Programa do PSOE para as Eleccións Europeas
Os nosos compromisos son os "21 compromisos para entrar no século XXI", contidos no Manifesto do Partido dos Socialistas Europeos, no que participan todos os partidos socialistas, laboristas e socialdemócratas da UE:
!. Dar prioridade ao emprego: reparto máis flexible do tempo de traballo, establecer vencellos máis estreitos entre os sistemas educativo e productivo e incentivar a apariciónde novos xacementos de emprego vinculados a novas tecnoloxías, á xestión e preservación do medio ambiente e á creación de novos servicios sociais.
2. Traballar polo crecemento: estreitar a coordinación das políticas económicas poñéndoas ao servicio dun crecemento sostible, principal obxectivo: xerar emprego estable ao servicio do benestar
3. Promover a Europa Social: impulsar a Carta Social europea para garantir os dereitos sociais dos cidadáns, adoptar medidas para reforzar o modelo social europeo, impulsar o diálogo entre os actores sociais.
4. Conseguir que o euro sexa un éxito: poñer a moeda única ao servicio das preocupacións dos cidadáns europeos como instrumento para o crecemento económico sostible, o emprego e a estabilidade.
5. Culminar o mercado único: garantir un acceso libre e igual a todas as empresas europeas, favorecer a creación de emprego co desenvolvemento do comercio.
6. Promover a educación, o coñecemento, a capacidade e a tecnoloxía
7. Consolidar os dereitos cidadáns
8. Axudar aos mozos ante o século XXI
9. Concretar a igualdade entre mulleres e homes
10. Loitar contra o racismo e gobernar os fluxos migratorios
11. Asegurar a protección da saúde e un medio ambiente sán
12. Fortalecer Europa coa súa diversidade cultural
13. Reforzar a seguridade e loitar contra a criminalidade
14. Achegar Europa ao cidadán
15. Facer fronte aos retos da globalización
16. Unir Europa: levar a cabo un proceso de ampliación a través de negociacións serias e detalladas, establecer o financiamento necesario e reformar as institucións da Unión co fin de culminar a adhesión dos novos Estados membros o antes posible.
17. Actuar xuntos no mundo pola paz, a seguridade e a prosperidade: desenvolver unha colaboración máis estreita e reforzada en política exterior, fortalecer a capacidade para previr conflictos e facer fronte a crises en materia de seguridade.
18. Fomentar a solidariedade coas outras nacións
19. Reformar as políticas da Unión Europea: proseguir a reforma das políticas europeas coa fin de facelas máis xustas e eficaces: Política Agrícola Común, Fondos Estructurais e de Cohesión,...
20. Reformar os orzamentos europeos: destinar os recursos económicos suficientes para desenvolver con eficacia, transparencia e imaxinación as políticas da Unión, buscar novas fontes de investimento, manter a disciplina orzamentaria e mellorar a eficacia na xestión financeira.
21. Reformar as institucións da Unión Europea: facéndoas máis abertas, eficaces e democráticas
Vieiros | Especial Eleccións99
|