Consellaria de Vivenda
Open Vieiros

Vieiros

Relato Rosa Aneiros
Vieiros de meu Perfil



Informe 'Contaminación por plásticos nos océanos'

O mar é receptor anualmente de máis de 6 millóns de toneladas de lixo

09:00 - Os desperdicios que habitualmente deixa o turismo costeiro, o que chega vía augas residuais, o lixo producido pola actividade pesqueira, os refugallos que guindan desde os buques... Avaliouse que nos océanos hai até 13 mil fragmentos de plástico por km2.

Manifesto en lembranza do caso

Egin: nove anos despois dun peche que contribuíu a "criminalizar ideas"

11:27 - A presunta vinculación coa ETA foi a escusa para o peche de Egin e Egin Irratia. A primeira das agresións á liberdade de expresión que seguiron contra Egunkaria e Ardi Beltza.

Cualifican de "improvisadas" as decisións

O PPdeG critica o "afán escurantista" de Medio Rural cos datos dos lumes

09:00 - "Ocultar non vale de nada", reprochoulle este luns o presidente do PPdeG, Alberte Núñez Feijoo, ao conselleiro do Medio Rural, ao respecto da súa decisión de limitar este verán a información sobre incendios.

A noticia pola ti

Nigrán pide a adhesión á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

10:45 - Fito histórico logo do cambio de goberno nun concello onde a presión urbanística dos últimos 15 anos provocou un encarecemento da vivenda insostíbel para a maioría dos veciños nativos da comarca. Cóntannos no OpenVieiros.

Últimos días para participar

Conta atrás para A Polo Ghit!

12:32 16/07/2007 - Queda menos dunha semana para enviardes as vosas cancións: este sábado 21 coñeceremos as últimas participantes do ano.

A institución constitúese este mércores

Complícase a negociación PSdeG-BNG para a Deputación da Coruña

09:00 - Os nacionalistas cualifican de "excesivo presidencialismo" a proposta do PSdeG, advertindo de que o pacto é "moi difícil".

INVESTIGAN POSÍBEIS IRREGULARIDADES

Na Estrada as obras fanse antes de estar contratadas

1

12:13 - O novo goberno estradense descubre traballos feitos sen que aínda se adxudicaran.

CONTINÚA DIVERSIFICANDO A SÚA FORTUNA

Jove inviste 37 millóns nunha empresa dedicada á exploración de xacementos petrolíferos

13:20 - O empresario coruñés controlará o 40% da compañía que ten os seus intereses no mercado latinoamericano.

DEFENSA DO PATRIMONIO

O Premio de Arquitectura Xosé Henrique Rodríguez Peña distinguirá os mellores traballos de rehabilitación

12:41 - O galardón nace cando está a piques de cumprirse un ano da morte do político e arquitecto ourensán.

Os tres grupos xa acordaran creala na negociación estatutaria

Para cando a Axencia Tributaria galega?

7

09:00 16/07/2007 - Desde PPdeG e PSdeG opinan que sería posíbel creala mesmo sen reformar o Estatuto, aínda que non a consideran prioritaria. O BNG sostén que Galiza "queda atrás" se non avanza no mesmo camiño que...

"Limpa a túa roupa de inxustizas"

Esíxenlle a Inditex que informe os accionistas da vulneración dos dereitos de quen fai a roupa

1

18:56 16/07/2007 - Dentro da campaña "Roupa Limpa", a ONG galega Amarante vaille formular varias preguntas á Xunta de Accionistas do grupo téxtil galego.







Banner Mar por Medio


Outras novas

SITUACIÓN DO ENSINO

As universidades de Cataluña imparten máis do 63% das aulas na lingua propia

10:54 16/07/2007 - Un informe denuncia que nas Baleares a porcentaxe baixa a un 51% mentres que en Valencia até un 1,11%


Carlos Aymerich e Ermitas Valencia apoiaron a Eduardo Álvarez

Un membro da Mesa vai a xuízo acusado de inxurias polo xuíz decano da Coruña

17:30 16/07/2007 - Eduardo Álvarez foi denunciado polo xuíz decano Antonio Fraga Mandián por aldraxes, tras solicitar o uso do galego nunha notificación xudicial.

Terá competencia para propor accións

Créase a Comisión contra o Racismo e a Xenofobia

Medio milleiro de persoas fala esta lingua celta

O manés renace como lingua materna

Unha empresa que naceu case sen querer

Kukuxumusu: "Bicos de pulga" para 80 países

Propoñen crear un rexistro xeral de obstetras obxectores

A Ordem dos Médicos salienta fallos na lei do aborto

EXPOSICIÓN NA GALERIA LASSALETTA: BENJAMIN PALENCIA

Paisaxes e pictogramas do neno que "non sabe debuxar"

Do 16 ao 26 de xullo

Quince anos de jazz en Pontevedra