Volver a Vieiros

home líquido

Enviado por bestarruza o día 21.02.2008

Son home líquido a buscar dalas e gavias, canos sen fin; río súpeto a emborcarme nos teus peitos de broches abraiados, a mirar pra riba coma se acabaran de chegar,a buscar o ceo.

Lambo coxas brancas, pube de luar e adéntrome sen chamar entre bembas rosadas de manantial brañego e alí trouxo as humidades todas da miña historia, facéndote xemer pra sentir que a terra toda vira. Cada pouco, subo a collerche o cabelo e beixarte godalleiro pra confirmar que esa cona sublime ten proprietaria real.

2.71/5 (28 votos)

bases ferve a rede


premios ferve a rede