
Contos xa publicados:
A estas alturas
[22/12/2000]
Frenadol Cómplex Granulado
[15/12/2000]
A inqueda noiva do ilusionista
[07/12/2000]
A tremebunda morte da estanqueira estancada
[01/12/2000]
Unha vida Pulp Fiction
[23/11/2000]
Atopámonos diante da armería
[17/11/2000]
A cociñeira que soamente cociñaba ovos cocidos
[10/11/2000]
Futuro raro
[03/11/2000]
Unha pizza de moras
[27/10/2000]
Texas Tornado
[19/10/2000]
|
 |

 |
 |
 |
 |
¿Como funciona esto?
Durante 10 venres Santiago Jaureguizar porá en liña nestas páxinas un novo relato. Trátase de experimentar unha nova forma de creación: os relatos colaborativos.
Jaureguizar, e Vieiros como editorial electrónica, propoñémosche completar, ampliar ou contrastar o espírito e a forma dos relatos por medio dun dos métodos de comunicación máis completos e dinámicos: as hiperligazóns. Vencellando webs a determinadas palabras ou frases completas podes confirmar ou variar o sentido do conto, facer del unha viaxe aberta e converterte en coautor ou coautora do relato.
As túas propostas serán inmediatamente incorporadas á narración nunha columna á marxe. Cando a experiencia chegue ao seu remate, ao seu conto número 10, Jaureguizar escollerá aquelas ligazóns que crea que se deben incorporar ao resultado final. O que resulte será un baixable a xeito de libro electrónico en formato PDF, onde as ligazóns estarán incorporadas nos propios textos literarios, complementándose cun índice de coautores participantes.
Que te divirtas. Participa.
Exemplo
Imaxina que queres por unha ligazón na palabra tornados, desta frase do primeiro relato:
"(...) que os transportaba a el, a súa dona e a outros devotos dos tornados polos estado de Texas adiante".
1. Cubre o campo de Palabra ou frase a ligar:

2. Atopa unha páxina web que creas que pode complementar ou variar o texto no sentido que creas interesante.
Para atopar estas páxinas podes utilizar índices: Vieiros, Yahoo, Terra, Goggle, Dmoz... ou buscadores textuais: Altavista, Alltheweb, HotBot, Excite, ...
Supoñamos que o enderezo da páxina que queres propor é
http://www.twisters.com
3. Copia o enderezo da páxina e pégao no campo de ligazón do noso formulario

4. Pon o teu nome
5. Pon o teu correo
6. Preme no botón de Aceptar.
Xa está!
Notas.
a. Podes propor todas as ligazóns que desexes.
b. Podes ligar a contos anteriormente publicados
c. Podes vencellar unha palabra ou unha frase que xa estea escollida por outra persoa, sempre que a proposta de URL sexa distinta :)
d. Non hai idiomas definidos. Aceptanse ligazóns en todas as linguas.
Para calquera dúbida escríbenos a este correo.
|
 |
 |
 |
 |
|
 |