Volver a Vieiros

NON É SEXO

Enviado por ariel o día 22.02.2008

Que me digan que non é sexo morrer cada noite afogada en augas mornas verquidas por non terte, tremer co máis lene roce da palabra xamais dita, maxinando o traxecto incansable da túa língua polos lindeiros do gozo extremo.
Que non digan, porque sexo non é non tocarte, senón coa ollada ávida de beixos e que o paraugas que nos tapa da choiva sexa excusa para tremer ao teu lado.
...Porque se cadra, isto non é sexo i eu non debería telo escrito.

2.66/5 (38 votos)

bases ferve a rede


premios ferve a rede