Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Escáneres

10:11 22/02/2007 / A REDE SOCIAL DE NOVAS PUBLICOU MÁIS DE 12.600 HISTORIAS DE 3.000 FONTES DIFERENTES

Chuza! cumpre un ano con máis de mil usuarios inscritos

Xa hai un ano que naceu Chuza!, a rede social galega de novas na internet. Pouco antes das once da noite do 20 de febreiro de 2006 abríase ao público o acceso a chuza.org. Daquela só contaba con nove usuarios rexistrados, outras tantas historias publicadas e quince pendentes.