Volver a Vieiros

A nosa guerra

Enviado por Fita o día 01.03.2008

Sensacións a flor de pel. Os pelos de punta. Cada centímetro do meu corpo está a vibrar. Dous combatentes nunha mesma loita. Cada avance teu aumenta os meus tremores. A pelexa, corpo a corpo. Os silencios, cheos de palabras. A paixón que me acompaña en todo o que fago eleva as miñas constantes. Estou fervendo, pero non me podo render. Quen conseguirá dar pracer ao outro antes? Ese é, ao fin e ao cabo, o noso obxectivo. Din que todo vale no amor e na guerra.

2/5 (13 votos)

bases ferve a rede


premios ferve a rede