeita o orzamento da UE e controla a súa boa xestión, o que conleva tamén a prevención e represión do fraude.
    • Poder lexislativo: participa no proceso lexislativo da UE por medio de catro procedementos: consulta, cooperación, dictame conforme e codecisión
    • Poder de control: poderes de control democrático sobre a Comisión, á que pode censurar, obrigándoa a dimitir en bloque. Asimesmo, os deputados poden preguntar regularmente aos comisarios ou aos ministros sobre as súas propostas ou decisións.
     
     

Vieiros | Especial Eleccións99