|
|
|
|
O 21 de decembro de 1980 o pobo galego votou maioritariamente a favor do
Estatuto de Autonomía de Galicia. "Anque chova, vota" foi a frase coa que
comezou a democracia en Galicia e acadamos unha "autonomía de primeira". A
partir daquel día neboento e chuvioso somos unha 'nacionalidade histórica',
pero polos pelos: aquel día o 72% do electorado decidiu absterse, co que o
recén nado Estatuto vía a luz fraco de forzas. Dende aquel entón ata hoxe, non se prodigou moito o debate sobre o texto aprobado, pero poderiamos dividir a sociedade en tres partes: os que cren que está ben así e polo tanto hai que deixalo tal cual, os que cren que non abonda e os que tanto lles ten unha cousa coma a outra. Pero o debate que queremos presentar é paralelo a estes tres supostos bandos: ¿Serviu o Estatuto para afirmar a identidade galega? ¿Serviu para potenciar a nosa lingua, a nosa cultura? ¿Para que avanzasemos politicamente no autogoberno? ¿Para un mellor desenvolvemento económico de Galicia? Na rede podemos atopar o seguinte en relación co Estatuto de Autonomía. -Texto completo do Estatuto de Autonomía de Galicia - Parlamento de Galicia - Estatuto de Autonomía de Cataluña - Estatuto de Autonomía de Euscadi - O Estatuto de Autonomía, 20 anos despois, interesantísima editorial da revista Tempos Novos na que se fai unha análise do que significou o Estatuto de Galicia para o posterior desenvolvemento do país. - "Erase unha vez un día que choveu", artigo de Xelís de Toro sobre o día do Referéndum polo Estatuto |