Volver a Vieiros

Humana

Enviado por jiana-kepler o día 02.03.2008

Véxoa!. Humana, mortal, desexábel... Prohibida para nós.
Vixías!. Traballo aburrido, espiar sen ser descubertas para comprobar se a especie é intelixente. Ata que a vin.
Agora só podo espiala a ela, os meus sensores todos pendentes unicamente dela, do seu corpo. Persígoa ruando sen présas, axéxoa danzando sensualmente na discoteca, admíroa espida na ducha ensinándome as súas mamilas cor cereixa, deséxoa na cama, durmida ou enredada en xogos solitarios que parecen suplicar compañía, incitándome a unirme a ela, ser un con ela. Ser un mortal

2.2/5 (15 votos)

bases ferve a rede


premios ferve a rede