Vieiros

A polo ghit 08

radio galega

Para poder comentar ou votar é preciso estar rexistrado/a en Vieiros.
Se xa estás rexistrado/a, podes acceder dende este formulario.

Se non estás rexistrada/o podes facelo aquí

Lista de participantes
info, bases, novas

¿Queres ver a edición do ano pasado?

logo apologhit 07
Sacha na horta

Que terá o L.K.? (76)

Que terá o L.K.? (76) "Moito nos prestou a aventura cubana do passado fevereiro! Entre todo o que apanhamos na mala das experiências vinha também a filosofía do "a modinho" esse jeito cubano de facer as cousas de vagar.(Relájese y coopere! Que dizía o outro.)
E entre esta pachorra, o tempo revolto que nos deu xunho botando aínda os tomates e algumha que outra resaca cafeteira chagamos ao "A polo ghit" deste ano polos pelos. Mas aqui está a nossa proposta de cançom estival e atemporal porque, de janeiro a dezembro e de Tui a Ribadeo, quem nom se perguntaría algumha vez que ostia terá o licor café". Sacha na horta, gañadores da edición de A Polo Ghit do ano 2007, volven probar este ano. O grupo fórmanoAndrea, Laina e Mané (voces), Álex (teclado), Brais (guitarra), Gus (batería), Manu (trompeta), Martinho (saxo) e Miguel (baixo).

Cada manhá levanto-me da cama,
salto pola janela e descobro um dia mais
que é de dia e nom sei voar
tal como à noite fazia.
Outro dia aprendendo a andar.
Deixarei a fiestra aberta
por se acaso passas cerca
pra que escoites os latejos
deste coraçom que envejo
porque nel (suspiros de papel) sempre estás
nom como nas minhas mans.
E pola noite, quando chegue a negrura,
buscarei-te na espesura dum trago de licor.
E se acaso nom te atopo no fondo deste copo
será que soubo a pouco:
- Outro trago por favor!
Coma um relojo estou a contar as horas
e se vejo que te demoras
acabas-me a paciência e o licor.
Porque se nom vés comigo beleza
marcharei com quem mais a ti se che pareça
Já o diciam os de Ataque Escampe:
Estas-me a quentar a cabeça!
Que terá o licor café que cada vez
estás mais tempo metido na minha cabeça
que tanto me pesa de tanto pensar-te que já me tes negra
como o licor café.
Que resacom! Nom me lembro de nada.
Pero que é o que há na cama, este bulto ao meu carom?
Ai diormio! Quem é este tio que está aqui sem calçom?
Cago em dios! Nom volvo a tomar licor!
Quando esperte perguntarei-lhe o nome
vaia ser que em vez dum home nesta cama houbesse 2, 3 ou 4...24!
Cam ou gato? Um burato, vou-me um rato! asubiando "should i stay or should i go"
Remegendo a cama todo o día
atopei o que ali no mais fundo habia
escondido debaijo da manta
eras ti o bulto do home que me encanta.
Eras ti, eras ti por fim nesta cama,
eras ti a quem tanto buscaba cada noite entre a lúa e o alcol.
Vai-te d'aqui, vaite d'aqui! Que nom queria atoparte.
Jogo jogando a jogar a buscar-te escondendo mil miradas num licor.
Que terá o licor café que cada vez
estás mais tempo metido na minha cabeça
que tanto me pesa de tanto pensar-te que já me tes negra
como o licor café.


0 votos

22 Comentario(s)

lordcheiro - 19/07/2008 01:05

lordcheiro  Excellente, si señor, sacha na horta boísimos. Eses ventolarios, pra cando outra cuchipanda? Aí vai un voto

Malpaso - 19/07/2008 05:26

Malpaso  Boisimo, francamente, un dos mellores temas deste ano.

lercha - 20/07/2008 12:11

lercha  Ostia!! Vaia temazo!! Pero onde estabades oh!?

vera - 20/07/2008 01:08

vera  temazo!!, pero non seria extraño gañar dous anos seguidos??....

louren - 20/07/2008 06:10

louren  MOI BIEN MOI BIEN!!! Saúdos compañeiros

morotxo - 21/07/2008 08:22

morotxo  pero si son as sacha na horta as máis tremendas apologhinianas do mundo mundial, un voto para o millor tema de novo do apologhit 08. Se non gañadaes e normal pero merecedelo. Unha aperta

dopais - 21/07/2008 11:54

dopais  Temaço, pois ogalhá ganhem dous anos seguidos Sodes do milhor que há este. Um saudo a Manuelinho!!!

capikaspa - 21/07/2008 12:31

capikaspa  gostoume moitisimo esta cançao. ben por vos!!!!!!!!!!! e bicos, nenas, jejej

cesarvidal - 21/07/2008 04:25

cesarvidal  É a melhor!!!Chega a cançom mais agardada desta ediçom!Cada vez estades mais tempo metidas na minha cabeça..Ficará por sempre como o hino da nossa geraçom likorkafiana!Sorte na recta final!!! (o vosso galego è cinco vezes melhor que o de paul a sombra, a ver se o resto dos grupos de apologhit fazem os cursinhos do celga...)

Paulasombra - 22/07/2008 11:48

Paulasombra  o nosso voto para vós. um grandissimo tema e uma grandissima interpretaçom. desejamos-vos o segundo posto, que tamem dá para muitos polos de limom.

louren - 22/07/2008 05:36

louren   HOXE POLA NOITE NO TOURAL, COMPOS, AS 23:30 CONCERTO DA BANDA POTEMKIN. VOS VIDE QUE NOS POMO-LO ARRRRRRRRRRRRRROOOOOZ!!!!!!!!!!!! SAUDOS.

arremecaghona - 23/07/2008 12:33

arremecaghona  Temazo! Identificación total.

Franl - 26/07/2008 10:36

Franl  CRACKS

Sonsabela - 27/07/2008 12:20

Sonsabela  Bonito de verdá! Parabéns

morotxo - 29/07/2008 12:37

morotxo  vota, vota idiota...otra vez hai eleccións menudo marrón... vota, vota, vota idiota. Hai vai otro voto meu, so levo 2... desculpade é que nunca me lembro....

morotxo - 30/07/2008 02:26

morotxo  venha outro voto, hai que darlle ata o último momento que é manhan.

KBS - 30/07/2008 07:25

KBS  Podes ver o video clip Os dous amigos de Roger de Flor en (www.asmuxicas.com)

papuxa70 - 30/07/2008 08:41

papuxa70  Na súa linha cançom deplorável.Hai xente na cadea por ben menos¡¡

abeluria - 31/07/2008 09:34

abeluria  já será pra menos, ou? ;) Eu digo abaixo os muros das prissons e que a gente cante aqui, cante na Habana ou onde e como lhe pete! ?nimo companheir@s, temos moito que sachar!!!

boyelliott - 05/08/2008 02:54

boyelliott  Xa temos video clip http://www.myspace.com/boyelliott

Franl - 08/08/2008 04:38

Franl  Impresionante tango destilado entre feixes imaxinación e elegancia... ¿que tera? ¿quen o tera? Supramegamasters. Saúdos para todas e para todos vós, (reverencias varias) avante toda!!!

morotxo - 18/08/2008 10:11

morotxo  máis non ten comparación, papitos e papitas, CHIIIIICO