Volver a vieiros

Linme hoxe toda por dentro

María Mariño era unha das figuras máis enigmáticas das nosas letras. Sabíase moi pouco sobre ela, até o punto de que se ten dubidado sobre a autoría dos seus textos e mesmo da súa existencia. O certo é que María Mariño Carou naceu hai un século en Noia, e morreu, vítima da leucemia, hai corenta anos. A súa valiosa obra poética (en vida, Palabra no tempo, e de xeito póstumo, Verba que comeza e Más allá del tiempo), amosan a súa vontade de estilo, o seu radical rupturismo coas convencións da linguaxe, a súa teima existencialista, e a súa capacidade para crear universos simbólicos. A súa poesía non esmorece co tempo, e neste 17 de maio, son moitas as voces que a lembran.

Verbas que comezan

Son as voces máis novas da poesía, e teñen moito que dicir. Son os dinamiteiros da fala de hoxe. No primeiro arquivo poderedes escoitar unha mostra da súa creación, e, no segundo, a súa opinión sobre a achega de María Mariño á literatura.

  • Daniel Salgado Daniel Salgado
    "A fin da historia"

    (Monterroso, 1981). Xornalista na sección galega de El País, ten publicados os poemarios Sucede, Días no Imperio, gañador do XXIV Premio Esquío, e Éxodo.

  • Xiana Arias Xiana Arias
    "Sentada na porta da casa"

    (A Fonsagrada, 1983). Xornalista no Diario Cultural da Radio Galega, publicou recentemente Ortigas, premio Pérez Parallé de poesía, en Espiral Maior.

  • Diana Varela Diana Varela
    "Como os amantes de Montbosc"

    (Corme, 1982). É avogada, e xa gañou os premios Díaz Xácome, coa obra Afirmación en nove cantos, e o Uxío Novoneyra, con Xardín de palabras.

  • Verónica Martínez Verónica Martínez
    "Pero de súpeto regresa o silencio"

    (A Frouxeira, Valdoviño, 1976). Licenciada en Historia da Arte, publicou Desterrada do meu corpo (2001), Deshabitada, e sen verdugo (2002) e Cara a un solpor de gatos (2005).

  • Alberte Lema Alberte Lema
    "Colombia, capital Cambados"

    (Bamiro, Vimianzo, 1975). É filólogo e publicou no mes de novembro Veremos caer os muros, un longo poema épico que retrata un mundo irreal, na recén creada Estaleiro Editora.

  • María Lado María Lado
    "Novembro"

    (Cee, 1979). Estudou Filoloxía Galega, e é autora dos poemarios A primeira visión, Casa Atlántica, Casa Cabaret e Berlín. Acaba de gañar o XIX Avelina Valladares de Poesía coa obra Nove.


Na voz da lembranza

A poesía de María Mariño ten suscitado varias investigacións, dende o ámbito da literatura en xeral e da crítica literaria feminista en particular. Mesmo houbo quen musicou poemas, e tense convertido en fonte de inspiración para o cinema documental.

  • Manuel Forcadela Manuel Forcadela
    "Unha indagación no territorio María Mariño"

    O escritor e profesor Manuel Forcadela acaba de presentar o documental 'Estudos sobre María Mariño' no Cultur.Gal, e falou con Vieiros do proceso de produción. Aquí podedes ler a entrevista.

  • María Xosé Queizán María Xosé Queizán
    "María Mariño podería ser escritora senlleira de calquera literatura"

    María Xosé Queizán, directora de Festa da Palabra Silenciada, ten abordado en varias ocasións a figura de María Mariño dende a crítica literaria feminista. Aquí podedes ler a entrevista.

  • Carmen Blanco Carmen Blanco
    "Poesía para a paz"

    A profesora Carmen Blanco, que ten investigado dende a crítica literaria feminista sobre María Mariño, publicou este ano Vida e obra de María Mariño, e reflexiona neste artigo sobre a poeta. Aquí podedes lelo.

  • Uxía Uxía
    "Pareceume unha poeta fascinante"

    A cantante Uxía é autora dunha versión musicada do poema Vogar, de María Mariño, que se incluíu no seu disco Danza das Areas. Aquí podedes ler a entrevista.

  • Manoele Manoele
    "Poesía moi densa, case prosa lírica"

    Manuel Vázquez Fernández, máis coñecido como Manoele de Felisa, é un cantautor de Cuntis que acaba de sacar ao mercado o disco A María Mariño. Aquí podedes ler a entrevista.

  • Maite Martín Maite Martín
    "Muller adiantada ao seu tempo"

    Maite Martín Barrenechea, neta da irmá maior de María Mariño, Concha, vive en Madrid, e malia non chegar a coñecer persoalmente á súa tía avoa, ten investigado moito sobre ela. Falou con Vieiros das súas lembranzas.


Podes ver os anteriores especiais do 17 de maio: