Volver a Vieiros

A CUARTA DIMENSIÓN

Enviado por vilanova o día 24.02.2008

Cando te atopo espida sobre ese leito de lenzos e de encaixes, non entendo por qué escintilan así os teus ollos, por qué se pausa o sorriso nos teus beizos, por qué se alzan túrxidos os teus peitos, por qué se insinúa un tremor húmido na túa vulva detrás desa cortinaxe de pelo ensarillado, por qué nace un ritmo lento nas túas cadeiras e che debala sensualmente pola pendente das coxas... Estou cego para a túa cuarta dimensión. Será que aos querubíns nos falta algo no confín do ventre, onde as túas mans seguen a remexer en van?

2.89/5 (81 votos)

bases ferve a rede


premios ferve a rede