Volver a Vieiros

olor a carne

Enviado por entrefisuras o día 23.02.2008

frustras a miña lingua
poñéndolle fin rosa ao teu corpo espido
docemente salgado
puro amargor picante
olor a carne
nos dedos
e tes tempo para saborear e
morder
as miñas pestañas
e vai e ven
e vai e volve
e vai e vaite
e ven e voume
paciencia contida no orgasmo infinito
soboréasme adentro
e me apelas suplicando clemencia
e
suxiro
piadosa
córrete

2.5/5 (16 votos)

bases ferve a rede


premios ferve a rede