Vieiros

A polo ghit 08

radio galega

Para poder comentar ou votar é preciso estar rexistrado/a en Vieiros.
Se xa estás rexistrado/a, podes acceder dende este formulario.

Se non estás rexistrada/o podes facelo aquí

Lista de participantes
info, bases, novas

¿Queres ver a edición do ano pasado?

logo apologhit 07
Fran Amil

Ven recorrer o mundo (23)

Ven recorrer o mundo (23) Tras case dúas décadas bourando nos tambores de varios grupos de rock, mestizaxe, folk, jazz... e en diversas provincias galegas, Fran Amil atrévese a gravar, mesturar e parir o tema que presenta como estrea mundial en solitario (e non on the rocks) nesta edición do A polo ghit 2008: "Ven recorrer o mundo", convidándonos a dar un paso á fronte para coñecer moitas máis persoas no camiño da vida.

Se compartimos todo entre nós
a vida enteira irá mellor...
Polos camiños botaremos a andar,
para coñecer a moita xente máis...

Ven recorrer o mundo,
ven conmigo...
Ven recorrer o mundo
e facer amigos...
Non teñas medo,
irás acompañada...
Como un amigo, amiga,
non hai nada...


Olla o que hai ó teu carón.
Esperta a túa imaxinación.
Con un sorriso todo vai mellor...
Leva a ledicia no teu corazón.

Ven recorrer o mundo,
ven conmigo...
Ven recorrer o mundo
e facer amigos...
Non teñas medo,
irás acompañada...
Como un amigo, amiga,
non hai nada...

Ven conmigo... ven conmigo... ven conmigo... ven conmigo...

Ven recorrer o mundo,
ven conmigo...
Ven recorrer o mundo
e facer amigos...
Non teñas medo,
irás acompañada...
Como un amigo, amiga,
non hai nada...


0 votos

65 Comentario(s)

moluskus - 14/06/2008 02:30

moluskus  Esas lelas de pasta!

lordcheiro - 15/06/2008 10:20

lordcheiro  O señor Fran Amil é unha caixa de sorpresas. Nun novo exercicio de versatilidade, tocando todo tipo de palos (baquetas refírome), cunha estética moderna e transgresora e un sorprendente parecido ó director de OT (na foto alomenos), este home adiantado ó seu tempo (sietemesino) acaba de abrir unha nova páxina deste gran concurso. Vaia pois 1 voto para esta bonita canción

chancho - 16/06/2008 11:38

chancho  Vaia, señor Lordcheiro, queda contratado como manager para a xita Nos petoutos 2010. Poderá levarse unha porcentaxe de tódolos meus croissants e sobados... Pero, eso sí, quero setenta xogos de toallas coa imaxen de Pumuki, Banner e Flapi e Os Trotamúsicos. Tamén quero un jacuzzi para hamsters, con hidromasaxe e unhas ás de morcego para performances varias. Cédolle os meus dereitos de i máis xe. E entre as miñas preferencias para a primeira xita, deberá contratar ó ballet de pulgas de Kamchatka'tutidijills. Non lle acepto un non por resposta. Entre su eminencia e a miña inminencia poderemos acadar grandes cotas de (im)popularidade beluchistaní. Ah, que grande momento para a humanidade. Xa podo ver os titulares (e incluso, os suplentes) de tódolos diarios facéndose eco da nosa grande conquista do planeta Xpiriens, a bordo dun zepelin propulsado por flatos de mandril yuppie. Saudos desde o aguxeiro. E... ¡RECORTE OS SMAIJELS, JULIUS!

SheilaCoutada - 16/06/2008 03:02

SheilaCoutada  Es um crak!!

Franl - 16/06/2008 06:05

Franl  Efectivamente... fago crack... pero é porque xa os ósos perderon moito calcio. E non é fácil moverse polo mundo renxendo como os eixes da carreta... pero, ben, algo de guerra hai que dar... e queimalas naves (eso dáseme moi ben; son un pirómano do pentagrama; un incinerador de corcheas; unha iama que chuspe... un... un... Grazas, polo support. E viva o chanchismo ilustrado.

DoutorEsweider - 18/06/2008 12:32

DoutorEsweider  DEspois de escoitar este temazo, só somos quen de preguntar-nos a nós mesmas e mesmos e lesmas e lesmos: Qué tipo de droga canina é capaz de desatar estas violentas paixóns postpúbicas? qué grao de encefalopatia esponxiforme seremos capaces de acadar sen perder o cándido sorriso dun iluminado semimesías? cantos golpes de peito, cristianos ou gorilescos, seremos capaces de soportar antes de que se nos abra a coraza do disfraz de centurión? cantes calcentíns poden colher-nos na boca sen perder un rictus protocolário diante da rainha de Lesotho? Poderemos facer de taimada zamburinha na obra de teatro do clube social?

Franl - 18/06/2008 01:47

Franl  Vaia, doutor, o seu panexírico semella o máis demoledor dos exercicios de bile gutural... é voçe capaz dunha sorprendente poesía bilisterrae... Vai conseguir que alguén fique desorienteado da súa intención... Pode chegar a desatar a furia das Vacantes... Non se avergoñe de ter sangue de pitbull trabador (da Orquesta Os Trabadores). Agora, despois de sentar cátedra... ¿que máis pode sentar?

DoutorEsweider - 18/06/2008 04:26

DoutorEsweider  Por suposto son halagos!! racho as vestiduras con semblante feliz!!! parabéns, e manha votarei aquí!!

DoutorEsweider - 18/06/2008 04:43

DoutorEsweider  efq

DoutorEsweider - 18/06/2008 04:53

DoutorEsweider  d

DoutorEsweider - 18/06/2008 04:56

DoutorEsweider  sfv bsafg bngarymy rWBQTNENQTEr

DoutorEsweider - 18/06/2008 05:06

DoutorEsweider  por suposto que era unha metáfora sintomática e sintagmática de rizar o rizo... que as carrachas nom impiden albiscar a xesteira!

DoutorEsweider - 18/06/2008 05:06

DoutorEsweider  por suposto que era unha metáfora sintomática e sintagmática de rizar o rizo... que as carrachas nom impiden albiscar a xesteira!

DoutorEsweider - 18/06/2008 05:07

DoutorEsweider  por certo, esta raiada é porque o das mensaxes funciona cando lle peta!!

Franl - 19/06/2008 11:14

Franl  Señor Esweider... o tema fala de recorrer o mundo, de compartir esforzos, de evitar ser repunantes... Así que queda convidado a recorrer o mundo e facer amigos... Disfrute do concurso e non se preocupe, entendo que só quere querer... Quera e verá que ven lle presta...

Franl - 20/06/2008 10:46

Franl  Pasen e vexan o video total, o novo nonplusultra... qän? qän? A disfrutar co DÚO ESTÚPIDO MASCALZONE... Agora duoblemente mascalzone... Accedan á seguinte dirección: http://www.youtube.com/watch?v=zQgyhUTkSVg ... e non olviden vitaminarse e supermineralizarse... lonxe da lonxa...

Franl - 20/06/2008 12:02

Franl  Señor Esweider, bótase en falta o seu voto. Pensaba acadar os 5 antes de agosto, pero vexo que esquenceu a súa promesa, posteada o 18/6/2008 ás 04:26. E o digo con todo o amor do inframundo... E por favor, continue a regalarme a súa incontinencia verbal, que se non vou ficar eu só escribindo posts... Déme cera, pero non ceros...

Franl - 20/06/2008 12:03

Franl  Xa ve, señor Esweider. Ao final teño que voltar a postear... Fico sosiño sen a súa verborrea...

Franl - 20/06/2008 12:07

Franl  Escriba, señor Esweider... colla a súa pluma e garabatee uns sonetos. Guam pudo, ¿por que non voçe? Anímese e desempolve as cuadernas, que a poesía moinante reservanos un lugar entre os seus peitos. E mire o video do Moito Roncha no Youtube. Vaille prestar... Se existe a elegancia, condénsase nesa sesión de brikindens. Anímese, que non lle quero mal algún e o malentendido fica resolto... Viva a raíña de Lesotho. Vivan os borcegís legasmiosos e sementizos... Quero manter o rictus. Mande calcetos como os de Raqueliña. Paso adiante, paso atrás... coas jadoupas dun jato ou dun ocelote

Franl - 20/06/2008 12:14

Franl  Vivo sen vivir en mín e tan alta vida espero... que espero e desespero... ¿hai alguén ahí? ¿Melckmasianos? ¿Aldabernianos? Vaia... semella que estou só nesta illa overdijills... Terei que xogar a postear conmigo mesmo. Ola. Ola. ¿hai alguén ahí? Clonch... Clonch... Tiru.. viru.. liru... ¿hai alguén ahí? ¿Teñen profiteroles con salsa de améndoas? ¿Pasa por aquí o 17? ¿Tí es de aquí ou ves de Infesta? ¿Cantos mandriles poderían representar Hamlet cun craneo dun Ñú nú? ¿Sete? ¿Rapazolos? ¿Nunha? ¿Discotaska? ... ... ... ¿Hai alguén ahí? ¿Recorrer o que? ¿Over de que? Unha tila, por favor... con moito 54 e un pouco de crocanti de postre...

Franl - 20/06/2008 12:17

Franl  Señor Franl... creérase moi gracioso. Se por min fose, quitaríalle os míseros 4 votos que nin tan sequera merece... Vaia enredar á praia e deixe de ronchar na rede de redes...

raquel - 21/06/2008 10:46

raquel  Hai tempo que non escoito unha cancion con tanta calidade:fresca,sencilla,pra todolos publicos...Necesitase cantantes coma el en Galiza.

capikaspa - 24/06/2008 03:38

capikaspa  canción fresca e chea de rollo positivo, ben , paco, ben!!!!!

robespierre - 26/06/2008 02:57

robespierre  Hoxe estou contento que te cajas... por iso canto... pola ria abaixo vai unha troita de pe... quen a puidera coller, quen a puidera collerrrr.

damita - 26/06/2008 03:31

damita  la la la la la . son a doble de Masiel!!!!!! la la la la la ....

pauer - 28/06/2008 07:14

pauer  Ola, ti es pederasta?? maltratas as mulleres?? se asi fora e todos os demais te atacaran por iso(loxicamente), non te preocupes, que eu dareiche o meu voto, soio por iso...razonamento ridiculo , verdade?? aplicate o conto

pauer - 28/06/2008 07:17

pauer  por certo un dos temas mais ñoños, horteiras e cun son mais de mentiras, coma computerizado de todas as propostas..claro que para gustos...

Franl - 29/06/2008 10:16

Franl  Coincido plenamente contigo, pauer...

DoutorEsweider - 29/06/2008 10:28

DoutorEsweider  As oponións son como os cús, todos temos polo menos un...este tema só ten 16 votos, non se ensañe co pequeno, pauer!

DoutorEsweider - 30/06/2008 12:02

DoutorEsweider  Por certo, pauer, respeito as túas desafortunadas preguntas coas que te inaugura-ches neste fio, só quero dicer, para rematar con esta tonteria, que o Sr. Fran Amil, leva máis de 20 anos na música galega, e tocou en grupos como Os Papaqueixos, Os Diplomáticos de Monte Alto, Ruxe-Ruxe, Os tres trebóns, A banda de Pilpiño Viascón, Banda Potemkim, Mercedes Peón...en fin, grupos que se che gosta a música galega, segui-ches e desfruta-ches a saco!. en fin, non o tomes a mal, pero antes de falar, hai que se informar! :)

pauer - 30/06/2008 11:47

pauer  doutor informate ti, eu era colega/coñecido de anton de papaqueixos cando estaba estudiando en lugo(forestales??), coñecia e via o grupo en direto(ainda que nunca me gustou), coñezo e sabia dos outros grupos e de fran...e ainda que os respeito nunca me gustou ningun deles...e logo como ti non sabes por que dixen o que dixen e a ti non cho vou explicar, mellor estas calado por que non sabes de que falamos, saudos

pauer - 30/06/2008 12:08

pauer  por ultimo eu toquei e sigo tocando en grupos hc/punk galegos desde fai tanto tempo coma fran... e non por iso xa teño que saber mais que ninguen...a parte de que ti soio coñezas os grupos mais comerciais...xa sabes, ti xa o dicias, hai que informarse antes de falar

lerchaidancing - 30/06/2008 01:34

lerchaidancing  ola compañeiro. canción bonita ¡¡¡. beijo sonoro dende ou

Franl - 30/06/2008 02:30

Franl  Boas, Pauer. Que sepas que non me molesta en absoluto o que posteaches... Acepto as críticas positivas e as negativas e valoro moito máis as negativas cando son obxetivas (dentro da subxetividade da crítica en xeral) porque son as que axudan a progresar neste difícil oficio de egos estúpidos nos que moitos se creen en posición da Verdade Absoluta. Non me sinto molesto polo feito de que, como explicas nos posts de hoxe, non che guste ningún dos grupos nos que toquei e menos aínda pola música que fago actualmente, aínda que sexa por motivos que só eu coñezo. O punk é contestatario e se a tí non che presta o que fago, tes todo o dereito a expresalo. E, insisto, creo que fixeche unha boa valoración con respecto ó tema en canto a ñoño, horteira, etc... os meus motivos terei para facer algo así en vez de outras moitas cousas que fixen no pasado e que seguramente non coñeces. Só permíteme engadir que non busco a canción perfecta e que tampoco busco gañar este concurso. Xa o estou gañando co valor de participar e recoller as impresións da xente, como por exemplo a túa. Grazas por postear. E lamento que provoque prúrito no teu ánimo. Gustaríame saber en que grupos tocaches ou tocas actualmente. Quen sabe, igual teño compartido escenario contigo ou disco nas que tal vez tí ou os grupos nos que tocaches e tocas estés implicado. Afortunadamente, antes ou despois coñecerémonos polos roteiros do rock ou do punk ou, simplemente, da vida... Ata ese momento, tí agochaste baixo seudónimo. Eu dou a cara.

DoutorEsweider - 30/06/2008 04:17

DoutorEsweider  Pauer, de qué preciso información? Que che fale duns grupos non quere dicer que non coñeza outros (!?), e afirmar que os grupos anteriores son comerciais (!!??) faiseme un chisco ousado. E falo de grupos que sabían tocar, non me fales de catro colegas en torno a un caldeiro de kalimotxo. Aínda que aos outros o do kalimotxo xa lles chegaba!. Saúdos

pauer - 01/07/2008 12:27

pauer  doutor, que insinues que non saben tocar grupos coma mala oxtia e demais, e a veirificacion absoluta de que non os escoitaches na vida nen sabes de que estamos falando....e se falamos de tecnica instrumental alguns dos que ti mencionas non e que tiveran moita jejejeje....fran efectivamente me agocho baixo un pseudonimo e asi vou seguir..o meu primeiro post viña a conto de que fran apoiara os skandalo gz sinxelamente por que todo o mundo so atacaba, e odfeito de que iso me parece unha estupidez...si efectivamente non me gusta ningun grupo nos que tocache fran, pero non por que tocaras ti, e que non van esas pachangadas nada mais, algun tema puntual e via(o de pachangadas non vai en sentido peiorativo, ainda que no caso do tema que puxeste aqui si jajaja), saudos

DoutorEsweider - 01/07/2008 01:31

DoutorEsweider  Pauer, só mencionei os grupos nos que tocou aquí o sr. fran. De mala oxtia non dixen nada, porque sinxelamente naide dixo nada. OS respeto, pero non me molan nin a música que fan nen como tocan, nada máis. No resto tes razón, esto é un concurso público, e se non che gosta o que che poñen das tuas cancións (non é o caso aquí do amigo), pois ajoeagua!

Franl - 01/07/2008 06:50

Franl  parabéns, pauer. Gustóume o teu post. Acepto con deportividade que non te vaian esas pachangadas. Sen rencor. Saúdos.

pauer - 03/07/2008 12:46

pauer  ok, caralludo, doutor e fran, pedimoslle outra ronda que esta pago eu!! saudos e a coidarse

DoutorEsweider - 03/07/2008 12:17

DoutorEsweider  Ah! e tamén tocou na superbanda de Canhita Brava!!

robespierre - 04/07/2008 12:25

robespierre  bla, bla, bla, menos rollo e máis música, rapaces.

robespierre - 04/07/2008 12:27

robespierre  Por certo, señor fran, que é vostede un señor, non faga caso de provocacións enmascaradas. É fácil tontear oculto nun nick. Ah!, son o xurxo, teu irmán, jejej

DoutorEsweider - 04/07/2008 12:30

DoutorEsweider  Eis a proba: elegansia e saber facere ;) http://www.youtube.com/watch?v=_2fhU2WP0Cc&feature=related

nomediodomar - 05/07/2008 04:30

nomediodomar  xurxo: un que sabe un pouco de xadrez mándate un saúdo dende a illa de paco vallejo!!!! aínda teño a tua novax ;-DDDd

DoutorEsweider - 05/07/2008 08:23

DoutorEsweider  Home! Sr. No medio, páse-se polo Lugnasad co hiperes-pazo!

robespierre - 08/07/2008 02:41

robespierre  Boas, mallorquín, un saudo. Ainda tes a miña novax? Cando cha din? Qué é unha novax? jejej. Se ves o Nadal pídelle unha firmiña pra min!!!!!!!!!!

nomediodomar - 12/07/2008 02:15

nomediodomar  mallorquín? e non será o fantástico mallos-king ese peazo kie do barrio??? non serei visto pola auruxeira de bretoña pero se me ofreces algo para o día 9 ou 10... quén sabe? robespierre: a novax é unha maquina de sogar xadrez que parece unha mistura entre móbil e calculadora... lembre!

nomediodomar - 12/07/2008 02:17

nomediodomar  por certo... paco vallejo e dun pobo que se chama es castell... hai que viaxar máis... con aerolineas amil and co. vide recorrer o mundo!!!!!! e pasade por es castell, claro un voto para amilete

Franl - 13/07/2008 01:18

Franl  Sr. Nomediodomar. Aerolíneas Amil and co. lamentan que non possa voçe percorrer o mundo ata o bosque encantado de Bretoña, onde tiñamos a ilusión de velo conversar con fadas e libar con trasnos, como merece a ocasión. Espero que non se trate de algo irreversible e que poda amañar a última hora a súa aparición esa noite. Pero se os diaños non o liberan para esas datas, sepa que o día 9 de agosto Ulträqäns ouvearán e emitirán todo tipo de laios guturais rabuñando nos instrumentos ulträqänidos en Castrocaldelas, onde esperamos velo danzar, libar, chimpar e botarlle unhas repichocas, overdijills... Saúdos e coidado co sol, que é malo para os ollos e bó para os pimpollos...

robespierre - 13/07/2008 03:00

robespierre  ben, suponía que iso era unha novax, jejej, agora dime cando cha din e dónde, jeje

robespierre - 17/07/2008 03:18

robespierre  bravo, Paco, nunha cousa arrasamos!!!!!!!!!!! Na proporción comentarios-votos: 51- 24!!!!!!!!!! Bo sinal mandannos os ceos, pardiez.

Franl - 18/07/2008 02:40

Franl  Hoxe, venres 18 de xullo, ULTRÄQÄNS estaremos tocando no VIII FESTIVAL DA TERRA E DA L?NGUA, en Moinho do Pedroso (Narón, A Coruña), xunto con OS CUCHUFELLOS e CH?MALLE XIS! Se queredes pasar unha noite agradabe, pasade por alí. Trátase dun lugar paradisíaco, xunto un vello muíño e un río no que poderedes sentir aire fresco e evadirvos por un intre do cemento omnipresente nas cidades.

robespierre - 22/07/2008 03:32

robespierre  Momento, só se me ocurreo que o mallorquín poda ser Xesus Arrivi (?) . ¿pode ser?

Franl - 23/07/2008 04:00

Franl  Mañán, xoves 24 de xullo, sobre as 23,00 horas, ULTRÄQÄNS tocaremos na Festa da Dorna, 2008, en Ribeira. Tamén tocará Jabón Blue. Por alí estarán os mestres da Compañía do Ruído, dos Chiquilicuatres e un pobo fantástico e espectacular, celebrando a súa semana de festexos brutais e megacanfurnísticos. Pasádeos por alí porque pagará a pena.

Franl - 23/07/2008 05:23

Franl  Gran concerto en Xeve (Pontevedra) o vindeiro sábado 26 de xullo: OS TRES TREBÓNS E OS HOMES SEN MEDO, RUXE RUXE e O SONORO MAX?N. Se queredes bailar, xa sabedes a onde tedes que ir... Vai ser un gran concerto, abofé. Entrade en Komunikando.net e teredes información sobre como chegar (mirade o cartaz). Vémonos alí...

KBS - 30/07/2008 08:02

KBS  Podes ver o video clip Os dous amigos de Roger de Flor en (www.asmuxicas.com)

Franl - 01/08/2008 02:38

Franl  Parabéns ós finalista do concurso. Que teñades moita sorte e que gañe o que máis simpatizantes logre movilizar. Non cabe duda de que este ano demóstrase, por enésima vez, que a creatividade dos músicos galegos supera con creces tódalas espectativas... Moita sorte, para todos, compañeiros... e vémonos nos festivais.

Franl - 01/08/2008 02:41

Franl  Por certo, para todas aquelas persoas que querán vivir unha festa celta, hoxe en Bretoña (A Pastoriza, Lugo) terá lugar o LUGNASAD 2008 no que poderedes retrotraervos ó medievo (e far beyond) nun bosque máxico no que disfrutar de música folk e boas viandas e licores. Alí estaremos ULTRÄQÄNS pechando o concerto, cara as 3 da madrugada. Estades convidados todos e todas. Saúde.

boyelliott - 05/08/2008 03:09

boyelliott  Xa temos video clip http://www.myspace.com/boyelliott

merdameda - 07/08/2008 04:04

merdameda  ainda q tarde, a tempo. moitas grazas polos seus comentarios Sr. Amil, ghe,ghe,ghe. saude e saudos de medomedá.

Franl - 08/08/2008 04:20

Franl  ;)

morotxo - 18/08/2008 10:09

morotxo  parabéns fran, por vivir tan intesamente a canción do verán. Unha aperta master.

boyelliott - 19/08/2008 06:47

boyelliott  Grazas polo súa honesta actitude dende un comezo. Vemonos polo camiño Sr Amil. Sorte.

Franl - 21/08/2008 01:42

Franl  Sábado, 23 de agosto: macrofesta no festival X Fin do camiño (Anchoa, Fisterra), con A Cruz de Abaixar, Fiandola, Os Veraneantes, Os Cuchufellos e Ulträqäns. Boa música para disfrutar do peche do verán. E o domingo, 24, en O Incio (Lugo) o Terra Brava, con A Turre´s Band, Os Tres Trebóns e Os Homes sen medo e Ulträqäns. Saúde, compañier@s

Franl - 04/09/2008 08:45

Franl  ULTRÄQÄNS: Próximos concertos: o venres, 12 de setembro estaremos no festival Elviña Folk. É un clásico de boa música, bó ambente, boa xente... Non podedes perdelo. Compartiremos cartaz con grupos consagrados (con músicos consagrados e con sagrados músicos...): Bonovo e Quempallou, nada máis e nada menos... E o sábado 13, estaremos en Burela, nun festival no que pecharemos a noite tras disfrutar de catro grupos da comarca da Mariña luguesa que darán moita guerra. E xa o día 20, estaremos no barrio de Esteiro, en Ferrolterra, para compartir escenario con bandas locais no Fervesteiro. Tamén estaremos tocando na Coruña, na Casa das Atochas, onde compartiremos escenario co grupo Proyecto Sofás, unha revelación (a lo menos para mín; non tanto para quenes seguen a súa traxectoria en outros proxectos, como Grasa e o propio Challo...). Mesturan funk con jazz e polo medio... maxia sonora. Non faltedes. Seredes recompensados con boa música e máis cousas. Bicos