Vieiros

Vieiros de meu Perfil


EuropaPress


Sánchez Piñón asegura que a inspección educativa avaliará ao final de curso o cumprimento do decreto do galego

18:53 09/05/2008

PONTEVEDRA, 9 (EUROPA PRESS)

A conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, Laura Sánchez Piñón, defendeu hoxe que a inspección será a encargada de avaliar ao final de curso o cumprimento do decreto de galeguización do ensino.

Así contestou en declaracións aos medios, preguntada en reiteradas ocasións, nun acto en Pontevedra, e resposta á advertencia de 190 equipos de normalización lingüística de que dimitirán no caso de que a consellería "non tome medidas" para facer cumprir o decreto.

Deste modo, limitouse a sinalar que se trata dunha "cuestión que compete á inspección educativa" e reiterou que "o propio decreto considera un sistema de avaliación, e a emisión de informes compete á inspección educativa".