Volver a Vieiros

Dobre sentido

Enviado por maceirax o día 01.03.2008

Era a súa fantasía: non llo podía negar. Aquel rapaz de vintepoucos, rexo e escultural, fora o elixido para cumprir coa miña muller, diante de min. A pasar a lingua pola pel que ata aquela cría miña, a ceder xentilmente aquel rabo turxescente para delicia da miña dona, a cabalear nela durante tempo que se fixo días, torturándome a cada embestida, esgotando un pouco a miña paciencia con cada berro dela.
Aquel mozo fodía na miña dona, pero violábame a min. Era a súa fantasía.

1.85/5 (13 votos)

bases ferve a rede


premios ferve a rede