Volver a Vieiros

Sorriso Diagonal

Enviado por Anxela o día 27.02.2008

Durmo ofrecéndoche as miñas costas, a ti, anónimo descoñecido.

Entre soños, o calafrío dos teus beizos roza o meu ombro espido; máis esperta, comprobo como as túas mans, exploradoras, deseñan círculos na miña cintura: sorriso horizontal. Círculos suaves, círculos que medran en sensuais espirais, deseñando fantasías, baixando cara onde a humidade quente de hai poucas horas aínda molla os teus dedos: sorriso vertical.

E decido xirarme contigo en horizontal, en vertical, e como non, en diagonal.

2.75/5 (60 votos)

bases ferve a rede


premios ferve a rede