Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil



Soache Galicia
Declaración de principios, no XI Congreso

O PSC proclama que Cataluña é "nación" con territorio, cultura e historia de seu

12:15 - Os socialistas cataláns afirman que a integran "todos os cidadáns e cidadás de Cataluña con independencia da súa orixe e da súa lingua materna".

Sydney Possuelo, experto en pobos non contactados

"Vexo con moita preocupación o futuro dos indios, dos illados e dos non illados, e tamén o noso"

13:00 - Medalla de ouro da Royal Geographical Society, 'Heroe do ano' para a ONU, en 2001, ... o explorador brasileiro defende o dereito dos indíxenas non contactados a permaneceren illados.

Estudo

"A correcta oferta de parques empresariais é un dos eixos de desenvolvemento do país"

10:00 - Xavier Vence, catedrático de Economía Aplicada da USC, considera que cómpre "máis solo industrial en lugares estratéxicos e con servizos de calidade"

A VOZ QUE NON SE APAGA

Radios libres: escoita as voces da xente

11:45 - As novas tecnoloxías e a xestión asociativa fai que pervivan as radios libres, malia a falta de fondos, ameazas de peche e ocupacións do seu dial.

En Laredo e Noja

Estouran varios artefactos en destinos turísticos de Cantabria sen causar feridos

13:30 - Un comunicante anónimo, que falou en nome de ETA, avisou ás 10.30 de que as explosións se producirían entre as 12.00 e as 15.00 horas deste domingo.

Conflito no Curdistán

O PKK libera tres montañeiros alemáns capturados hai dez días

12:55 - O secuestro produciuse dúas semanas despois de que Alemaña prohibise a emisión dunha canle de TV curda, a que acusan de ser "voceira" da guerrilla.

Danos no vehículo

Os cazadores negocian un seguro que cubra os accidentes de tráfico con especies cinexéticas

11:35 - Anunciouno este sábado o presidente da Unión de Asociacións de Titulares de Tecores, durante as X Xornadas polos Dereitos da Caza.

EN BAIO

Comeza a rodaxe d'A casa da luz', primeira longametraxe infantil na nosa lingua

10:00 - O filme é unha adaptación da novela de Xabier Docampo e pretende tratar o público como "espectadores intelixentes".

Crónicas da India (4)

Aquí todo o mundo casa antes dos 25 e se non o fas aí quedaches

10:00 - "Achegámonos á praia da cidade, que cada vez sorprende máis co seu nivel de domesticación. Polo menos houbo sorte e non atoparon petróleo".

En defensa de catalán, éuscaro e galego

Profesores de diversas universidades do Estado 'maniféstanse' contra o Manifiesto

2

13:50 19/07/2008 - "Para o nacionalismo lingüístico español a lingua castelá é superior, cómoda, fácil e útil, virtudes todas que son sempre o produto de circunstancias naturais, nunca da imposición e da represión"....

O sétimo do país

En outono dará comezo o trámite para a creación do Parque Natural de Pena Trevinca

1

19:35 19/07/2008 - Medio Ambiente anunciou este sábado a medida, demandada dende hai anos, na 'IV Feira da Caza e Natureza'.





Máster en lingua





Outros canais



UIMP - Becas e Matrículas