Volver a Vieiros

Cuberta

Enviado por Laser o día 29.02.2008

As viaxes que fixera ao redor do mundo abríronlle os ollos cara as formas lindas.As ondas discorrían parellas polo seu corpo e facíanlle suar,o olor era universal,tentaba aos cincocentos seres que se topaban no barco. Elementos,punxeiras,tremullos,penetres abertas de rudos fluxos que evaporaban as ideias,mornas naquel mar crispado e consistente coma a lama,que salpicaba a face,os peitos de pingas pegañentas,elevando as esencias.Ficaron nelas.Envoltos no bochorno,incontibles,fruíndo as peles,pasando a formar parte do entorno coloidal.

1.92/5 (13 votos)

bases ferve a rede


premios ferve a rede