Vieiros

A polo ghit 08

radio galega

Para poder comentar ou votar é preciso estar rexistrado/a en Vieiros.
Se xa estás rexistrado/a, podes acceder dende este formulario.

Se non estás rexistrada/o podes facelo aquí

Lista de participantes
info, bases, novas

¿Queres ver a edición do ano pasado?

logo apologhit 07
The Bluesomes

Soandres (34)

Soandres (34) The Bluesomes presentan este tema, que trata sobre as festas celebradas na parroquia de Soandres, na Laracha. "Fixémola para compracer un compañeiro de carreira e de paso, e porque non, facer un tema coñero e divertido que ía co noso estilo". O grupo está formado por Chesko (guitarra, percusión, voz e o que se poña por diante), Bitoiro (guitarra e coros), Dubi (baixo, percusión e coros) e Suso (harmónica e voz).

O Gayoso e o Farruco nin os venres no Luar,
ven ás festas de Soandres se non tes que ir traballar.
Unha vella dixo a outra, polo furado da porta
ven ás festas de Soandres que non hai mellores mozas

Soandres, Soandres, Soandres, Soaaaandreees, Soaaaandreees

O Manolo dixo á Herminia, pola xanela da cociña
ven ás festas de Soandres, se non ves vou coa veciña

Os paisanos do lugar, din no canto de xogar
ven ás festas de Soandres, se tes tempo de vagar

Soandres, Soandres, Soandres, Soaaaandreees, Soaaaandreees

O Gayoso e o Farruco nin os venres no Luar,
ven ás festas de Soandres se non tes que ir traballar.

Soandres, Soandres, Soandres, Soaaaandreees, Soaaaandreees
Soandres, Soandres, Soandres, Soaaaandreees, Soaaaandreees


0 votos

21 Comentario(s)

Doval - 16/06/2008 12:34

Doval  O meu bó amigo Paris Joel díxome que os votara e alégrome de ser o primeiro en facelo. Moita sorte e unha aperta para Suso.

dubi - 17/06/2008 02:08

dubi  Bueno, bueno, bueno... Cando o vexan os demais... Rock & Blues na Galiza! e en Soandres!!

Sunsury - 17/06/2008 08:29

Sunsury  Gracias polo voto, a ver se paris tamen nos vota, eu acabo de enterarme de que estabamos nisto jajaja vaia condenado é este dubi jajaja!

sandine85 - 18/06/2008 01:10

sandine85  eu tamén pasei por aquí a votar

DanMasters - 18/06/2008 02:13

DanMasters  ala, rapaces,quero dedicar este voto ó bluesome que se ocorreu poñer os ensaios pola mañá

Oliver - 18/06/2008 10:52

Oliver  Ola primo! pois eu precisamente che iva dicir que vos presentarades a polo ghit pero vexo que non fixo falla , haber se gañades pero hay que votar moito mais...

LuPiLLo - 19/06/2008 10:18

LuPiLLo  Jesusito jesusito xa votei pa que digas que tal je je, vemonos o domingo no rodaje ou o sabado entrenando chaossssssssssss

mA_ - 19/06/2008 02:50

mA_  suso acabo d votar (soy maría dsñ-ferrol). mucha suerte!!!

Franl - 20/06/2008 10:43

Franl  Pasen e vexan o video total, o novo nonplusultra... qän? qän? A disfrutar co DÚO ESTÚPIDO MASCALZONE... Agora duoblemente mascalzone... Accedan á seguinte dirección: http://www.youtube.com/watch?v=zQgyhUTkSVg ... e non olviden vitaminarse e supermineralizarse... lonxe da lonxa...

Franl - 20/06/2008 12:30

Franl  Cojonudo. Blues blues. Que non todo vai ser punchi punchi...

samus - 20/06/2008 08:44

samus  ahí os vai o voto dezanove, que teñades moita sorte nesta nova andaduría, saúdos, rapaces!!!

dubi - 21/06/2008 01:56

dubi  Graciñas Xente, asi da gusto ollar como os amigos responden á chamada :) saudos e sorte!!

nat - 22/06/2008 02:16

nat  pobre da Herminia... haberá que pasarse por Laracha entón moita sorte

acdz - 22/06/2008 02:50

acdz  Un saudo da ACDZ de San Sadurniño!!! Quedan pendentes eses sofas no escenario!!! Moita sorte!

GAITAfilms - 24/06/2008 12:20

GAITAfilms  ArreNegAdo sea el Demo, Eu NunKa Tal BlueS EsCoiTei, XeNiaL

TheCanhas - 24/06/2008 01:41

TheCanhas  Esta xente merece unha oportunidade moi grande!! Votazo por eles!!!

nkprieto - 24/06/2008 10:54

nkprieto  Hola rapaces!! Un saúdo ós colegas de Dani de Ferrol, aínda que é de Mos... Graciñas ós que votastes ó JABÓN DE LA BANDA, ahi vos foi o meu voto. FESTAAAA!!

dubi - 29/06/2008 05:45

dubi  sobrepasouse a franxa dos 50 votos!!! agora a polos 100!!!!

CAPITANDZ - 10/07/2008 05:33

CAPITANDZ  sofas encargados... apertas tropa!!

KBS - 30/07/2008 07:56

KBS  Podes ver o video clip Os dous amigos de Roger de Flor en (www.asmuxicas.com)

boyelliott - 05/08/2008 03:06

boyelliott  Xa temos video clip http://www.myspace.com/boyelliott