Volver a Vieiros

Teoría do coñecemento

Enviado por olivetti o día 25.02.2008

Á medida que a lingua do explorador viaxaba por Eva nun abrir de novos carreiros de cuspe, coroando cada cima de cada outeiro, internándose na súa amazonia para bañarse río por río, poza por poza, comezou a intuir o que, talvez, a raposa indomesticada lle quixera dicir ao principiño: só se coñecen as cousas que se maman.

2.87/5 (52 votos)

bases ferve a rede


premios ferve a rede