Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


"GALICA vs. IRLANDA" FOI UN DEBATE ORGANIZADO POLO COLEXIO DE TELECOS

Leccións a aprender do “boom” irlandés

É posíbel aplicar a receita do milagre tecnolóxico irlandés a Galiza? En opinión dos expertos reunidos hoxe en Santiago e do conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, si que o é. A chave pasa por investir os fondos de Bruxelas en novas tecnoloxías e formación, tal e como fixeron os irlandeses durante vinte anos, segundo explicou o profesor da Universidade de Santiago, Carlos Ferrás.

Manuel Vilas - 17:23 14/05/2007
Esta política é a que está aplicar hoxe a Xunta, dixo Fernando Blanco. O conselleiro asegurou que cómpre "deixar de ser simples consumidores de novas tecnoloxías para pasar a ser produtores de equipos e de contidos".

Malia boas intencións, o certo é que a distancia que separa a Galiza de Irlanda é considerábel. Por exemplo, na illa o 11,6% do que facturan as empresas provén do comercio electrónico. En Galiza non chega ao 1%.

O portugués é útil na sociedade da información
Para Carlos Macía, investigador do IDESGA, a clave para superar esta fenda dixital non é só cuestión de infraestruturas. "Cómpre facer ver os cidadáns que as novas tecnoloxías son útiles para a súa vida cotiá" sinalou o investigador, autor dunha tese na que se compara o modelo de desenvolvemento tecnolóxico nos dous países.

A importancia da lingua inglesa no "boom" irlandés foi outro dos aspectos analizados. En opinión de catedrático da Universidade de Cork, Patrick O'Flanagan, o dominio deste idioma en Irlanda foi clave no despegue inicial do país, pero non é abondo para explicalo.

Ferrás argumentou que, do mesmo que os irlandeses usaron a fala inglesa para facerse un espacio na sociedade da información, os galegos poden usar a súa proximidade lingüística co portugués e o castelán para atraer inversións foráneas.

Recuperar o capital da emigración

Os investimentos do "lobby irlandés" (os emigrantes deste país nos EE.UU.) é outro dos factores que explican o progreso económico de Irlanda, segundo O`Flanagan. Carlos Ferrás demandou que a Xunta abandone as políticas de emigración baseadas no "sentimentalismo" e convenza aos galegos que fixeron fortuna en Latinoamérica que Galiza é unha boa opción para investir.

En todo caso, o profesor O`Flanagan destacou a necesidade de non mitificar o progreso irlandés. "Este avance económico logrouse a cambio dun prezo social" sinalou o catedrático, quen lembrou que os servizos públicos galegos en aspectos como a sanidade son mellores cos irlandeses.

Estes argumentos foron presentados no debate "Galicia vs Irlanda, cambio económico e desenvolvemento da sociedade da información" organizado polo Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia no Hotel Porta do Camiño de Santiago.

Novas relacionadas

Sen ADSL ao carón do Obradoiro

Os cidadáns que viven en áreas sen acceso de alta velocidade xa poden consultar cando e como se van poder conectar. O Ministerio de Industria acaba de...

ADSL, desequilibrio territorial a prol duns poucos

O incremento de ofertas dos operadores de internet anunciando prezos cada vez máis baixos por velocidades de conexión cada vez maiores no ADSL é ben...

Galiza e Irlanda, dúas fisterras europeas

O Departamento de Historia Contemporánea da USC e o Consello da Cultura Galega organizan do 21 ao 24 de abril o congreso 'Galiza-Irlanda: dúas...

A volta

En Irlanda existen case 42 computadores por cada 100 habitantes. No Estado hai 20 ordenadores por cada 100 cidadáns.

A volta

A porcentaxe de irlandeses que usa os computadores é de máis do 31%. En Galiza non chega ao 11%.

A volta

O 11,6% da facturación das empresas irlandesas proviña en 2004 da vendas a través da Rede. En Galiza era inferior ao 1%.

5/5 (2 votos)

Comentarios (3)

Tino #1 30/Xullo/2007 Tino

Non piores anos da época Fraga, o poder q exercian sobre os medios chegaba a tal punto de exercer ese poder na opinión pública: en concreto, nunha das poucas asignaturas da Facultade de Económicas onde se promovia a participación dos estudantes, do emérito profesor Olariaga, un grupo de estudantes analisaron as posibilidades de Galiza frente Irlanda.
A conclusión foi q Galiza tiña potencialidades pero q non as podia desenvolver pola dependencia a Madrid.
Resulta q agora cambiaron as tornas: Q non volva o PP nunca mais por favor!!!!!!!!!!!

DeusExMachina #2 31/Outubro/2007 DeusExMachina

Irlanda é un modelo a seguir por calquer país do mundo non só Galicia, no plano das novas tecnoloxías, porque no plano social creo que en moitos aspectos Galicia vai un poco por diante

PedraCorado #3 3/Abril/2008 PedraCorado

Assunto: Muito bom este facto histórico feito pelo Galeguismo.

Sou galego tenho metade da minha vida vivido fora da Galiza. Devido à minha profissão tenho estado na Argentina, Brasil, Alemanha, Inglaterra, Japão e agora estou em Portugal.
Isto dá-me uma visão diferente sobre a situação da Galiza. A maioria dos portugueses e galegos quase desconhecem que são o mesmo povo e que antes da colonização da Galiza pelos castelhanos tivemos um passado comum com sete séculos falando e escrevendo a mesma língua o galego/português.
Para um galego como eu que vive no exterior é humilhante saber que não temos o direito de escrever o nosso idioma na ortografia actual e ainda ver a RAG a fabricar uma outra escrita para nos isolar do mundo dos irmãos da fala. Depois de sofremos tantos séculos de opressão e humilhação cultural e económica com a colonização castelhana o mínimo que os galegos mereciam era recuperar o atraso e deixarem-nos escrever o nosso idioma actualizado na norma ortográfica do galego/português. Temos uma das línguas mais faladas do mundo. Inventar regras ortográficas quando já as temos solidificadas e de extrema utilidade só pode ter o objectivo de destruir a cultura galega e isolar-nos. A escrita deve ser um meio para comunicarmos e não para separar povos com a mesma origem como pretende a RAG. Por isso concordo e apoio o Senhor Galeguismo e reafirmo:
Acabe com as enfermidades do nosso idioma resultantes da colonização castelhana. Escreva puro galego do século XXI com a norma ortográfica do português actual.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Ferrás, Blanco, O'Flanagan e Macía foron algúns dos relatores / Foto:Manuel Vilas
Ferrás, Blanco, O'Flanagan e Macía foron algúns dos relatores / Foto:Manuel Vilas