Volver a Vieiros

A SEDE

Enviado por pitima o día 01.03.2008

Buscabamos os nosos corpos con dexeso desesperado, bebía dos seus beizos coma se a última gota que puidese calmar a miña sede estivese alí, coa língua lamía as máis doces. Corpos ofrecidos xenerosamente mentres as nosas mans percorrían a pel erizada, e os dedos vían onde os ollos non podían ver.
Abríuse a porta de súpeto, e a súa figura recortouse na penumbra, a súa mirada, ¿dicía enfado ou lascivia?. A miña amante fíxolle un sinal, e o home da porta esbozou un sorriso luxurioso e imparable. As fontes se multiplicaron e eu tiña sede.

2.84/5 (25 votos)

bases ferve a rede


premios ferve a rede