Volver a Vieiros

As dúas formigas

Enviado por XOANPOE o día 27.02.2008

Dúas formigas silenciosas avanzan entre as sabas. Ocultas entre os plieges descobren os teus nocellos. Sorprendidas polo descubrimento deciden explorar. Lentamente, comezan a subir polas túas pernas, deixando pola túa pel miles de sensacións. O teu corpo comeza a tremer, mentres as formigas póusanse sobre os teus peitos, mordisqueando as túas mamilas. Os teus beizos se entreabren para deixar escapar un lixeiro suspiro de pracer, mentres abres os teus ollos, para descubrir que as dúas formigas, son os meus ollos percorrendo o teu corpo espido.

2.89/5 (82 votos)

bases ferve a rede


premios ferve a rede