Volver a Vieiros

Grados

Enviado por ilmondo o día 12.02.2008

Por que me dixo: tócame aquí. E eu toqueille. E agora coa outra man tócate a ti aí. Fai o mesmo movemento que para lavar un prato. Teño calor. Poderiamos non quitar a roupa de por dentro. Por que me dixo: achégate ben pero non uses a forza. E a boca? Mentres te palpe podías tela sempre aberta. Xunta os xeonllos. Impórtache se pecho os ollos? Impórtame. Por que me dixo: mira isto. Mantente na punta dos pés. Sobe un pouco. Baixa máis. Sentes a lingua? Agárrame as orellas. Telo cuspe quente. Teño calor.

2.67/5 (48 votos)

bases ferve a rede


premios ferve a rede