|
||||
|
u daquela estaba a traballar en Radio Popular de Vigo e sentino como a final dunha viaxe anunciada. Eu era dos que pensaba que o proceso democrático ía chegar dun momento a outro, que era irremediable. E tamén cría que tanto a sociedade galega coma a española estaba madura abondo para recibir a democracia. Os anos seguintes foron moi intensos, pero demostramos un estado de madurez e de cordura que fixo que o proceso de transición fose integrador. A historia -coido eu- vai xulgar positivamente ese período, esa solución negociada a aqueles corenta anos de dictadura. Non, non brindei con champán. Non creo que as mortes se deban celebrar en ningún caso. Pero si sentín que se abrira un horizonte novo para a sociedade. E a proba é que os cambios foron para ben: tanto a nivel político, como social e económico. Os avances foron espectaculares nestes 25 anos. Nunca a sociedade galega nin a española viviran un período coma este, tan longo e ininterrompido de democracia. Víctor Fernández Freixanes |
|||
Vieiros | Franco e o franquismo na rede |
||||