|
||||
|
ai 25 anos. Dunha morte. Tamén do inicio dunha democracia ¿Lembrar? ¿Esquecer? ¿Mirar atrás? ¿Ou traballar para o futuro? Sen dúbida o importante é respostar á última pregunta. En 1975, a morte do dictador era o final do seu propio agotamento represivo e o final tamén dun sistema que non daba para máis. O pobo e os políticos que defendían a liberdade, xa estaban noutro camiño. Por iso foi posible a transición e era innecesaria a ruptura. Por iso o "Régimen" non tivo a opción de amarrar o que teóricamente estaba "atado y bien atado". O Partido Socialista estivo desde o principio nese diseño de futuro e compartiu os intentos máis ou menos conscentes, pero indudablemente plurais, de non mirar atrás. Hoxe todos temos que felicitarnos por ter sabido poñer as bases para esta nova democracia estable. O pobo, coa súa recuperada liberdade de voto na man, decidiu. O pasado cos seus pesadelos e horrores, é pasado. E o pobo coa súa sabedoría, seguirá a ser o futuro. Amable Dopico Secretario Xeral da Agrupación Local do PSdeG PSOE e 1º Tenente de Alcalde do Concello de Ferrol | |||
Vieiros | Franco e o franquismo na rede | ||||