Vieiros

A polo ghit 08

radio galega

Para poder comentar ou votar é preciso estar rexistrado/a en Vieiros.
Se xa estás rexistrado/a, podes acceder dende este formulario.

Se non estás rexistrada/o podes facelo aquí

Lista de participantes
info, bases, novas

¿Queres ver a edición do ano pasado?

logo apologhit 07
Boy Elliott and the Plastic Bags

Planeta 19 (9)

Planeta 19 (9) Quen non pensou algunha vez en viaxar a un "Planeta 19", onde os nosos avós, pais ou nós mesmos emigramos por cuestións politicas, económicas, por amor ou tan só por escapar dunha rutina... Boy Elliott and the Plastic Bags son Plastic Gus (batería), Marcos Bag (baixo), Boy Elliott (guitarra e voz), Miss Lucre (coros), Diego Pigmalion (guitarra).

Mira Cousiña isto é así, / E os dous sabemos que non é normal. //  Non podes empezar, non podes aturar / Non podo entender porque a ti e a min / Non nos deixan xogar // Xa empezamos a bailar, / Dende moi cedo bate o mar // E hoxe sae o sol, as sombras xa se van / Xa podo entender por que a ti e a min / Non nos deixaban soñar // Din que a mais de mil anos luz / Hai un planeta para os dous // E temos que chegar, e temos que voar / Hoxe hai que sair vai puír as estrelas / Unha nave espacial


437 votos

237 Comentario(s)

GustavoHarvey - 31/05/2008 01:17

GustavoHarvey  error openning file... así é dificil que os rapaces teñan votos

Malpaso - 31/05/2008 01:20

Malpaso  Xa estamos coas caralladas de sempre? Quen demo e o responsable de subir os temas? A que anda?

Malpaso - 31/05/2008 05:50

Malpaso  Vexo que xa esta arranxado, desculpade a vehemencia!! ;)

fonsodc - 31/05/2008 06:14

fonsodc  a por eles!!!

OscarQuant - 01/06/2008 02:31

OscarQuant  O meu primeiro voto non podia ser para outros!!! Lacazáns!!!!

boyelliott - 01/06/2008 09:27

boyelliott  grazas rapazada, e a votar moito e ben

panete - 01/06/2008 11:17

panete  non sei que pasa pero non se pode votar

kencho - 02/06/2008 12:06

kencho  custa votar, da error... pero grandes as cancións do boyelliott !!! saudos dende santander

Bonavita - 02/06/2008 12:28

Bonavita  Suerte ;)

lron - 02/06/2008 08:53

lron  Tampouco podo votar eu. A canción é ben guapa, eh?

froggirl - 02/06/2008 12:11

froggirl  Muy chula, ya estais votados!!!

charo - 02/06/2008 01:01

charo  cousiña bonita,esta vay gañar.bicos pra boyelliott

cherry_ghost - 02/06/2008 04:08

cherry_ghost  non vai...

luisito - 02/06/2008 08:00

luisito  non vai... e a canción e chulisima... En galiza sempre buscando as cousas de fora, e resulta que na casa temos cousas moi moi boas...

luisito - 02/06/2008 08:24

luisito  VOTO VOTO VOTO¡¡¡ QUE NO SUMA Y AUN NO PUDE VOTAR¡¡¡

rancataplan - 02/06/2008 10:46

rancataplan  

rancataplan - 02/06/2008 10:46

rancataplan  

rancataplan - 02/06/2008 10:46

rancataplan  

rancataplan - 02/06/2008 10:46

rancataplan  sorte rapaces!!!

rancataplan - 02/06/2008 10:47

rancataplan  Diosss! qué cristo acabo de montar jajajaja

panete - 02/06/2008 11:17

panete  menos mal que a mayor computadora de europa está en compostela

Travis - 03/06/2008 12:40

Travis  Boy Elliott & The Plastic Bags. Web http://www.boyelliott.com

spidermiki - 04/06/2008 07:16

spidermiki  Veña a votar!!!!!... que vai subindo isto.... cada vez está máis cerca a cabeza... por certo a canción é a mellor... algunha por ahí deixa bastante que desear...

Katherine - 04/06/2008 07:39

Katherine  Good Luck..(Venezuela)

Katherine - 04/06/2008 07:42

Katherine  Muy buena Música!!!

monostereo - 04/06/2008 08:01

monostereo  arriba os Plastic Bags!!!!!!

PabloP - 04/06/2008 08:37

PabloP  Qué temazo! Cousa bárbara chico!

crisismultiple - 05/06/2008 10:35

crisismultiple  imos subindo chicos e non me estrana con este pedazo de temaaaa

Angeles - 05/06/2008 11:24

Angeles  Así me gusta!! Boy Elliot & The Plastic Bags á cabeza!!!

Frechi - 05/06/2008 11:59

Frechi  Hola rapaces , aqui vai o meu voto , son Frechi o cantante de ALAN NEPA banda de Rock ainda que afincada no sur de España (Cádiz) ten anima galega. Sorte, espero que gañéis . darse unha volta polo noso espace http://www.myspace.com/alannepa un saudo e longa vida o R&R

Targets - 05/06/2008 01:01

Targets  Boy Elliott homenaxea a Andres do Barro... http://es.youtube.com/watch?v=wMCZehM0mwc

Stuches - 05/06/2008 03:26

Stuches  Puto Advenedizo de mierda!!!!, arriba Planeta 19

kaskada - 05/06/2008 03:36

kaskada  o tema é tan fresco e veraniego coma un kilo de kastanhas na boka...

boyelliott - 05/06/2008 03:46

boyelliott  grazas kaskada, nos tamén te queremos

zoelope - 05/06/2008 04:32

zoelope  Dani, pedazo canción, eres un monstruo, o meu voto xa o tés e a miña admiración tamén.

lucre - 05/06/2008 07:37

lucre  aló vai o meu voto!

miriguicho - 05/06/2008 09:13

miriguicho  xa ta votado

roque - 05/06/2008 10:26

roque  Votados ;)

kiwigirl - 05/06/2008 11:11

kiwigirl  bonita canción, Gus eres el mejor y mas guapo de los tres, sin duda

DoutorEsweider - 05/06/2008 11:32

DoutorEsweider  Lembra-me a Thin Lizzy?

boyelliott - 05/06/2008 11:52

boyelliott  grande Phil Lynott!!!!!, moitas gracias, todo un honor

papuxa70 - 06/06/2008 12:26

papuxa70  Fiquei a durmir oíndovos sodes máis ruíns ca ranha

geli - 06/06/2008 12:29

geli  mira cousiña isto é así, eres o ghit do veran!!!

xandrina - 06/06/2008 06:20

xandrina  meu voto para os mellores

lucre - 06/06/2008 08:11

lucre  voto!

Ossorio - 07/06/2008 02:53

Ossorio  Existe unha opinión mais discreta que a do home de maior talento, é a do público. E ese está con vos. Adiante ;)

kikecuadro - 07/06/2008 02:57

kikecuadro  ides ganhar!!!

teijeiro - 07/06/2008 08:59

teijeiro  A mellor, con muito.

mary - 08/06/2008 01:14

mary  Suerte!! (***** MIAMI *****)

COLITAFRES - 08/06/2008 02:53

COLITAFRES  Hola.. Voto todos los días desde Venezuela!!! Que les vaya bien..

boyelliott - 08/06/2008 11:16

boyelliott  xa temos vido caserio de Planeta 19 en you tube. http://es.youtube.com/watch?v=plQ4sYOQWC4

kiwigirl - 09/06/2008 03:02

kiwigirl  está ben o video

hector_hall - 09/06/2008 11:27

hector_hall  veña nenos!

Jalda - 10/06/2008 09:38

Jalda  Estan ben un grupo con influencias dos brincos e de juan pardo

Draht - 11/06/2008 01:08

Draht  Pasado glorioso de Boy Elliott. .. http://es.youtube.com/watch?v=rqWYtJHzBgQ

meigallo - 11/06/2008 04:41

meigallo  gustoume moito a vosa cancion seguide asi a veredes como gañades !!!!

telescopia - 11/06/2008 10:15

telescopia  mimá!!que paliza lles estades a dar os demais ghrupos!

Malpaso - 12/06/2008 01:39

Malpaso  Non creo en deus ; non creo en mahoma; non creo nos euros; non creo na politica; non creo nos bancos; non creo no demo. Solo creo en min, en “Boy Elliott & The Plastic Bags? e en mín.

COLITAFRES - 12/06/2008 04:38

COLITAFRES  Hola.. aqui otra vez.. Ya vote Kari!! Besosssss!!

Katherine - 12/06/2008 04:41

Katherine  Sorte!!!! ya ganaron! (Venezuela)

perezgada - 12/06/2008 12:07

perezgada  Suerte chicos, contad con mi voto.

veraneante - 12/06/2008 09:29

veraneante  veraniga...o ke se di veranienga...pois non é... pero amighos tedes un juevo deles!!!!

Draht - 12/06/2008 10:45

Draht  Vexamos, veraneante. Paréceme a min que eso de etiquetar unha canción coma veraniega, primaveral ou otoñal, é unha das cousas mais subxectivas que hai. Obviamente “Planeta 19?, non é “El negro esta rabioso? ou “La barbacoa?, nin falta que lle fai. ¿Sabes? Houbo outro tempo no que a calidade musical non estaba reñida co éxito comercial, e no que “Highway to hell? ou “Here comes your man? arrasaban en pleno mes de agosto, en ninguen poñía cara de susto. Momento dado todo se reduce a iso. A min persoalmente, a vitalidade e a frescura da canción destes rapaces paréceme idónea para ir escoitando no coche camiño da praia de Doniños. Todo depende do punto de vista ; ) E sí, teñen moitos amigos, e unha morea de fans tamén.

moluskus - 13/06/2008 12:07

moluskus  Pois Vivaldi si que o fixo

Draht - 13/06/2008 01:42

Draht  Hostiá! Vivaldi, claro... E tamén lle puxo o nome as pizzas... ;) Saudos Moluskus, e que gañe o millor... espero...

indiscreta - 13/06/2008 11:50

indiscreta  soa ven o voso....ainda que pouco espirito do noso

Targets - 13/06/2008 12:48

Targets  Gracias rapaces, por dedicar a mensaxe da vosa canción a un asunto tan noso coma o dos emigrantes e os exiliados de Galicia. Demostra unha gran sensibilidade e compromiso coa terra. E parabéns por tentar facerlle subir un peldaño á nosa musica, fusionando a tradición de bardos coma Andrés do Barro cos sons mais rockeiros e contemporáneos. Sodes uns dignos fillos do voso tempo. Tedes todo o meu apoio. Adiante.

rancataplan - 13/06/2008 03:50

rancataplan  Esto non fala da emigración, tan só é unha fermosa canción de amor!!!

Targets - 13/06/2008 04:21

Targets  E logo rancataplan, vaslle levar a contraria o propio autor da cancion? Leiches o texto que hai nesta mesma paxina riba da letra? Canto atrevimento!

indiscreta - 13/06/2008 10:19

indiscreta  Buinas de novo, dende logo o rancataplan ten razón....logo que si se escribe en plan metafórico, pois toda interpretación vale....

Targets - 13/06/2008 11:30

Targets  Xa entendo, aquí todalas interpretacións valen menos a de Boy Elliott. Juer, cuanta intelijensia! En calquera caso, eu aplaudo que a intención confesada do autor fora tratar o tema da emigración co amor coma telón de fondo, ou do amor coa emigración coma telón de fondo, que cada un escolla. Temas universais e galegos ambolos dous, por quen o dubide. Agora veña, imos polos 600 votos, tanta cháchara... ;)

Katherine - 14/06/2008 05:17

Katherine  Otra vez!!!!!!

splontch - 14/06/2008 10:52

splontch  Autores = verdade suprema. Ouvintes = años de deus. O que digan os creadores = verdade suprema. Outras interpretacións = blasfemia

Targets - 14/06/2008 12:13

Targets  Chapeau Splontch, Chapeau! ;)

kikecuadro - 14/06/2008 03:35

kikecuadro  se non me trabuco vades primeiros, podedes ganharrrr!!!

raquelvilar - 14/06/2008 07:32

raquelvilar  Rapaces, estades arrasando! ?nimo dende USA. Alfonso: chego á terra en 10 días. Xa falamos...

matalobo - 14/06/2008 10:35

matalobo  Escoitei tódalas cancións e o meu voto vai ser para vós, aínda que tiña pensado votar a un grupo amigo que se ten presentado tamén.

Ossorio - 15/06/2008 01:49

Ossorio  joer joer es o jichiño dos blud filloas, crieime escoitandoa a tua cansion!!!!! xabarin xabarin!! :X vouche votar asta que enkiste os puljares!!!! vemo nos nos vares

aragones - 15/06/2008 03:02

aragones  gustame mais a de magin blanco do 2007

Katherine - 15/06/2008 06:19

Katherine  DE NUEVO NOSOTROS!!!!!!!!!!! VIVA VENEZUELA

Targets - 15/06/2008 06:56

Targets  Aragones... mal rayo te parta! miserable... Magin é amigo...

Malpaso - 15/06/2008 04:59

Malpaso  Magin é un fantástico compositor e interprete, non só o digo eu, a súa música está ahí e fala por si mesma. Pero entrar en certas comparacións paréceme de mal gusto e fora de lugar.

lupo - 15/06/2008 05:13

lupo  imposible votar

Travis - 15/06/2008 07:16

Travis  Rapaz, nivelón hoxe na Radio Galega. Moita categoría pedindo o voto para Roger de Flor, moita...

Targets - 15/06/2008 08:18

Targets  Esto de postear recen chegado da carallada, é perigosisimo. Sen acritude Aragonés, o tema ao que fas referencia do Magin e boisimo ;) Saudos

lucre - 15/06/2008 11:42

lucre  a polo ghit!

pombo - 16/06/2008 12:42

pombo  a vosa canción, auga fresca pro veran

aragones - 16/06/2008 02:17

aragones  el ganador del año pasado es una mierda, yo tengo el culo pelao y tal

SrDeFlor - 16/06/2008 03:40

SrDeFlor  Por fin ando por aquí,my friend.Canción brutal,machiño,deixácheme acongoxado.Un voto máis pra ti.Vémonos pronto.Unha aperta

joselk - 17/06/2008 07:25

joselk  Asemade o baixista fita alén dos mares no seu que facer da investigazon universitaria. Marcos cando sexas famoso viras tocar o meu pueblo?

Draht - 18/06/2008 01:30

Draht  “Eu tiven un soño, asistía ó instante glorioso de ver tres bandas de ferroláns na final do Apologhit 2008!, Eu tiven un soño!!!!? (Draht Luther King)

Katherine - 19/06/2008 06:03

Katherine  Aqui vamos...!!!

GiorgioClapton - 19/06/2008 04:21

GiorgioClapton  O tema non esta mal, pero o de facer trampas para subir os votos xa mola menos...

Targets - 19/06/2008 04:45

Targets  A ver Giorgio, miña xoia!, de verdade crees que cunha canción así é necesario facer trampas? Si alguén de nos quixera facer trampas, pensas que estes rapaces terían 710 míseros points? Terían 7.100!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! Bufff... Que desafine, de verdad...

FJSKAFJ - 19/06/2008 08:19

FJSKAFJ  Bueno o tema non é pa tanto, por un lao, e por outro non é normal que un grupo descoñecido suba 70 votos de repente sobretodo cando non debe de haber mais que 120 votos en total que suben cada dia no total dos grupos e a xente non soe escoitar todolos temas. Esa Ip dinámica!

FJSKAFJ - 19/06/2008 08:19

FJSKAFJ  Bueno o tema non é pa tanto, por un lao, e por outro non é normal que un grupo descoñecido suba 70 votos de repente sobretodo cando non debe de haber mais que 120 votos en total que suben cada dia no total dos grupos e a xente non soe escoitar todolos temas. Esa Ip dinámica!

Targets - 19/06/2008 09:07

Targets  En fin, que a xente lle estraña que teñades 70 fans (ou mais) votando de cando en vez, parécelles imposible... Pasmo!.

kaskada - 19/06/2008 11:09

kaskada  vese-vos o plumeiro...

Ossorio - 19/06/2008 11:18

Ossorio  Eso, que ultimamente non se vos ve o plumeiro... en directo. A ver cando facedes outra xira, que algúns xa nos tarda ;) Saudos dende Fene

sacobeira - 19/06/2008 11:40

sacobeira  Targets, semellas ter dupla personalidade, así falas en primeira persoa como en terceira. Tes que mirar iso

Targets - 19/06/2008 11:49

Targets  Saco, merca un afinador e non te preocupes pola miña saude! Ao que ti te refires chamanselle licencias poeticas ;)... Sorte.

Franl - 20/06/2008 10:52

Franl  Pasen e vexan o video total, o novo nonplusultra... qän? qän? A disfrutar co DÚO ESTÚPIDO MASCALZONE... Agora duoblemente mascalzone... Accedan á seguinte dirección: http://www.youtube.com/watch?v=zQgyhUTkSVg ... e non olviden vitaminarse e supermineralizarse... lonxe da lonxa...

boyelliott - 20/06/2008 04:33

boyelliott  moi boas, con relación a algúns comentarios que se fan sobre IP's e número de votos, somentes decir que si algún fai algo que non entra dentro de as normas do concurso a os primeiros que nos cabrearía algo así e a nos. Sorte a todos e bo fin de semana. Opa Racing!!!

jmotero - 20/06/2008 06:52

jmotero  Para a xente experta en informatica que deixan comentarios.... decir q as ips dinámicas asígnanas operadoras automáticamente como pode ser R, tamén cando tes saida a rede a través de un servidor que pertence a unha rede interna, etc, o cal non influe nas votación xa que por outro lado que se vote dende unha misma ip, non quere decir nada xa que para votar o que se ten en conta é o teu usuario, contrasinal asociado a un único correo electrónico. A ip non influe nas votacións. ?nimo e sorte a todos os participantes.

chancho - 20/06/2008 07:21

chancho  O tema das IP's dinámicas eche unha boa leria. O que está clarísimo é que se este grupo ten tantos votos pode ser polos seus fans e amigos, ou por que votan os propios integrantes do grupo cada día. Se así o fan, fan ben... Teñen dereito a valorar o seu propio esforzo. E, ademáis, fixeron un temazo... É moi fácil tentar destruir o ánimo dos demáis a través dun nick, baixo outra identidade. O certo é que hai debate... no APOLOGHIT hai debate... pero tamén ten que haber respeto... A quen só lle mova o afán difamatorio ten unha grande eiva e debería replantexarse á súa presencia nestas páxinas que son un magnífico escaparate para toda a xente á que nos gusta a música e que temos o valor de defender o noso estilo... aínda que a outros non lles preste. Vive e deixa vivir... Bebe e deixa beber... Parabens, Boy Elliot and The Plastic Bags. Tedes un tema estupendo. Sorte

kaskada - 21/06/2008 03:40

kaskada  Chancho, relaxe-se e desfrute, que esto non é máis que un concurso.

charito - 21/06/2008 11:50

charito  ISTO E TONGO!!!!!!!! é imposible q un grupo consiga tantos votos nun día. tendrá acciones en radio galega?

boyelliott - 22/06/2008 12:13

boyelliott  grazas chancho

pombo - 22/06/2008 02:00

pombo  as cousas cando non non gustan non significa que non sean boas,nin que non lle teñen que gustar os demais;formas de tolerancia e democracia. ¡Animo rapaces! que cando estades nos primeiros é porque conectades con moita xente

Merychuly - 22/06/2008 07:50

Merychuly  Tedes razon rapaces, non é tongo.......É SUPERTONGO. Cada quen coa sua conciencia.Se fora outro grupo inda colaba.

Katherine - 22/06/2008 09:22

Katherine  Hasta el final...!!

maqas - 22/06/2008 09:34

maqas  A envexa e mil veces mais terrible ca fame, porque é fame espiritual... Parabéns rapaces, a canción é fantástica.

Angeles - 23/06/2008 03:08

Angeles  Que pesadilla co tema do tongo!!! Tamén é trampa que gañedes nos comentarios???? Non será q tedes moitos seguidores??? Animo rapaces, a min encantame planeta 19!!!

kaskada - 24/06/2008 12:36

kaskada  En realidade, este tema ao principio non me gustaba moito, pero a base de escoitalo pouco a pouco vai enchedo as orellas. Se a esto lle sumamos os contínuos ataques e referencias negativas que fan de vos outros grupos que van de solidarios neste concurso, pois sí un voto para a cousiña. Polo menos, nota-se que sabedes tocar.

KBS - 24/06/2008 04:33

KBS  Seique alguen descubreu o xeado de kastanha. Benvido sexa ;)

GiorgioClapton - 24/06/2008 02:29

GiorgioClapton  Bueno o de que é TONGO é clarisimo, estades quedando como un pouco mal . A proba está en que subides uns 70 votos diarios, pero de repente un dia non suben mais que 2 ou 3. ¿Que pasa que o que está coas Ip's dinamicas tiña que ir a currar a outro lao ese dia? ??

boyelliott - 24/06/2008 03:12

boyelliott  amigo Giorigo, fai unha cousa, se tanta dúbida tes, por favor o mesmo que escribes aquí mandao a extrarradio@crtvg.es e a apologhit@vieiros.com es que investiguen, e se alguén está votando con unha ip dínamica o por favor que quiten xa planeta 19 do concurso, que penso que eso é o que queres. saudos

TonySoprano - 24/06/2008 03:52

TonySoprano  Ola a todos: Busco e rebusco nas bases do concurso e non encontro onde especifica que non poden usarse IP´s dinámicas, tampouco atopo onde pon que un grupo non pode votarse a si mesmo. No caso hipotético de que un grupo o faga, ¿onde esta o tongo e a ilegalidade? As bases permitenlo. Non digo os plastics bags o fagan (nin o sei nin me importa) So resalto que nese caso, non estaria fora das normas do xogo. Por outro lado, e sen ánimo de avivar unha nova polémica , tampouco entendo a actitude do propio grupo insinuando a retirada da canción do concurso, iso seria unha falta de respeto os seus votantes. Ogalla que as cousas calmense un pouco. Sempre podese expresar o que se quera pero non caendo no insulto e nas acusacións infundadas. Moitisima sorte a todos.

Malpaso - 24/06/2008 04:44

Malpaso  Sí Soprano, o de que o grupo plantexe a posibilidade de retirar a canción do concurso paréceme o mais incomprensible, de lonxe... Comment pouco reflexionado, sen dúbida. A ver Boy Elliott, un pouco mais de sentido do humor nas reflexións, esa retranca...

Izaskun - 24/06/2008 05:16

Izaskun  Menos mal que quedan os votos do xurado. Abofe que ahi non estaredes.

geli - 24/06/2008 08:09

geli  xa estou farta de leer tanta tontería, xq non votades os grupos q os gustan e deixades que ós que lles gusta planeta 19 fagan o propio?

joselin - 24/06/2008 08:16

joselin  Por se alguen no sabe de que vai este concurso: consiste en votar a canción que mais che guste, non en criticar ós demais grupos, porque iso sabelo facer todos, e se é iso o que queredes.....estades a cargaros o espiritu do a polo ghit

Malpaso - 24/06/2008 09:01

Malpaso  Coas pedras que con dureza algúns necios críticos vos lanzan, os vosos fans imos erixirvos un monumento... á paciencia. Por B. Elliott & The Plastic Bags, a polos 1.000 votos!!! Firmado: “As Dinámicas: Boy Elliott & The Plastic Bags FanClub?

teijeiro - 25/06/2008 01:29

teijeiro  El publico es vuestro, la critica lo será. Precioso tema que se sale del saco de este concurso. Como si no lo ganais...

teijeiro - 25/06/2008 01:58

teijeiro  Ahhh, y pensando pensando, despues de leer ciertos comentarios... Boy, seguro que les pagas a esos que hablan de tongo, ¡pillin!, que és polémica y por tanto publicidad.Ademas, si no fuera así, estos se dedicarían a apoyar a los suyos y no perderían el tiempo con semejantes gilipolleces que demuestran la calma chicha que padecen sus escuetas neuronas.

Pili - 25/06/2008 11:17

Pili  Enhoraboa, o levas no sangue. Dende a Carricoa, animo.

spidermiki - 26/06/2008 12:40

spidermiki  ánimo!!!!, que sodes os mellores

mary - 26/06/2008 05:23

mary  The Best!!!! Miami

COLITAFRES - 27/06/2008 06:00

COLITAFRES  Aqui.. Venezuela

Franl - 27/06/2008 09:12

Franl  Como participante do Apologhit e a sabendas da trascendencia do concurso para nós, músicos galegos, fun entrando na páxina de todos os grupos para ver como se coce este no o concurso. E realmente hai debate... Moito debate... E calidade... moita calidade... Xa votei por doce propostas diferentes, pero creo que vou votar obsesivamente polos Billy Elliot e por Skandalo GZ. Merecedes o apoio, xa non só polos vosos temas como por ser continuamente atacados... ?nimo e a seguir no concurso, que entraredes n final seguro. E por méritos propios. Saúdos desde A Coruña.

mostoboys - 29/06/2008 01:19

mostoboys  Animo Boy elliot, o tema realmente merece tantos votos como ten, anque nos foda.haha, Un bico dos mostoboys!

Mariachiceive - 30/06/2008 10:47

Mariachiceive  baah valla merda de kanción, psss.....ata os ghuevos dos popeiros..pero bueno e o ke vende...o de sempre koma sempre.

Mariachiceive - 30/06/2008 10:54

Mariachiceive  se mima e esta vai ser a kanción do verán? mimaa ... non sei ke ten esta kanción kon Galiza ( bueno si,ke está en galego)o mellor pa ir a eurovisión non estaba mal... jejejejeej

rogerdeflor - 30/06/2008 11:25

rogerdeflor  Bailemos el bimbó,bimbó,es una maraviillaaaaa.......

moluskus - 01/07/2008 10:36

moluskus  Se escrebes coa letra k, pois non digo nada, por ser unha pose antisistema máis que barata e falta de contido. Pero a primeira frase, marichi, é: vaia merda de canción. Valla merda de canción semella a que tes estás a referir a un valado ou mellor dito, a un balido que foi que que expulsaches nas túas mensaxes. PROFESORES DA ESO: CULP?BEIS, DADE A CARA!!

Mariachiceive - 01/07/2008 11:02

Mariachiceive  kancións koma estas hai a patadas,e a letra da kancíon non ten nada ke ver kon Galiza,e este grupo vai gañar simplemente porke e o ke vende, e porke xa estou farto deste tipo de músika e da xente ke a rodea, porke non son ( ou sodes) mais ke borregos ke van (ou vades) a disko a bailar reaguetton...psss sen palabras

Ossorio - 01/07/2008 11:14

Ossorio  Estou con moluskus... PROFESORES DA ESO: CULP?BEIS, DADE A CARA!!

kiwigirl - 01/07/2008 11:50

kiwigirl  Efectivamente o rapaz non ten culpa da sua ignorancia. Animaliño

moluskus - 02/07/2008 12:32

moluskus  Se gañan, serán porque afinan, porque o baixo e a bateria van conxuntados e fan uns cortes moi chulos, porque as guitarras están moi ben tocadas, cun solo ao comenzo moi orixinal e con personalidade, clase e elegancia (soa a anos 70). A verdade que o nivel do concurso de este ano é moito máis baixo que a do ano pasado. Este tema é dos pouquiños que se salvan ( a min ghústame o folk e o ska, pero ao césar o que é do césar).

Izaskun - 02/07/2008 03:10

Izaskun  Pois como dician por aló o de borregos si pode ser unha boa definicion. Pra ser un grupo que non canta habitualmente en galego, gañar este concurso e representar a Galiza nun festival de linguas minoritarias vai ser algo incongrüente.

Malpaso - 02/07/2008 04:30

Malpaso  A música é esa verdadeira linguaxe universal. Chegando ós 1.000 votos!!! Asinado: “As Dinámicas: Boy Elliott & The Plastic Bags FanClub?

semprenluita - 02/07/2008 04:43

semprenluita  Que bonito queda eso de que a musica é a verdadeira linguaxe universal.Se vos escapan os argumentos.Xa estades na barreira dos 1000.Ide paracticando o galego.

Malpaso - 02/07/2008 04:50

Malpaso  Certo, é fermoso, non se me escapa, está posto a conciencia, sen traumas nin complexos. Algúns loitades con tal cegueira que vos confundides de inimigo.

semprenluita - 02/07/2008 05:03

semprenluita  Que esta posto a conciencia o imaxino, que se vos escapan os argumentos tamen o vexo.E o de que nos confundimos de inimigo, as veces o inimigo esta na tua propia casa.E neste concurso hai moito galego de pastel.Dignos representantes da Galiza e dos seu idioma...non me fagas rir.

Malpaso - 02/07/2008 05:13

Malpaso  Que o inimigo o temos na propia casa véxoo claro, non fai falla que me convenzas. Supoño que servirá de pouco dicilo, pero non son membro desta banda que está a piques de chegar ós 1.000 votos. Saúde, música e Apologhit .

semprenluita - 02/07/2008 07:17

semprenluita  Realmente ma trae o pairo que señas ou non membro do grupo.Pero a peña sabe contar non fai falla que repitas que teñen 1000 votos.A min o que relmente me importa é que o que finalmente sexa o gañador (sexa con dous votos ou 2.000) represente a Galiza por que vive, actua, e pensa como galego non coma un Ingles, Frances ou ESPAÑOL.Coma é o caso deste grupo e algun outro que se infiltrou neste concurso.

Malpaso - 02/07/2008 07:51

Malpaso  Diáfano. Explicaste á perfección, creo que queda claro como pensas. Agora sigamos co asunto, e que cada un vote ó seu favorito, eu seguirei coa miña campaña a favor de Boy Elliott no foro asignado por Apologhit para Boy Elliott & The Plastic Bags. A polos 999 votos!!! ;)

maqas - 02/07/2008 09:10

maqas  969 bonito número. A ver quen se atreve....

lobo_lopez - 02/07/2008 10:17

lobo_lopez  eu rexistreime só polo pracer de saúdar ó gran draht, ó que vin apoiando por ahí arriba, que seguro que volve por aquí. o asunto é que, namentras, escoitei a canción e pareceume un temazo de moito carallo. a gañar, boy elliot!

Draht - 03/07/2008 01:21

Draht  Vaia, Lobo, sorpreson. Arrasan os rapaces, que non? Menudo lugar para atoparnos... jajajaja

DoutorEsweider - 04/07/2008 02:20

DoutorEsweider  Amighos: no próximo programa de ESTAMOS EN CRISE da Radio Galega unha destas cancións (da nº6 á nº10)pasará á final da canción máis merdeira en A POLA GHIÑA. O Xurado é o Sr. Nonito Pereira. Vémo-nos na final!! :)

DoutorEsweider - 04/07/2008 02:23

DoutorEsweider  NOTA: Vemo-nos na final se pasades, claro! Nos xa estamos! ;)

maqas - 04/07/2008 05:40

maqas  10planeta19 votos!!!! esta canción ben merecidos os teñen

Izaskun - 04/07/2008 06:46

Izaskun  # Nesta edición do concurso haberá 2 premios: o premio do público resultará das votacións dos oíntes e internautas, e o premio oficial do concurso, escollido por un xurado composto por persoas relevantes do mundo da música e da comunicación. Quedade co premio polo primeiro tongo, perdon posto do publico pero o oficial que é o que importa non o levades

DoutorEsweider - 05/07/2008 01:47

DoutorEsweider  Se cadra non entendiche-des: na radio galega fan pola noite un concurso paralelo á canción máis chunga!

duna - 05/07/2008 09:39

duna  vaia , boy elliot canta paixon espertas, o caso e que falen de un ...para ben ou para mal ,é o que ten ser o nº-1, deixaos que espumeen.

Patricia - 05/07/2008 11:29

Patricia  ¿E logo, imos polos dous mil?

Ossorio - 06/07/2008 01:54

Ossorio  Imos pois, ademais agora con mais emocion, que hai dura competencia: “E temos que chegar, e temos que voar?.

trashwoman - 06/07/2008 08:12

trashwoman  polos dous mil non! dous mil un!

Calidonia - 06/07/2008 11:33

Calidonia  Un saúdo a todos os que expenden carnés de autenticidade das cancións de verán, carnés de galeguidade exclusiva e amor á patria madre, e carnés de imbecilidade permanente. Animádevos a escribir, cantar e gravar unha canción que fale das vosas ideas. Así vemos todos cuan bos sodes. Apertas e birras a Ferrolterra e Ourense desde Compostela.

chinita - 08/07/2008 07:50

chinita  Encantame Planeta 19!! Animo chicos!!

kikecuadro - 08/07/2008 09:32

kikecuadro  vamos a polos 1500?

Noelia_O - 08/07/2008 10:19

Noelia_O  Buff!! Hai moito tenso neste chat! Busquen o xeito de relaxarse. Para min tamén é moi relaxante escoitar unha canción tan bonita coma esta.

Malpaso - 11/07/2008 12:53

Malpaso  Que tranquilidade se respira neste foro dende que ides de segundos. Moi clarificador… Veña xente, Apolos 2000 votos! ; ) PD.- Unha aperta Calidonia.

bobo - 14/07/2008 05:00

bobo  vaia, vaia, parece que por aquí hai ambiente... é curioso que nos foros dos grupos que máis votos teñen, tamen é donde máis cera se da... aínda vou ter que fomentar unha polémica para ver se así aumentan os votos no meu foro...

rancataplan - 15/07/2008 05:41

rancataplan  ¿Ya no hay más sangre en este foro Alberto? jajajaja

Malpaso - 15/07/2008 08:05

Malpaso  Eso parece Ivan, e menos sangue de inocentes ;) (coña privada)

yolii - 16/07/2008 12:33

yolii  cmo consejides os 1000e piko votos...nn xeira un pouko?? pero we....a cansion sta bn!!

trapos - 16/07/2008 10:45

trapos  Sona ben tios. un saudo dos trapos sucios

olalla - 17/07/2008 03:26

olalla  moi bo tema, noraboa!!

villa - 17/07/2008 07:05

villa  Sin duda outro dos temas que mais me gusta ... xunto co de Hevel e Rayel .Saudos e moita sorte

fonsodc - 20/07/2008 11:54

fonsodc  a por eles oe!!

radicalfruit - 20/07/2008 07:00

radicalfruit  xa tedes o meu voto, a ver para cando un concerto

uch - 21/07/2008 02:05

uch  Os nosos Teenage Fanclub! Boy Elliot e os seus si que merecen o triunfo, e a ver se así calan algunhas bocas daí arriba. Tanta maruxainada apesta!!! Power-pop forever!!!

sesi - 21/07/2008 06:01

sesi  A min o que me fai sentirme mal é que sei que se gaña este grupo, gaña un grupo que non fai nada pola música galega. Só fan un tema para presentalo a un concurso porque non perden nada. Para min iso é bastante oportunista. Eu prefiro que gañe un grupo que aposte pola nosa música é que non se venda. Ademais, moitas das cancións presentadas cumpren estes requisitos e son moi boas. Non hai necesidade de que gañe un grupo español. En canto ao xénero, @s galeg@s somos de rock, de ska, de folk...mais non creo que esta clase de pop triunfe nas nosas festas, coa nosa xuventude, coa xuventude galega. Esta é a miña opinión, creo que moi respectuosa, polo que prego aos que gostan de insultar que non metan o meu comentario en lerias baratas, porque é unha opinión subxectiva e igual de respectábel que a deles. Porque hai por aí arriba acusacións de fascismo bastante hilarantes. Moitas grazas,

duna - 22/07/2008 09:28

duna  ah... pero de que é este concurso? da cancion do verán ou dos que son mais galeguistas de postal?

uch - 22/07/2008 11:19

uch  Canta demagoxia barata... Abrídevos de orellas e de mente...

duna - 22/07/2008 02:13

duna   como galegista de postal refirome non a boy elliot, q de postal ten ben pouco, senon a sesi e os seus compinches.animo!! E A POLOS 2000!!!!!!

louren - 22/07/2008 05:38

louren   HOXE POLA NOITE NO TOURAL, COMPOS, AS 23:30 CONCERTO DA BANDA POTEMKIN. VOS VIDE QUE NOS POMO-LO ARRRRRRRRRRRRRROOOOOZ!!!!!!!!!!!! SAUDOS

fonsodc - 23/07/2008 12:06

fonsodc  xa casi temos 2000, sorte Plastic Bags!!

villa - 25/07/2008 06:20

villa  mañan 26/07/08 en CERDEDO concerto de HEVEL E RAYEL, estadaes invitados .Saudos

palchus - 27/07/2008 07:03

palchus  ainda que non ganedes sodes os mellores

sesi - 28/07/2008 01:19

sesi  Uch, duna... estades deixando moi claro quen gosta de insultar e quen dá o seu parecer, simplemente. Un saúdo para todos aqueles que leron o meu comentario e o respectaron como o que é, unha opinión subxectiva.

Malpaso - 28/07/2008 02:04

Malpaso  “Boy Elliott & The Plastic Bags non fan nada pola música galega, son uns oportunistas, son uns vendidos?. Estas descalificacións non foron verquidas por un servidor, están escritas un pouco mais arriba por unha tal Sesi, que agora se sorprende de que alguén a descalifique a ela (ou él). Boy Elliott foi o cantante e compositor dos Blood Filloas, un dos precursores do rock en galego en Galicia, dende o ano 1996, algúns todavia non nacerades. A ver onde carallo estaba o oportunismo fai 12 anos. Boy Elliott & the Plastic Bags desgraciadamente non viven da musica, non fan macroxiras, nin teñen compañía que lles edite os seus discos, para que se VENDAN (entón si) e se forren. Non me estraña que Duna rebente lendo tanta descalificacion e mentira. Como moi ben dixo Calidonia por ahi arriba, animádevos a escribir, cantar e gravar unha canción que fale das vosas ideas, poñedeos no pelexo dos que ocupan o seu tempo de lecer en facer musica sin animo de lucro, para o disfrute dos demais Que sinxelo e destruir, desprestixiar... e coa cara cuberta. O das clasificacións de estilos musicais, por galegos ou non galegos é directamente de psiquiatra. Simplemente penoso.

Malpaso - 28/07/2008 02:11

Malpaso  Por certo, falando de Pop e de oportunismo, esta é unha boa oportunidade para berrar: “Boy Elliott & The Plastic Bags? ao Felipop XA!!!!!! (www.felipop.com).

rancataplan - 29/07/2008 05:25

rancataplan  Ahí, ahí!!! Un pouquiño d animación.

palchus - 29/07/2008 11:25

palchus  deixádevos de lerias e seguide votando

joselk - 30/07/2008 05:10

joselk  Un saludo pós de viana que nos estarán vendo. Vota, vota mariñeiro, vamos pa Viveiro xa se vé o Hit do 2008. “Boy Elliott & The Plastic Bags? pola nossa naçon

joselk - 30/07/2008 05:16

joselk  Un saludo pós de viana que nos estarán vendo. Vota, vota mariñeiro, vamos pa Viveiro xa se vé o Hit do 2008. “Boy Elliott & The Plastic Bags? pola nossa naçon

CapitanH - 30/07/2008 07:13

CapitanH  ...

Ossorio - 30/07/2008 07:15

Ossorio  ...

KBS - 30/07/2008 07:20

KBS  Podes ver o video clip Os dous amigos de Roger de Flor en (www.asmuxicas.com)

rancataplan - 30/07/2008 07:52

rancataplan  Un saludo para os de Barra de Miño que seguro que me están lendo.

sesi - 31/07/2008 03:22

sesi  m

Franl - 01/08/2008 02:47

Franl  Parabéns, por chegar á final. E para todas aquelas persoas que querán vivir unha festa celta, hoxe en Bretoña (A Pastoriza, Lugo) terá lugar o LUGNASAD 2008 no que poderedes retrotraervos ó medievo (e far beyond) nun bosque máxico no que disfrutar de música folk e boas viandas e licores. Alí estaremos ULTRÄQÄNS pechando o concerto, cara as 3 da madrugada. Estades convidados todos e todas. Saúde.

Franl - 01/08/2008 02:53

Franl  E mañán, sábado 2 de agosto, en Burela, tocaremos Os Tres Trebóns e Os Homes sen medo (Martiño Mato e Manu Paino). Será no peirao de Burela, na Festa do bonito, Arranchando Culturas. Tocarán tamén o grupo bretón Les Trompettes de Mozambique (que recuncarán en Galiza o domingo, no Grandioso Festival de Pardiñas...) e os chalapartis de Quepa Junquera. Que o disfrutedes.

rogerdeflor - 01/08/2008 09:22

rogerdeflor  Noraboa,my friend.Conseguiche un dos topes máis altos da musica popular galega do século XXI(e de tódolos séculos) con esta canción.Sorte e vémonos pronto.

kikeasheton - 02/08/2008 10:52

kikeasheton   http://www.myspace.com/sivaritasgoliardos

okechetrabaoscollons - 03/08/2008 02:37

okechetrabaoscollons  non é unha canción do verá, pero sen dúbida a mellor de todas as finalistas

panete - 05/08/2008 03:59

panete  Avanti tutti!!!!

boyelliott - 05/08/2008 02:10

boyelliott  Xa temos video clip http://www.myspace.com/boyelliott

elnotax - 05/08/2008 11:14

elnotax  boyelliott, deixade de facer publicidade en todolos grupos do voso videoclip, xa parecedes os trapos sucios que primeiro fanse publicidade saudando en todolos foros de bo roio e logo critican a todo deus, spero que vos non fagades o mesmo, un saúdo

splontch - 05/08/2008 11:21

splontch  elnotax e cía: mira que tedes mala baba!!!Por que estades en contra de que os grupos se comuniquen entre si naturalmente?Como vos mola a competitividade neoliberal

GustavoHarvey - 06/08/2008 12:35

GustavoHarvey  Merda! um comentario de 10 linhas e nom o ponhem? PROTESTO!

GustavoHarvey - 06/08/2008 12:50

GustavoHarvey  Matemos a todos os Vazquez, Perez, Lopez, Garcia,... e se escuitam pop com maior raçom!!! Oportunistas! Zangolotinos! :D algum aquí é de psiquiátrico... paifocos os talibáns do embiguismo galego... só tendes peluxas... isso sim Peluxas 100% galegas!

GustavoHarvey - 06/08/2008 12:54

GustavoHarvey  Por certo este 8 e 9 de agosto está o único festival indie 100% galego (que nom galego falante... uns cantam inglés outros espanhol outros galego normativo outros galego reintegrata) e todos fazem pop e já nom há stop... podedes passar, a seguro que os que gostades do ska, o folk ou o rock sodes bemvindos e nom vos chamamos antipatriotas... bom como muito eu podo chamar-vos Paifocos e Talibáns! mas será culpa do licor kafe (sim, os popis também lhe damos ao LK... nom é só cousa dos balkaniko-galegos). UGH!

palchus - 06/08/2008 10:31

palchus  Moi ben polos comentarios, pero...donde estan os votos. ¿Quen se olvida de votar?. Veña que nos comen as papas. ?nimo e votade.

okechetrabaoscollons - 06/08/2008 11:00

okechetrabaoscollons  eu votaría por este grupo, pero.. hai 3 grupos destacadísimos, e ha que facer coma co chiki-chiki, mandar unha canción penosa ao festival ese..

palchus - 07/08/2008 10:58

palchus  Si é a de Roger de Flor de penosa nada, aínda que e unha lastima que non sexa Planeta 19, coma canción do verán, que e do que se trata, soa mais fresca.

Malpaso - 07/08/2008 12:10

Malpaso  Caramba palchus, estaslle collendo gusto a esto de replicar ;) jajajajaja

merdameda - 07/08/2008 03:30

merdameda  moi bo video.gostamos moito del. saude e saudos de medomedá.

radicalfruit - 08/08/2008 02:04

radicalfruit  vaia kaskada, dis verdades coma puños, mais ¿non será punkidepastel o teu alter-ego ao que estás usando de cebo para meter mal roio entre estes grupos? dáseche ben. O que di o xurado vai a misa

okechetrabaoscollons - 10/08/2008 12:33

okechetrabaoscollons  palchus, non dixen que a de roger de flor fose penosa, dixen que cancións finalistas son penosas..

palchus - 10/08/2008 10:25

palchus  teño que reconocer que hoxe me rendin e dinlle o voto a Roger, penso que a estas alturas e mellor que o leve él. QUE VOS PARECE SI TODOS CAMBIAMOS O VOTO PARA ROGER?

palchus - 10/08/2008 10:34

palchus  estou dacordo contigo okechetrabaoscollons

Malpaso - 11/08/2008 01:22

Malpaso  A ver, que diga algo Boy Elliott sobre a proposta de Palchus. Quedan dous días escasos, apoiamos a Roger?

boyelliott - 11/08/2008 08:41

boyelliott  Todos con Roger de Flor!!!

paulovi - 12/08/2008 09:12

paulovi  Ademais de ter a segunda mellor cancion tes a maior clase do concurso. Se o premio do xurado non vai para Roger de Flor oxala vaia para ti.Que clase...!

maribel - 14/08/2008 08:40

maribel  Sinxelamente preciosa, a vosa canción. Felicitacións e MOITA SORTE.

duna - 16/08/2008 12:00

duna  felicidades boy elliot and the plastic bags!!!!!!!!

Malpaso - 16/08/2008 12:12

Malpaso  Os galegos daremos en Laponia unha imaxe de modernidade, profesionalidade e bo gusto. Non teño dubida. Parabens a Marcos, Gus e Dani.

palchus - 16/08/2008 12:52

palchus   dende Palmeira, noraboa Boy Elliot and the Plastic Bags, estamos seguros de que sodes os mellores representantes e que deixaredes o pavillón de Galicia ben alto.

AMPA - 16/08/2008 12:52

AMPA  ¡Noraboa rapaces!

abretedeorellas - 16/08/2008 01:03

abretedeorellas  os máis sinceros parabéns, Dani e compañía. Alegreime moitísimo.

louren - 16/08/2008 02:05

louren  Parabens dun potemkiano!!!!

MDMA - 16/08/2008 05:10

MDMA  NORABOA MEUS. POLO TEMA, POLO VIDEO E POLO PREMIO. ALAAA!!! A PAPAR FRIO...GHE, GHE, GHE (medomedá)

capikaspa - 16/08/2008 05:21

capikaspa  ¡Sorpresa! ¡E parabéns! Digo o de sorpresa porque a mim esta cansión non me justaba. Soábame demasiado a unha mistura Os Brincos- Duncandú. E a letra parecíame unha extravajansia marciana a lo héroes del silencio. Pero só é a miña opinión, a de un aficionado a música máis. Justabame a cansión de Roger sobre toda-las demáis. Ajora, coñesido o voto do xurado, báixome da burra e súbome a cabalo jañador. A cansión, escoitada hoxe, xa me convence máis. O que é a persepsión subxetiva da realidade... Non me explayo máis. Divertinme moito seguindo o Apologhit de este ano e penso sejir faséndoo o que ven. ¡Forza Boy Elliot e viva a comarca ferrolán! Son da Coruña -vivo en Tenerife- pero pasei os meus primeiros 7 anos de vida na cidade do Ferrol. Un pracer. Bicos a todos e todas. Chaoooooooooooo.... ¡flop!

paulovi - 16/08/2008 05:27

paulovi  Noraboa, neno, eras o meu segundo favorito, o meu primeiro era o mesmo que ti, o Roger de Flor que mereceu bastante máis que un miserable oitavo posto. Pero a túa canción é excelente (xa a teño no recompilatorio do Felipop). Unha aperta e duro cos lapóns e os demais minoritarios!!!!

xeikiouras - 17/08/2008 09:31

xeikiouras  Noraboa! Que vos vaia todo ben por Laponia adiante. Saudos helvéticos... Gheada

lordcheiro - 17/08/2008 04:36

lordcheiro  Parabéns rapaces!, doutro tripulante do potemkin e de parte de todos nós. Moita sorte en Laponia e se non é antes vémonos eiquí outra vez o próximo ano. Forza!!

forza4 - 18/08/2008 02:35

forza4  Noraboa por ter gañado. Eu pensei que gañarían os potemkianos, ou medomedá, pero fostes vós. E non era porque non me gustara o tema, senón porque para canción do verán non me encaixaba de principio...pero vese que callou. Noraboa, e deica.

aragones - 18/08/2008 04:22

aragones  miña nai, gañaron os popeiros, sorpreson!!, Dani comprame un pingüino

morotxo - 18/08/2008 10:05

morotxo  así verificou o xuradao. PARABÉNS, sorte na vosa andadura mozos.

Franl - 19/08/2008 06:12

Franl  Parabéns, compañeiros. A pesar dos ataques iniciais, saíchedes para adiante. E a canción paga a pena. Botei varios días non planeta 19. Ollei, observei, escoitei, percibín e... de volta na terra: Parabéns. E abrigarse en Laponia, que tedes que tocar e cantar por todos nós. Saúde.

maribel - 19/08/2008 06:17

maribel  Parabéns rapaces. Un honor e un orgullo debe ser representar a Galicia. Tamén é certamente unha responsabilidade facelo dignamente. Ningunha dúbida. Vos nos representaredes moi dignamente. Facédeo coa humildade esa que tedes e que vos enaltece; pero sen esquecer que podedes gañar e debedes intentalo.

boyelliott - 19/08/2008 10:34

boyelliott  Nos tamén, de volta na terriña. Unha gran responsabilidad, certo, esperamos estar o nivel. MOITISIMAS GRAZAS A TODOS de corazón.

sesi - 28/08/2008 06:26

sesi  Non vos queremos. Somos moitos, moitísimos. Moitos máis que os que si o fan.