Volver a Vieiros

A tanza

Enviado por mazorca o día 20.02.2008

Durmías tan fondo que foi fácil collerte polos fíos da cabeza e atarte aos meus dedos. Un nó de mariñeiro no índice, unha lazada imperfecta no corazón e desde as xemas ata as coxas deslicei a tanza que levaba o teu arrecendo: a última marea. Querías espertar, pero eu anaineite e dinche pan con noces dos meus peitos mornos de cama. Co sexo á espreita, adormeciches outra volta. A saba enleábaseme nas inguas e foi entón que entrei e sentín a vertixe da baixada e o azucre dos límites e souben que caerías comigo se non tivese folgos para seguir soa

2.71/5 (28 votos)

bases ferve a rede


premios ferve a rede