Volver a Vieiros

DEUS DÁ PAN (EU DOU CAÑA)

Enviado por ole o día 12.02.2008

Como a dona M.Duras, un tipo ó que non lle interese deitarse comigo, abur iogur. E como me escoltan as olladas que cruzamos nalgún bar, atrévome a poñerme en bandexa e comentarche (bruta e cachonda) que en horizontal son bastante máis xenerosa que a media, que as malas linguas comentan que a miña é das boas, que chove por min e eu prefiro que mexes, que querer é foder, faime caso. E que eu, como Celso Emilio, quéroa longa, e de pedra. E que apagues o ordenata, que o mismísimo Vicio acaba de concederche unha praza na cama da autora deste texto.

3.38/5 (339 votos)

bases ferve a rede


premios ferve a rede