Volver a Vieiros

Con azucre, por favor.

Enviado por coutinha o día 26.02.2008

Acheguei a xema do índice ao seu pescozo curtido polo sol, sen tocalo, case nin rozándoo. Baixei paseniño seguindo a ruta que marcaba a súa columna. Desde o nacemento do cabelo ata o borde da camiseta. Sentín na miña caluga o estremecer da súa pel, a calor nubroume a vista, o corazón comezou a ir demasiado rápido. Bumbumbum. E de súpeto:
-¡Ei! – el.
-Oladéixasmeoazucrequenamiñamesasóhaisacarina – bumbum,bumbum,bumbum.

2.41/5 (17 votos)

bases ferve a rede


premios ferve a rede