Vieiros

A polo ghit 08

radio galega

Para poder comentar ou votar é preciso estar rexistrado/a en Vieiros.
Se xa estás rexistrado/a, podes acceder dende este formulario.

Se non estás rexistrada/o podes facelo aquí

Lista de participantes
info, bases, novas

¿Queres ver a edición do ano pasado?

logo apologhit 07
Dúo Estúpido Mascalzone

Moito roncha (4)

Moito roncha (4) Dúo Estúpido Mascalzone é o proxecto virtual de dous adoradores da semicorchea... Dúo Estúpido Mascalzone é un holograma no que abanean dous ciborgs reproducindo exactamente as conductas máis estrafalarias do mandril... no tanto das máis pseudoelegantes de outros homínidos do planeta Xpirienss... Dúo Estúpido Mascalzone é o máximo expoñente da denominada Música Watercloset ou Música de retrete... e, tamén, Música para tirar da cadea... Dúo Estúpido Mascalzone. Dancing on the rocks. Party nos outeiros. Resaca canfurneira de intrumentos que non deixa de bourar. Descoordinación estética. Pseudopseudismo asincrónico... E no medio: o centro.

Sete rapazolos nunha discotasca / apurando os grolos para espantar a resaca. / Sete fendetestas. Sete especialistas / coas fosas cheas de pelochos e fariña... //  Politoxicómicos metidos nun baño, / con cilindros cónicos e polviños brancos. / Xogos malabares, tipo equilibrista... / Pechando os bares. Atracón de pista en pista... //  Loncha, loncha, moito roncha... (bis) //  Sete Kamikazes. Sete peloenpeito. / Sete maleantes co fuciño desfeito. / Sete liñas finas: Sete veces sete. / Sete piltrafillas chasqueando os dentes... //  Carrusel de flatos; xeitos de mandril; / ollos como platos e potencia viril. / Saga de vampiros coa espoleta / lista para máis tiros ó toque de retreta... // Loncha, loncha, moito roncha... // Sete aguiluchos de afiada pouta. / Sete bós pestruchos e unha bolsa que os arrouta... / Sete milicianos disparando balas; / nachas con gusanos ancoradas nas barras... //  Sete supramasters. Sete cocodrilos, / de venres a martes baleirando os bolsillos... //  Loncha, loncha, moito roncha...


0 votos

79 Comentario(s)

Franl - 25/05/2008 11:00

Franl  Que preciosos diseños para a estética do APOLOGHIT de este ano. Ben pola creatividade galega.

cachisnamar - 25/05/2008 05:50

cachisnamar  ghrandes onde os haxa!!!!!!!! Moito roncha apologhit!!!! será o temas do verán!!!!!!!!!!!!!

bankrobber - 25/05/2008 06:57

bankrobber  cojonudo!! os Modern Talking do fondo do cortello

capikaspa - 26/05/2008 02:49

capikaspa  ¡Cajo no demo, rapaz, que dous tolos se arrexuntaron desta ves! ¡E a músixa agradéceo! Temazo. ¡Forza Paco Libretas e Antón!

bankrobber - 26/05/2008 04:47

bankrobber  Anton! ya vote!, llamame para darme el dinero ;D

RiQee - 26/05/2008 10:09

RiQee  eu esta canción xa escoitei nalgun sitio...?

Cleoninha - 27/05/2008 03:13

Cleoninha  Mui boa

forza4 - 28/05/2008 11:27

forza4  Bueno... algo estrana, pero bueno... penso que con posibilidades..¡Adiante Apologhit! :)

chancho - 31/05/2008 04:40

chancho  moito roncha... moito roncha... e moito pseudopseudismo...

lafer - 01/06/2008 03:14

lafer  é coma a vida mesma, a letra e a música.

nomediodomar - 01/06/2008 04:56

nomediodomar  toni, milocho non tiñades outra foto? asi non ligaredes nen cando se pagan as luces na festa ;-)DDD un voto dende o mar pequeno!!! asdo: un que abriu unha franquicia de batisweider nunha praia ;-D

louren - 02/06/2008 10:00

louren  roncha roncha... ta ben o conto

DoutorEsweider - 02/06/2008 11:02

DoutorEsweider  Sr. nomedio: Os anos de rouco and roll non pasan nun balde!!

nomediodomar - 03/06/2008 08:55

nomediodomar  Meu querido amigo esweider: hoxe en dia hai botoxx, implantes capilares pero sobre todo: photochof!!!! xa vos vexo facendo versións de eros ramallozza... pero senón vídevos a dar uns baños canda a min que iso cura o reúma e a artrose!! ;-DDDDDDD

kaskada - 05/06/2008 03:39

kaskada  a letra do tema é educativa, constructiva...o fío musical do penal de teixeiro!!

DoutorEsweider - 05/06/2008 10:27

DoutorEsweider  Como dixo a grande: o mal está no pensamento de cada un!!

papuxa70 - 06/06/2008 12:40

papuxa70  Antón papaqueixos + Fran ofermoso Amil.A cançom cantábana os tres trebóns e mailo vendaval do Rosal pero con máis canha.Semella unha dos diplomáticos

Franl - 09/06/2008 06:48

Franl  Veramente Papuxa70. Da justo ver como a xente ten memoria histórica... Ah, que tempos eses de rocktrebónico... Queremos máis Trebóns... e máis Castañazorrós... e todo Nomediodomar. Saúdos, dun politoxicómico metido nun bañomaría...

Franl - 09/06/2008 06:51

Franl  Capikaspa, espero que dés moitos jaquemate polo iternés e moitas gracias polo teu apoio... O que ten gusto, ten gusto e o que non, disgusto... Moitos bicos Chesschampion

Franl - 09/06/2008 06:56

Franl  Doutor esweider, there is a hole in my bucket, in my bucket. There is a hole in my bucket. In my bucket, a hole. ¿Non terá usted un petirodáctilo escrequenado de Winchester (Uk)? ¿e un onthehills pouco feito? ¿existen os orcorrinolaringólogos? Saudos. Botaselle de menos (así como outras veces de máis, je,je)... De Campo!!!

lordcheiro - 09/06/2008 08:45

lordcheiro  A cuestión é simple: (gran música + letra espectacular)*2chanchomasters = canción gañadora

Wsobchak - 09/06/2008 11:40

Wsobchak  O que é evidente é que Mr Dias ten un universo poetico ben definido. Aurrera!

chancho - 10/06/2008 12:06

chancho  MÚSICA DE AFTERHOURS E DANCING ESCREQUENADO. BATIR DE ?S E ABANEO DE PERNAS...

capikaspa - 13/06/2008 03:44

capikaspa  Ben, dende o respeto aos valores democráticos e tal, ¡cajo na parruxa, qué demos entende esta xente do que é música creativa? Esta pedazo de canción só ten 15 votos? Vou a empezar a votar con outors niks, mañá terá 3000 votos, jejeje

capikaspa - 13/06/2008 03:52

capikaspa  Paco, Paco, fodéuseme o teclado! Xa logo chamo o tésnico pra que o repare e de seguido dou comenzo a túa catapulta hacia o voto 3000. Pásoche a conta do arreglo. 300 euros ben valen 3000 votos ou non? Moitos bicos irmán!!!!!!!

lordcheiro - 13/06/2008 04:33

lordcheiro  Respecto ó comentario aparecido na web deste concurso, concretamente a día 13 do presente e máis en concreto no apartado da canción Moito Roncha, gostaríame dicir que...: !!Coincido plenamente co señor kapikaspa!! É sorprendente, e inda diría máis, sorprendente, que siga esta canción con 15 votos !!. Apelo ó espíritu de cidadanía e de solidariedade internacional para multiplicar este número (polos menos ata 20). Un besito

DoutorEsweider - 13/06/2008 05:31

DoutorEsweider  e que os tios das fotos son feos abondo...

capikaspa - 13/06/2008 05:50

capikaspa  Doutor Esweider, fále por vostede!! Por certo, o modelo das suas gafas sí que é feo abondo. Doulle un consello: merque lentillas negras, a ver si se da un castañazo contra a parede ou cae pola alcantarilla abaixo. Con todo cariño, ollo!!!!!!

chancho - 14/06/2008 02:18

chancho  Señores Lordcheiro, Capikaspa e Doutor Esweider: son os tres uns auténticos megacracks e é unha honra poder ler os seus sesudos e impecables comentarios. Merecen pasar a historia do Bravú como tres Porruxaldos on the pots... Coincido plenamente con Lordcheiro en que o tema ben merece subir coma a escuma e acadar unha apabullante votación de 20 sobre 20... e con un pouco de sorte, pode que o tema os acade antes do fin do milenio. En caso de ser así, quedan os tres convidados a unha megabrutal degustación de jusanitos e (xa botando por fora e con un derroche desmedido) a chupachups... Pois eso, meus, non desesperen que seguro que tódolos tripulantes da nao nodriza de Fuxenhorrll 14 invadirán a terra e acharán o xeito de convertir cada voto en 3424 e logo acudirán ás discotascas na procura dos sete fendetestas para compartir con eles bolsiñas de petazetas... Bicos e gracias por existir (vémonos nos campos da festa para bailar ata que tronzen os altofalantes da PA...

DoutorEsweider - 15/06/2008 03:22

DoutorEsweider  Fuxenhorrll 14? Pois mete a mau no cú e retorce!!

senmedo - 16/06/2008 01:47

senmedo  sete sen medo, o medo nin velo. MAGNIFIQUE CHANSON DU ÉTÉ!!

DoutorEsweider - 18/06/2008 05:19

DoutorEsweider  Sr. capikaspa: debido a unha indixestión de gasteroides, respondin-lle á sua mensaxe no habitá-culo de Ultraqans, desculpe a molestias. E viva a empanada de tripis on th rocks!

DoutorEsweider - 19/06/2008 10:30

DoutorEsweider  Xa temos o vidrio mestical: http://www.youtube.com/watch?v=zQgyhUTkSVg

DoutorEsweider - 19/06/2008 10:33

DoutorEsweider  kjdhfa

kaskada - 19/06/2008 10:41

kaskada  resulta cando menos desconcertante...ao final este tema vai ser...desconcertante

Franl - 19/06/2008 11:10

Franl  Pasen e vexan o video total, o novo nonplusultra... qän? qän? A disfrutar co DÚO ESTÚPIDO MASCALZONE... Agora duoblemente mascalzone... Accedan á seguinte dirección: http://www.youtube.com/watch?v=zQgyhUTkSVg ... e non olviden vitaminarse e suermineralizarse... lonxe da lonxa...

sacobeira - 19/06/2008 11:21

sacobeira  Impresionante, escoito visións e non poido deixar de facelo. Dende logo, este vidio ten algo aditivo

Targets - 20/06/2008 01:37

Targets  Jajajajaja Abraiante o videoclin!!! Moita sorte DÚO!!

Franl - 23/06/2008 04:37

Franl  Grazas, Targets. Da gusto ver que somos xente deportista e sabemos encaixar con bó humor o traballo dos demáis. O videoclín é unha broma surrealista e só ten o fin de divertir a pequena escala. Con apoios como o teu, pagou a pena rodar o clip e amosalo ó mundo. Moita sorte no APOLOGHIT. O certo é que somos un pouco Ronchas meténdonos nas páxinas dos demáis... pero nos abrimos a porta da nosa para que anunciedes os vosos concertos, myspaces ou o que querades. Sodes benvidos. Grazas e ánimo

deBalboa - 23/06/2008 08:39

deBalboa  Ese ionqui do baixista como volva por Foz ímoslle romper as pernas e as gafas

sacobeira - 23/06/2008 09:01

sacobeira  Aaaai, canta envexa dos corpos ben formados e torneados...

DoutorEsweider - 23/06/2008 11:44

DoutorEsweider  Benqueridos amigos de xénero masculino da moi Noble e moi Graciosa Vila de Foz, provincia de Mondoñedo. O noso tan querido amigo e compañeiro A.P., contrabaixista deste magnífico conxunto musical, non pode respostar persalmente a os seus requerimentos, por sofrer agora mesmo unha indixestión de escargots á fonsagradina, na feira de Verjoiansk. De todos os xeitos, vendo-me na obriga de contestar en defensa do seu honor, e querendo ser breve nesta intervención, só lembrar-lle aos machos de Foz, Burela e Barreiros, que o noso amigo baixista, NON TEN A CULPA DE SER TAN GUAPO, e , de ter uns brazos que son como imans ás agraciadas raparigas da vila. Así que respetade as pernas, gafas e demáis apéndices do noso amigo, que algunha farangulla vos deixará no mantel do dolce far niente e a contemplación vital do pracer e da dialñectica marxista da canfurnada. Poña-me aos pés da súa senhora. Atentamente, Esweider.

capikaspa - 24/06/2008 03:50

capikaspa  ovidio, meu mestre, dixome que o video este ten un nonseiqué que justa sen desjustar. Como dixo a sabio, quen ten gusto ten gusto, e o que non disgusto. Unha vez máis, amijo paco, bo rollo e boas vibracions, seguide así!!!!!!!!!!!!!

Trapallada - 25/06/2008 01:13

Trapallada  Un voto pra os señores Fran e Anton.Unhas risas o video!

kaskada - 26/06/2008 12:28

kaskada  Sr. Esweider: o seu conceito da beleza física estára reñido co seu conceito do gusto musical?

capikaspa - 26/06/2008 02:28

capikaspa  jajajajaj, votáronme fora dun foro de xadrez por mandar un correo co sono dun adolescente!!!!!!!! Xa sei que non ten nada que ver co xadrez; pero outros mandaron correos de política e das guerras e siguen no foro!!!!!!!!! Que vaia tomar polo cu o señor moderador dese foro, jajajajaajj

robespierre - 26/06/2008 02:55

robespierre  Boas, son Robespierre, o mellor amigo de Xurxo o misirica, ese rapaz que era máis tonto que op Camafreita; sí, ese que saltou da cuna a casacuna, deahi a santa crus, agarimo, e instituto de Monelos. Non dou máis pistas. O que teña ourellas pra escoitar que escoite... jejeje

damita - 26/06/2008 03:30

damita  sona mellor amija de Robespierre, jejej

damita - 26/06/2008 03:33

damita  E xa esta a vir o negro hamilton!!!!!!!!

hamilton - 26/06/2008 03:38

hamilton  ise fernando alonso é un demoooooooooooo, jejeje

Targets - 27/06/2008 12:03

Targets  Ei Franl, embargoume a emoción lendo o teu discurso no Foro de Boy Elliott, eso é categoría, sí señor. Por certo, non son membro deste nin de ningún grupo. Saúdos e sorte ; )

capikaspa - 27/06/2008 06:45

capikaspa  Señor Chancho, do Planeta Chancho, ¡nunca millor dito o de señor!: o seu descurso no foro de Boy Elliot é abraiante, fermoso, emocionante, coma o nik que me precede escribiu con acerto. Ten vostede estilo, miuto estilo. Bicos e parabens.

boyelliott - 28/06/2008 10:44

boyelliott  moitas grazas polo comentario Fran, sería un pracer poderme tomaarr unhas tazas con usted. Saudos

Franl - 30/06/2008 02:32

Franl  Todo chegará, todo chegará... ánimo e a augantar o tirón, que ides polo bó camiño.

homero - 30/06/2008 09:45

homero  L.s.d..............vai millor. Sorte!!

kaskada - 01/07/2008 12:59

kaskada  qué pasa? os tripis provocan aínda máis trastornos uqe os que acabamos de ver nese vídeo? a drogha sço no xusto e no colacao cando cadre

lerchaidancing - 01/07/2008 10:02

lerchaidancing  quitaime a canción do maxín ¡¡ non podo parar de cantaruxala...¿ quedereime coma vos?? . beijos dende licor cafe city

DoutorEsweider - 04/07/2008 01:46

DoutorEsweider  A pola ghiña!!!! Ghracias Nonito!! xa te convidaremos!

DoutorEsweider - 04/07/2008 01:49

DoutorEsweider  Sr. de estamops en Crise: supoño que terán a deferéncia de levar-nos ao programa? qué menos. Tamén haberá lonchas para vós!

DoutorEsweider - 04/07/2008 02:12

DoutorEsweider  Sres. de Vieiros: Moi boa a iniciativa da Radio Galega de nomear a canción máis merdeira deste concurso en A POLA GHIÑA! O problema que o programa ESTAMOS EN CRISE emíte-se moi tarde, e os currantes non podemos escoitalo. Poderiades facer un link?

DoutorEsweider - 06/07/2008 12:34

DoutorEsweider  http://www.youtube.com/watch?v=0gyfay62Nks

ghatokan - 08/07/2008 01:50

ghatokan  O MILLOR E O VIDIO ESE SE SALE

CAPITANDZ - 09/07/2008 10:33

CAPITANDZ  este tema foi a canción do verán 2007 en San Sadurniño, e agora apunta a selo en toda Galiza! Lumeee Fran!!!! Ainda teño a copia 003! jejeje

Franl - 10/07/2008 01:40

Franl  Grazas, Iván. Bótaseche de menos. A ver se coincidimos nalgunha canfurnada verbeneira para este verán. Ulträqäns estaremos o venres 18 no Moinho do Pedroso no Festival da Terra e da Língua. Espero que nos vexamos por alí. Ademáis estaremos con Os Cuchufellos e Chámalle Xis. Vai ser un festón, como sempre nesas terras de festeiros e festeiras. Bicos, megasuprateragigamaster do universo dj...

DoutorEsweider - 17/07/2008 09:08

DoutorEsweider  Agora un grande vísdeo do planeta chancho: http://www.youtube.com/watch?v=HhmXsGh3gV4&NR=1

Franl - 18/07/2008 02:41

Franl  Hoxe, venres 18 de xullo, ULTRÄQÄNS estaremos tocando no VIII FESTIVAL DA TERRA E DA L?NGUA, en Moinho do Pedroso (Narón, A Coruña), xunto con OS CUCHUFELLOS e CH?MALLE XIS! Se queredes pasar unha noite agradabe, pasade por alí. Trátase dun lugar paradisíaco, xunto un vello muíño e un río no que poderedes sentir aire fresco e evadirvos por un intre do cemento omnipresente nas cidades.

Franl - 23/07/2008 04:01

Franl  Mañán, xoves 24 de xullo, sobre as 23,00 horas, ULTRÄQÄNS tocaremos na Festa da Dorna, 2008, en Ribeira. Tamén tocará Jabón Blue. Por alí estarán os mestres da Compañía do Ruído, dos Chiquilicuatres e un pobo fantástico e espectacular, celebrando a súa semana de festexos brutais e megacanfurnísticos. Pasádeos por alí porque pagará a pena.

Franl - 24/07/2008 02:32

Franl  Gran concerto en Xeve (Pontevedra) o vindeiro sábado 26 de xullo: OS TRES TREBÓNS E OS HOMES SEN MEDO, RUXE RUXE e O SONORO MAX?N. Se queredes bailar, xa sabedes a onde tedes que ir... Vai ser un gran concerto, abofé. Entrade en Komunikando.net e teredes información sobre como chegar (mirade o cartaz). Vémonos alí...

robespierre - 26/07/2008 04:12

robespierre  Paco, vas a jañar, rapas. O sei. Díxomo un paxariño, un tropezón na rúa, o asubío dun can. jeje. Léese nas matrículas dos coches, nos sinais de tráfico, no manual dos xóvenes castores: Paco vai jañar. Riau!!!!!!! jeje.

Franl - 27/07/2008 02:55

Franl  Merman, o Paco xa jañou... Onte estivemos Os Tres Trebóns tocando en Xeve e foi un exitazo. Pero xa non polo concerto, que ao decir da xente, estivo moi ben, senón polo feito de que o cariño dos amigos e amigas que durante estes anos veñen seguindo a traxectoria do grupo (e antes Papaqueixos e, aínda agora, cos Ulträqäns) manifestóuse novamente dun xeito verdadeiro e reconfortante. Xa jañei, merman, porque estou materializando o meu soño de vivir (ou subsistir ou malvivir, como querás decilo) en torno á música na compaña de xente maravillosa á que quero e que sinto que me queren... máis aló da miña asincronía estética ou motriz... Insisto, onte foi unha desas noites que demostran que paga a pena ter sufrido tanto durante tantos anos... anos de incomprensión, desdén e calumnias por atreverme a expresarme na fala que aínda hoxe falan os nosos pais (e eso que tocoulles vivir unha posguerra e terse instalado nunha cidade governada por señoritos: LLLLLa Coruña...). Pero noites como a de onte, dan forzas para superar definitivamente todo o malo e coller folgos para seguir participando nesta festa global que é Galiza e a súa xente. Sei que haberías choutado, bailado e disfrutado do que nós vivimos onte nun lugar paradisíaco con xente nova, non tan nova e máior, entregados á maridaxe entre natureza, música, baile e bó ambente. E o cartel era de luxo: Ruxe Ruxe, O Sonoro Maxín e Os Tres Trebóns e os HOmes sen medo... Aproveito para ensalzar a labor dos xeniais músicos (e mellores persoas) de Aríns e da terra do licor café... Foi impresionante. Xa sei que non son o mellor cronista para describir o que vivimos, pero os que estiveron en Xeve, poderán facelo mellor algún día e ficará corroborado o que dixen. Saúdos e disfruta do sol insular, que seguro que xa estarás torradiño coma unha torrada (sen manteiga...). Bicos, mermán. Bicos, Sonoro. Bicos, Ruxe. Bicos, Xeve. Bicos, xente que se viste polos pés e leva un corazón grande no peito e sesos na cachola.

capikaspa - 29/07/2008 02:54

capikaspa  ¡Ño! Falou un home. Bicos, Paco. ¡E pra adiante!

capikaspa - 29/07/2008 02:56

capikaspa  E ajora che traisiono e voto a ulträquans!!!!!! jeje

KBS - 30/07/2008 08:13

KBS  Podes ver o video clip Os dous amigos de Roger de Flor en (www.asmuxicas.com)

Franl - 01/08/2008 02:42

Franl  Para todas aquelas persoas que querán vivir unha festa celta, hoxe en Bretoña (A Pastoriza, Lugo) terá lugar o LUGNASAD 2008 no que poderedes retrotraervos ó medievo (e far beyond) nun bosque máxico no que disfrutar de música folk e boas viandas e licores. Alí estaremos ULTRÄQÄNS pechando o concerto, cara as 3 da madrugada. Estades convidados todos e todas. Saúde.

Franl - 01/08/2008 02:44

Franl  E mañán, sábado 2 de agosto, en Burela, tocaremos Os Tres Trebóns e Os Homes sen medo (Martiño Mato e Manu Paino). Será no peirao de Burela, na Festa do bonito, Arranchando Culturas. Tocarán tamén o grupo bretón Les Trompettes de Mozambique (que recuncarán en Galiza o domingo, no Grandioso Festival de Pardiñas...) e os chalapartis de Quepa Junquera. Que o disfrutedes.

boyelliott - 05/08/2008 03:14

boyelliott  Xa temos video clip http://www.myspace.com/boyelliott

Franl - 21/08/2008 01:42

Franl  Sábado, 23 de agosto: macrofesta no festival X Fin do camiño (Anchoa, Fisterra), con A Cruz de Abaixar, Fiandola, Os Veraneantes, Os Cuchufellos e Ulträqäns. Boa música para disfrutar do peche do verán. E o domingo, 24, en O Incio (Lugo) o Terra Brava, con A Turre´s Band, Os Tres Trebóns e Os Homes sen medo e Ulträqäns. Saúde, compañier@s

Franl - 04/09/2008 08:37

Franl  Concerto Os Tres Trebóns e Os homes sen medo nas festas do barrio de Santa Clara (Compostela). Disfrutade con nós e coa gran festa que o barrio de Santa Clara programou para os días 5 e 6 de setembro de 2008, nos que non faltarán a troula, a xolda e os bailes, risas e demáis maravillas.

Franl - 04/09/2008 08:44

Franl  ULTRÄQÄNS: Próximos concertos: o venres, 12 de setembro estaremos no festival Elviña Folk. É un clásico de boa música, bó ambente, boa xente... Non podedes perdelo. Compartiremos cartaz con grupos consagrados (con músicos consagrados e con sagrados músicos...): Bonovo e Quempallou, nada máis e nada menos... E o sábado 13, estaremos en Burela, nun festival no que pecharemos a noite tras disfrutar de catro grupos da comarca da Mariña luguesa que darán moita guerra. E xa o día 20, estaremos no barrio de Esteiro, en Ferrolterra, para compartir escenario con bandas locais no Fervesteiro. Tamén estaremos tocando na Coruña, na Casa das Atochas, onde compartiremos escenario co grupo Proyecto Sofás, unha revelación (a lo menos para mín; non tanto para quenes seguen a súa traxectoria en outros proxectos, como Grasa e o propio Challo...). Mesturan funk con jazz e polo medio... maxia sonora. Non faltedes. Seredes recompensados con boa música e máis cousas. Bicos