Volver a Vieiros

Miríadas de miradas

Enviado por sarela o día 25.02.2008

Debuxaches un círculo estendéndose, no ar, entre nós, ó meu través. A túa voz tórnase grave e a sensación ascende. Suxíresme entón que marchemos e non deixas de mirarme. Como non, acepto. Sorrisos.

Bicos , latexos, pel , suor.
O desexo que espertaches non durmiu aquela noite, enchendo o meu ventre, xemindo para nós.

Hoxe, na soidade do meu cuarto , síntoo de novo.

2.08/5 (13 votos)

bases ferve a rede


premios ferve a rede