Volver a Vieiros

antes de cucar

Enviado por bestarruza o día 21.02.2008

Isas mans algo frías ándanme inquedas e solprendidas, costas abaixo a virar na volta prohibida, a palpar xemelgos disteradamente evoluídos e esculcalos na sua querencia pendurante.

A boca que era seriosa antes engorda agora a cada beixo e fedella na percura de mais sustento. A pel nunca foi tan branca e tan lambida. A saliba é sabia de riba manantial de baixo e no vórtice entre entre as ingles conflúen, fan foz e esteiro onde a boca-lamprea súrpame a alma, meixón feliz no visgo supremo.

2.68/5 (25 votos)

bases ferve a rede


premios ferve a rede