Volver a Vieiros

Asolágame

Enviado por Iolanda o día 28.02.2008

ASOLÁGAME na furna bilabial de alento lácteo, que entreaberta descobre lagos mornos a escoar pola vulva infinda que mana densa, seiva esvaradía que dilata a túa xénese curviforme. ERUPCIÓNAME entre beizos volcánicos coa lentura viscosa que rega o lúpulo nas ribeiras do teu sexo aberto. ABÁTEME tépeda coa lava doce de molengas amoras que ferve na cova de lapas en que me adentro.CONVÉRTEME en glóbulo, lingua lamprea, destencendo os liques que descobren a medusa que acubillan.
AUMÉNTAME CADA DÍA O CAUDAL DA TÚA FERVENZA.

2.5/5 (18 votos)

bases ferve a rede


premios ferve a rede