Volver a Vieiros

eros e tanatos

Enviado por celtigo o día 24.02.2008

Deille o pésame á viúva. Ficaramos sós no tanatorio. Estaba desfeita e pra consolala cinguina contra min mentres lle acariciaba o pelo sedoso e a soave curva do ombro. Quixen calmar a súa dor e roceille un peito sen querer. Notei a dureza dos pezóns apuntándome. Baixei ás cadeiras e profundei na saia negra para descubrir outros beizos que tamén choraban. Tiña que aliviala. Contra o cristal acometina con forza e o pranto dela confundíuse co meu e o home, de corpo presente e rostro tranquilo dende o cadaleito, semellaba darme a súa beizón.

2.63/5 (30 votos)

bases ferve a rede


premios ferve a rede