Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


EuropaPress


Galicia contará o próximo curso con catro novas seccións da Escola Oficial de Idiomas

18:55 09/05/2008

PONTEVEDRA, 9 (EUROPA PRESS)

A conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón, anunciou hoxe que o próximo curso poranse en marcha en Galicia catro novas seccións da Escola Oficial de Idiomas, que se situarán en institutos de ensino secundario de Ribeira, Ordes, Ponteareas e Pontevedra.

En total ofertarán 700 prazas para estudantes de inglés que, segundo comentou a conselleira, contribúen a evidenciar o compromiso de potenciar unha "oferta suficiente e de calidade".

A titular de Educación sinalou que nos casos de Ribeira, Ordes e Ponteareas as respectivas seccións se decidiron baseándose en dotar lugares apartados das grandes cidades da posibilidade de dispoñer de estudios de idiomas, mentres que no caso de Pontevedra se creará unha sección no Instituto Valle Inclán como "reforzo" á que existe no centro da Xunqueira.