Volver a Vieiros

Quince días

Enviado por Talieiro o día 26.02.2008

Eran pequenos acenos de liberdade aqueles salaios entre as sabas. O meu inxenuo peito estremecíase coa retórica da súa pel. Ao impacto do meu desexo no seu virtuoso baleiro, eu era alma e ela claudicaba na materia. O meu espírito fundíase no efémero das súas cadeiras e, nese soño carnal, comulgaba intencionadamente crédulo coa súa ideoloxía de estética refinada. Amarrado a súa boca, a súa lingua devoraba a miña vigorosa fala. Falo, só quince días, para afogar este testamento da memoria na furna das amantes misivas que me precederon.

2.56/5 (16 votos)

bases ferve a rede


premios ferve a rede