Vieiros


Como funciona


Contos xa publicados:
A estas alturas
[22/12/2000]

Frenadol Cómplex Granulado
[15/12/2000]

A inqueda noiva do ilusionista
[07/12/2000]

A tremebunda morte da estanqueira estancada
[01/12/2000]

Unha vida Pulp Fiction
[23/11/2000]

Atopámonos diante da armería
[17/11/2000]

A cociñeira que soamente cociñaba ovos cocidos
[10/11/2000]

Futuro raro
[03/11/2000]

Unha pizza de moras
[27/10/2000]

Texas Tornado
[19/10/2000]

Familia Feliz

Jaureguizar

Jaureguizar -a secas, así o quere el- veu a luz en Bilbao, aló polo 1965. Non sabemos por que razóns ou traumas da infancia... a este home gústalle o hiphop, os manga xaponeses, os cómics... e a Internet.

Semella (a simple vista) que o seu é comunicar, sexa cal sexa o soporte ou o formato. É xornalista (traballa en El Progreso), guionista, novelista e dramaturgo, ademais de cantante no grupo "Elviscristo Furious Machine". Todo isto nunha mesma persoa.

A súa máis coñecida faceta é a de escritor, ás veces mesmo abandeirando o movemento Bravú. Velaquí os seus froitos literarios:

Fridom spik (colección "Ferros", Xerais,1995), contos.

Todo a cen (Sotelo Blanco, 1996), novela xuvenil.

Comendo espaguetis diante da televisión (colección "Negra", Xerais, 1998) novela negra

A rutina corsaria (colección "Fóra de Xogo", Xerais, 1998), novela de aventuras.

Salitre. (Xerais, 2000), novela xuvenil.


A súa última obra é virtual:
Infimos.net. Trátase dunha web que publica narracións de menos de cinco liñas. Ou o que é o mesmo, contos ínfimos. Nela Jaureguizar verque "Touciño de Ceo", o primeiro volume destas labazadas narrativas. Aberto ao público.