Volver a Vieiros

Aquelarre

Enviado por zutabe o día 28.02.2008

Curuxas do fusco na area claman fogosas so o luar escarlata:bico no cu!Danza de seos candentes botando faísca ó son lascivo das pelves que lle bailan ás ondas.Mans enmeigadas e linguas que ferven ourizan os cornos do amo da noite.Pubes lanudos,tolemia de ardentía, cantan pola esperma encarnada mentres o lume do averno invade o falo erecto do Demo.Nádegas vermellas,fundidas en ferro,atravesan fogueiras e blasfeman ó ceo!Unha servente extasiada,rabo entre as pernas,bérralle ás lapas que a leven ó Inferno.

2.71/5 (28 votos)

bases ferve a rede


premios ferve a rede