Volver a Vieiros

Picadiña

Enviado por fungueiraso o día 19.02.2008

E vaime doer?- dixen. Doeuche algunha vez algo do que che fixen?- dixo aquel pescozo tan branco. Pois non- dixen. Entón, parviño? Agora, vas sentir unha picadiña- dixo ao tempo que me metía o dedo na boca e ma enchía de sabor a látex e algodón. Se cadra foi efecto da anestesia, mais xuraría que co torno na man e os seus dedos dentro do meu maxilar esfregou a súa bata contra min enleándome co seu cheiro.
Xa está, procura non mastigar dese lado en vintecatro horas, e pide vez para revisar esoutra moa.- dixo. É cara, mais que ben traballa.

2,19/5 (16 votos)

bases ferve a rede


premios ferve a rede