Volver a Vieiros

Amar no mar

Enviado por Chelsumu o día 03.03.2008

Unha arremetida, dúas, tres...xa estou nos teus adentros...Namentres nadas e o meu falo oceánico te invade, esqueceras os teus fríos orgasmos de porcelana, pois hei sementar co meu seme de escuma e sal un xardín de nardos quentes no teu ventre. A túa cuncha,sabia e rosada anémona, ábrese e péchase,ábrese e péchase, apreixándome, liberándome...pracer que me desborda...Cópula delirante a nosa entrega, pois baixo os ollos do ceo axuntámonos nesta hora imposible femia e mar. Ti mais eu, onda a baixo, onda arriba, éxtase que nos devora.

1.79/5 (14 votos)

bases ferve a rede


premios ferve a rede